Alberto Fernández Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1898 ![]() A Mezquita, España ![]() |
Morte | xaneiro de 1968 ![]() Caracas, Venezuela ![]() |
Outros nomes | Mezquita ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, político ![]() |
![]() |
Alberto Fernández Martínez, coñecido como Mezquita, nado na Mezquita en 1898 e finado en Caracas en xaneiro de 1968, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sindicalista e militante do grupo troskista Izquierda Comunista de España, que despois se integrou no POUM. Mozo de Maruxa Mallo, cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeunos nas Misións Pedagóxicas en Ourense. Fuxiron cara Portugal, pero mentres Maruxa embarcou cara a Buenos Aires, Mezquita procurou acubillo na casa-consulado de Gabriela Mistral, a cónsul chilena. Agardou pola documentación e un barco que lle permitise fuxir de Portugal. Intentou ir a Venezuela pola relación de amizade co futuro presidente e escritor Rómulo Gallegos, en Beluso. Foi secuestrado pola PIDE e entregado ás autoridades franquistas. Grazas á intervención da diplomacia uruguaia por medio do embaixador Carlos Gurméndez e do seu curmán, o xornalista Augusto Assía, salvou a vida. Fuxiu a Venezuela nos anos 40 pola amizade co político Gonzalo Barrios. Detido logo da caída de Rómulo Gallegos en 1948, exiliouse en Cuba, onde coñeceu a Simón Alberto Consalvi Bottaro. Volveu a Venezuela en 1958 e cando Consalvi foi nomeado embaixador de Venezuela en Belgrado, levou a Alberto Fernández como secretario da Embaixada. Finou en Caracas en xaneiro de 1968.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 31-1-1968, p. 12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O consulado da liberdade en Lisboa, 1936: Gabriela Mistral e o exiliado galego Alberto Fernández “Mezquita” Arquivado 23 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. de Xurxo Martínez Crespo.