Saltar ao contido

Alberto Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlberto Blanco
Nome orixinalAlberto Blanco Vila
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1970
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
EmpregadorClub Baloncesto Peixefresco
Baloncesto Málaga, SAD
Obradoiro Clube de Amigos do Baloncesto
Selección de baloncesto de Mozambique
Club Xuventude Baloncesto
CB Ciudad de Burgos (en) Traducir
BC Lietuvos Rytas Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata

Alberto Blanco Vila coñecido como Alberto Blanco, nado en Vilagarcía de Arousa o 8 de xaneiro de 1970, é un adestrador galego de baloncesto. É o fundador do recoñecido torneo de baloncesto base Vilagarcía Basket Cup.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Despois dunha traxectoria como xogador no baloncesto base e sénior, en equipos como o Liceo Marítimo e o CB Dorna, Blanco comezou a súa andaina no banco en 1998 como adestrador do equipo cadete do Liceo e logo adestraría a distintos equipos galegos como o Club Baloncesto Peixefresco Marín (EBA), o Club Xuventude Baloncesto (1ª Div. Autonómica) e o Arranz Burgos (Liga Feminina). En 2006 e 2007 foi o adestrador da selección de baloncesto de Mozambique; coa selección feminina gañou o ouro nos Xogos da Lusofonía de Macau 2006. Posteriormente, formou parte do equipo técnico do Unicaja de Málaga.[2][3]

No verán de 2009 foi nomeado director deportivo do Obradoiro CAB da ACB, con Curro Segura como adestrador. [4]

No verán de 2015 incorporouse á disciplina do BC Rytas da Lietuvos Krepšinio Lyga como asistente do técnico arxentino Marcelo Nicola.[5] Na tempada 2017-2018 asinou un novo contrato co club lituano para ser asistente de Rimas Kurtinaitis, compaxinando ese posto co de captador de talentos no organigrama do Lietuvos Rytas baixo a dirección do ex xogador da NBA Linas Kleiza.[6] Na tempada 2018-2019 continuou no club lituano.[7]

Na tempada 2019-20, fichou como axudante de Carles Marco no Chocolates Trapa Palencia da LEB Ouro,[8] ademais de ser adestrador axudante de Zan Tabak na selección de Eslovaquia.

Na tempada 2020-21 ficha como adestrador no BK Inter Bratislava e director técnico das seleccións de formación eslovacas.

Na tempada 2021-22 dirixiu o filial do Lokomotiv Kuban.

Na tempada 2022-23 fichou como director xeral do Cáceres Ciudad del Baloncesto da LEB Ouro,[9] renovando o cargo na tempada 2023-2024[10] e permanecendo no posto até o 22 de xaneiro, data na que se anunciou a rescisión do seu contrato.[11]

É irmán do actor Carlos Blanco Vila, e tío do ex xogador da Liga LEB Nacho Rebollo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]