Ambreixo, Palas de Rei
Ambreixo | |
---|---|
Igrexa parroquial no lugar da Viña. | |
Concello | Palas de Rei[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°53′40″N 7°54′58″O / 42.894444444444, -7.9161111111111 |
Poboación | 24 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Vicenzo de Ambreixo é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2009 tiña 19 habitantes, deles 13 eran homes e 6 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 25 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Igrexa de San Vicenzo de Ambreixo, de estilo románico que conserva case íntegra a fábrica orixinal. Ten unha nave de planta rectangular cunha única portada con arco de medio punto de dúas arquivoltas, a interior de aresta viva, cun lintel monolítico, liso e imposta de billetes sobre xambas de baquetiñas. Sobre a portada hai unha fiestra rectangular, e culmina a fronte unha espadana dun van. O presbiterio é de planta cadrada, separado da nave por un arco triunfal de medio punto rebaixado. A nave ten dúas seteiras nos muros laterais e baixo o tellado rústicos modillóns xeométricos.
Foi trasladada para a localización actual, no lugar da Viña, no século XVIII. Anteriormente estaba en Ambreixo.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Ambreixo
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Ambreixo no concello de Palas de Rei (Lugo) | |
---|---|