Alecto
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (la) Gaius Allectus ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. século III ![]() |
Morte | 296 ![]() Britania, Roma Antiga ![]() |
Causa da morte | morte en combate ![]() |
![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga ![]() |
Actividade | |
Ocupación | monarca ![]() |
Período de tempo | Imperio Romano ![]() |
Outro | |
Título | Emperador ![]() |
Alecto (en latín Allectus), finado en 296, foi un emperador romano proclamado en Gran Bretaña en 293.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era o prefecto, tesoureiro e lugartenente de Carausio, que se proclamou emperador en 286, a quen matou en 293 e asumiu a púrpura imperial durante tres anos. A Gallia Bononia non o recoñeceu e someteuse a Constancio Cloro. No ano 296, Constancio Cloro enviou ao xeneral Xulio Asclepiodoto cun exército e unha frota e derrotou a Alecto e someteu a Gran Bretaña, segundo Sexto Aurelio Víctor.[1]
A vila de Branding na illa de Wight probabelmente pertenceu a Alecto[2]e é a máis grande de Inglaterra e foi escavada en 1880 .
Deixou unhas moedas coa inscrición IMP. C. ALLECTUS PF AUG. Geoffrey de Monmouth inclúe a Alecto na súa historia semi-lendaria, e afirma que matou a moitos partidarios de Carausio para permanecer independente de Roma.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "William Smith. A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology. London".
- ↑ Cristina Masanés, La mansió de Wight. Sàpiens n.72 (octubre 2008)