Aurelio Víctor
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 320 África Proconsular, Roma Antiga |
Morte | c. 390 (69/70 anos) |
Actividade | |
Ocupación | Gobernador romano, historiador, poeta |
Período de tempo | Baixo Imperio Romano |
Período de actividade | (Con vida en: 360 (Gregoriano) ) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Sexto Aurelio Víctor (Sextus Aurelius Victor, en latín), nado en c. 320 e finado c. 390, foi un historiador e político do Imperio romano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aurelio Víctor foi o autor dunha Historia de Roma desde Augusto a Xuliano o Apóstata (360), publicada cara a 361. Xuliano honrouno nomeándoo prefecto de Pannonia Secunda. Posibelmente é a mesma persoa que se coñece como cónsul no 373 xunto con Valentiniano I.[1] Teodosio, nomeouno prefecto da cidade de Roma no 389.[2]
A data da súa morte é descoñecida pero, seguramente, anterior ao 400. Probabelmente, era pagán.
Obras
[editar | editar a fonte]Fóronlle atribuídas catro obras, con maior ou menor certeza:
- I. Origo Gentis Romanae; en 23 capítulos, que conteñen os anais da etnia romana dende Xano e Saturno ata a época de Rómulo. Contén moitas historias e tradicións curiosas recollidas, aparentemente, de fontes antigas, e pode considerarse como unha importante contribución á historia lendaria de Roma
- II. De Viris Illustribus Romae; en 86 capítulos, que comenza co nacemento dos fillos de Marte e Ilia (Rea Silvia) e conclúe coa morte de Cleopatra.
- III. De Caesaribus; en 42 capítulos, con biografías curtas dos emperadores, desde Augusto a Constancio Cloro.
- IIII. De Vita et Moribus Imperatorum Romanorum excerpta ex Libris Sex. Aur. Victoris; son 48 capítulos, que principian en Augusto e rematan en Teodosio.[1]
As catro foron publicadas xeralmente de forma conxunta baixo o nome de Historia Romana, pero a cuarta é unha refundición da terceira. A segunda foi a primeira en ser impresa en Nápoles en 1472, en catro tomos, co nome de Plinio o Mozo, e a cuarta en Estrasburgo en 1505.
A primeira edición dos catro libros foi obra de Andreas Schottus (8 volumes, Anveres, 1579).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 William, Smith, ed. (1867). Dictionary of Greek and Roman biography and mythology. Vol III (en inglés). Boston: Little, Brown and Company. p. 1256.
- ↑ Amiano Marcelino, XXI,10.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aurelio Víctor |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Varios autores (1910-1911). Victor, Sextus Aurelius «Victor, Sextus Aurelius». En Chisholm, Hugh. Encyclopædia Britannica. A Dictionary of Arts, Sciences, Literature, and General information (en inglés) (11.ª edición). Encyclopædia Britannica, Inc.; actualmente en dominio público.
- Eutropio / Aurelio Víctor (1999). Breviario. Libro de los césares. Colección: Biblioteca Clásica Gredos (en castelán). Introdución, tradución e notas de Emma Falque. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-1993-1.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- De Viris Illustribus Romae en castelán.
- Liber de Caesaribus[1]; en latín, en The Latin Library.
- Epitome de Caesaribus[2]; en latín, en Forum Romanum.
- Epitome de Caesaribus[3]; en inglés, en Roman Emperors.
- Obras de Aurelio Víctor en francés no sitio de Philippe Remacle.
- González González, Avelina. (2003). La concepción de la historia en Aurelio Víctor Tese de doutoramento. Universidade Complutense de Madrid.