Alberto Cunha
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de agosto de 1973 (51 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | actor, imitador, compositor, humorista |
Alberto Cunha, nado en Vigo o 1 de agosto de 1973, é un actor, músico e humorista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou desde novo a súa carreira musical e teatral. En 1990 comezou a presentar Tarde Taina, programa infantil da TVG.
Como cantante estivo na Orquestra Sinfónica de Melide, e en 2001 publicou o seu primeiro disco, Alberto. En 2004 publicou Ahora, un CD con temas propios e unha versión de "Ne me quitte pas" de Jacques Brel acompañado ao piano por Teo Cardalda de Cómplices.
En 2008 publicou Contra Tempo, con versións de autores coma Andrés do Barro, Luís Emilio Batallán, Joaquín Sabina, Joan Manuel Serrat, Rafael Amor ou Pepe Domingo Castaño.
Compuxo a sintonía de Pratos combinados (onde apareceu de actor nun capítulo) e de Gran Verbena.