Ale Galindo
Galindo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Alejandro Galindo Valencia | ||
Nacemento | 9 de agosto de 1995 | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Fuenlabrada | ||
Número | 23 | ||
Carreira xuvenil | |||
–2013 | Cádiz | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2013–2015 | Cádiz B | 24 | (1) |
2014 | Cádiz | 1 | (0) |
2015 | Sevilla Atlético | 4 | (0) |
2015–2016 | Sevilla C | 37 | (6) |
2016–2018 | San Fernando | 65 | (3) |
2018–2020 | San Sebastián de los Reyes | 47 | (1) |
2020–2021 | Badalona | 24 | (1) |
2021–2022 | Costa Brava | 27 | (2) |
2022–2023 | Murcia | 31 | (0) |
2023– | Fuenlabrada | 21 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 11 de febreiro de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Alejandro Galindo Valencia, coñecido como Ale Galindo, nado en El Puerto de Santa María o 9 de agosto de 1995, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Fuenlabrada, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista na canteira do Cádiz CF e na tempada 2012/13, con 17 anos, formou parte do Cádiz B na Terceira División[1]. Despois de dúas tempadas no filial, na tempada 2014/15 incorporouse ao primeiro equipo na Segunda División B.
O 30 de xaneiro de 2015 fichou polo Sevilla Atlético, da Segunda División B, aínda que acabou xogando co segundo filial na Terceira División. Nos seguintes anos xogou en Segunda B, vestindo as camisetas do San Fernando, a UD Sanse e o Badalona. En 2021 pasou a militar na nova Primeira División RFEF, nas filas do Costa Brava primeiro e máis tarde no Murcia e no Fuenlabrada.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Ale Galindo, refuerzo para la medular" (en castelán). 24 de agosto de 2023. Consultado o 11 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente (en castelán).