Albá, Palas de Rei
Aparencia
Albá | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Albá. | |
Concello | Palas de Rei[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°50′46″N 7°53′16″O / 42.846111111111, -7.8877777777778 |
Poboación | 60 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Albá é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2009 tiña 72 habitantes, deles 32 eran homes e 40 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 94 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- A igrexa de Santiago de Albá é románica de finais do século XII, con reformas posteriores. Frontis con porta principal de arco de medio punto con dúas arquivoltas abucinadas, tímpano alintelado con cruz incisa inscrita nun círculo e capiteis sinxelamente decorados. No lateral sur ten outra porta románica moi decorada.
- Cruceiro de Albá.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Portada da igrexa de Albá.
-
Muro sur da igrexa de Albá.
-
Portada meridional da igrexa de Albá.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Albá
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Albá no concello de Palas de Rei (Lugo) | |
---|---|
Albá | A Aldea de Abaixo | O Campo | Gundiá | O Outeiro | O Pereiró | Sande | Surribas | Vilafofe |