Saltar ao contido

Alberto del Moral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlberto del Moral
Biografía
Nacemento20 de xullo de 2000 Editar o valor en Wikidata (24 anos)
Villacañas, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2020-2021 Córdoba Club de Fútbol 22(0)
2021-2024 Villarreal Club de Fútbol B
2024- Real Oviedo Editar o valor en Wikidata

Alberto del Moral Saelices, nado en Villacañas (Toledo) o 20 de xullo de 2000, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Real Oviedo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Villacañas, na provincia de Toledo, comezou a practicar varios deportes nas escolas deportivas do seu pobo, decantándose finalmente polo fútbol.[1] Tras un breve paso polo equipo cadete do Unión Adarve,[2] regresou á súa localidade natal e e ingresou no xuvenil do CD Villacañas. Con só 16 anos pasou xa ao primeiro equipo en Preferente e conseguiu o ascenso a Terceira División sendo o máximo goleador.[3][1]

En 2017, con 17 anos, ingresou nas categorías xuvenís do Córdoba CF e o 14 de abril de 2019 debutou co filial na Terceira División, nunha derrota por 3-0 ante o Betis Deportivo. Comezou a tempada 2020/21 nas filas do primeiro equipo, na Segunda División B.[4]

En xuño de 2021 pasou ao Villarreal B, da mesma categoría. Foi titular na maioría de partidos da campaña 2021/22, na que o equipo amarelo logrou o ascenso a Segunda División. Debutou na categoría de prata o 14 de agosto de 2022, nunha vitoria por 0-2 ante o Racing de Santander no Sardinero.[5]

O 30 de outubro de 2022 debutou co primeiro equipo do Villarreal na Primeira División, nun partido ante o Athletic de Bilbao no que substituíu nos minutos finais a Dani Parejo.[3]

O 8 de xullo de 2024 asinou un contrato de tres anos co Real Oviedo, da Segunda División.[6]

  1. 1,0 1,1 ""Mamá, vámonos al entrenamiento"" (en castelán). 1 de maio de 2021. Consultado o 18 de agosto de 2024. 
  2. "Alberto del Moral: "Estoy con ganas de crecer y de aprender"" (en castelán). 21 de xullo de 2021. Consultado o 18 de agosto de 2024. 
  3. 3,0 3,1 "Alberto del Moral, del CD Villacañas en Preferente a debutar con el Villarreal en Primera división" (en castelán). 18 de agosto de 2024. Consultado o 18 de agosto de 2024. 
  4. "Alberto del Moral, renovado y con ficha del primer equipo" (en castelán). 1 de febreiro de 2021. Consultado o 18 de agosto de 2024. 
  5. "El Villarreal B mata al Racing con dos zarpazos" (en castelán). 14 de agosto de 2022. Consultado o 18 de agosto de 2024. 
  6. "Alberto del Moral, nuevo futbolista del Real Oviedo" (en castelán). 8 de xullo de 2024. Consultado o 18 de agosto de 2024.