Saltar ao contido

Cleopatra VII

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCleopatra VII

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Κλεοπάτρα Φιλοπάτωρ Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 13 de xaneiro de 69 a. C. Editar o valor en Wikidata
Alexandría (Período helenístico de Exipto) Editar o valor en Wikidata
Morte10 de agosto de 30 a. C. ↔ 12 de agosto de 30 a. C. Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Alexandría (Período helenístico de Exipto) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, envelenamento Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAlexandría Editar o valor en Wikidata
Faraón
29 de agosto de 51 a. C. – 12 de agosto de 30 a. C.
← Ptolemeu XII Neos Dionisos (pt) TraducirPtolemeu XV (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoGregos do Egito (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónraíña, monarca Editar o valor en Wikidata
Período de tempoExipto grecorromano, Período helenístico, Dinastía Tolemaica e History of Ptolemaic Egypt (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoBatalha de Áccio (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
banquet of Antony and Cleopatra (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloFaraón Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Tolemaica Editar o valor en Wikidata
CónxuxePtolemeu XIII (51 a. C.–47 a. C.), morte do cónxuxe
Ptolemeu XIV (47 a. C.–44 a. C.), valor descoñecido
Marco Antonio (32 a. C.–30 a. C.), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
ParellaCneo Pompeio o Mozo (49 a. C.–48 a. C.)
Xulio César (48 a. C.–44 a. C.) Editar o valor en Wikidata
FillosPtolemeu Filadelfo
 () Marco Antonio
Alexandre Hélio
 () Marco Antonio
Cleópatra Selene II
 () Marco Antonio
Ptolemeu XV
 () Xulio César Editar o valor en Wikidata
PaisPtolemeu XII Neos Dionisos Editar o valor en Wikidata  e valor descoñecido
Cleópatra V Editar o valor en Wikidata
IrmánsCleópatra Trifena
Berenice IV
Arsínoe IV
Ptolemeu XIII
Ptolemeu XIV Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX889851 Find a Grave: 8384583 Editar o valor en Wikidata

Cleopatra Filopator Nea Thea, Cleopatra VII, nada contra o ano 69 a.C. e finada o 12 de agosto do 30 a.C., foi a última raíña de Exipto, da dinastía helénica dos Tolomeo, aquela que creou Tolomeo I Sóter, xeneral de Alexandre Magno.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era filla de Cleopatra V Trifea I e de Tolomeo XII Auletes, a quen herdou no trono á idade de 17 anos, xunto co seu irmán Tolomeo XIII (que contaba tan só con 12 anos), que sería o seu esposo, segundo requirimento das leis de reinado e sucesión do momento. Cleopatra é un nome grego que significa «o orgullo do seu pai».

Comezos do reinado

[editar | editar a fonte]

Cleopatra tiña varios irmáns: Berenice IV e Cleopatra VI como irmás máis vellas (ambas reinaron en vida do seu pai, ao cal expulsaran do reino), unha irmá máis nova chamada Arsínoe IV e dous irmáns máis novos chamados Tolomeo XIII e Tolomeo XIV. A educación de todos eles foi puramente grega, segundo costume tolemaico. Cleopatra foi o primeiro membro desta dinastía que aprendeu a falar o idioma exipcio; mais non só coñecía este idioma senón tamén o grego, o hebreo, o siríaco e o arameo e talvez tamén o latín. Aprendeu así mesmo literatura, música, ciencias políticas, matemáticas, astronomía e medicina. Ademais tiña fama de ser unha muller moi bela e de modos doces e educados.

Nos tres anos do seu reinado, o seu irmán Tolomeo, aconsellado polos seus asesores Pothinus e Achelas, expulsou a súa irmá do trono e obrigouna a marchar para o exilio en Siria. Desde esta rexión Cleopatra pretendeu recuperar o trono, reunindo un bo exército para este fin, mais realmente non conseguiu nada até a chegada a Alexandría de Xulio César no ano 48 a.C.. Un ano despois, no 47, Tolomeo XIII morreu en combate e Xulio César proclamou a Cleopatra raíña absoluta de Exipto e ademais obrigouna a casar de novo co seu outro irmán máis novo, que tiña 12 anos e que sería Tolomeo XIV.

Como consecuencia da loita no mar entre a armada romana e a grega declarouse un grande incendio que chegou á cidade de Alexandría e o resultado final foi a perda de moitos e importantes edificios, entre outros o famoso Museo coa súa biblioteca.

Xulio César e Marco Antonio

[editar | editar a fonte]

Xa vimos como a familia real de Cleopatra desencadeara unha guerra civil entre os seus membros. Xulio César chegou a Exipto como xeneral romano para resolver esa cuestión e foi entón cando se deu a batalla no mar e o incendio de Alexandría. Despois de asegurar a Cleopatra no trono exipcio e casala co que foi Tolomeo XIV (o seu irmán máis novo), Xulio César regresou para Roma. Mais Cleopatra decidiu seguilo, para o cal se preocupou de deixar no reino un goberno seguro. En Roma viviu como concubina de César e alí naceu o seu fillo (que se supón o era tamén de Xulio César) ao que chamaron Cesarión. No ano 44 a.C. sucedeu o asasinato de César, proxectado e executado por un grupo de familias senatoriais republicanas que vían nel a ambición dun futuro rei, cousa que odiaban. Despois da súa morte, Cleopatra regresou co seu fillo a Exipto; dise que mandou envelenar o seu irmán, o rei Tolomeo XIV, e que converteu a Cesarión en co-rexente.

Marco Antonio era un xeneral e político romano, amigo de Xulio César, que fora comandante xefe no seu exército. Após o asasinato deste, perseguiu os culpábeis, Marco Bruto e Caio Casio e ademais soubo enfrontar o pobo romano contra eles e soubo gañar o apoio e a inclinación das xentes a favor del. Ao xurdir outros dous rivais, formaron un triunvirato. Desencadeouse desta maneira unha guerra civil entre os partidarios do triunvirato e os seguidores republicanos. Marco Antonio chamou na súa axuda á raíña Cleopatra, para que acudira coas súas naves a Tarso na actual Turquía, mais a raíña negouse a que Exipto entrase nunha guerra civil dos romanos. Marco Antonio decidiu entón viaxar a Exipto para falar directamente coa soberana e pedirlle explicacións. O resultado desta viaxe foi que ambos os personaxes se namoraron e que Marco Antonio decidiu quedar en Exipto ao lado de Cleopatra. Mais os asuntos de Roma reclamábano e no ano 40 a.C. tivo que regresar á capital do imperio. Alí cumpriu coa promesa de casar con Octavia, irmá de Caio César Octavio Augusto, o futuro primeiro emperador de Roma e sobriño neto de Xulio César. Octavio (que así se chamaba naquel tempo) era grande amigo de Marco Antonio, aínda que co tempo e os acontecementos, esta amizade viuse truncada.

Tras a marcha de Marco Antonio para Roma, Cleopatra deu a luz dous nenos xemelgos. No ano 36 a.C., Marco Antonio viaxou cunha expedición para Oriente para loitar contra os partos. Cleopatra reuniuse alí con el e alí tiveron o seu terceiro fillo. A campaña tivo tal éxito que decidiron celebralo en Alexandría onde quedaron a vivir, até que no ano 32 a.C., Octavio declarou a guerra a ambos, sublevou o pobo romano contra a má conduta de Marco Antonio e este divorciouse oficialmente de Octavia. Deuse entón a batalla de Accio, no 31, que foi un desastre para Marco Antonio e a frota de Cleopatra. Despois desta derrota e enganado por un falso informe sobre a morte de Cleopatra, Marco Antonio suicidouse, deixándose caer sobre a súa propia espada.

Morte de Cleopatra

[editar | editar a fonte]

Octavio (o futuro emperador Augusto) acusara no ano 32 publicamente a Cleopatra de varios cargos moi graves: maxia, incesto, luxuria, adoración de ídolos animais… poñendo desta maneira na súa contra tanto o senado romano como toda a poboación. Dicíase que a mala conduta de Marco Antonio se debía aos embruxos desta raíña.

Os planos de Octavio eran tomar a raíña como prisioneira e levala a Roma para así demostrar a súa superioridade e a súa vitoria, mais non foi posíbel, xa que vendo o seu futuro como escrava talvez no seu propio país onde fora soberana, Cleopatra elixiu morrer e tomou a decisión de suicidarse. Pediu ás súas criadas Iras e Charmion que lle trouxesen unha cesta con froitas e que metesen dentro unha naia exipcia, a famosa áspide, responsábel da súa morte. Antes de morrer escribiu unha misiva a Octavio en que lle comunicaba o seu desexo de ser enterrada xunto a Marco Antonio.

Os fillos de Cleopatra

[editar | editar a fonte]

Despois da batalla de Accio e temendo o peor, Cleopatra quixo mandar o seu fillo Cesarión lonxe de Exipto cara ao sur, mais foi traizoado polo seu profesor particular, Rhodon, e foi asasinado por orde de Octavio.

Despois da morte de Cleopatra, os seus outros fillos foron levados para Roma e criados pola esposa de Octavio. Cleopatra Selene casou co rei Xuba II de Mauritania e tiveron un fillo, ao que chamaron Tolomeo e que herdou o reino do seu pai no ano 23 a.C., até que o emperador Calígula o mandou matar corenta anos despois. De Alexandre Helios e Tolomeo Filadelfo non se sabe ben o seu paradoiro, aínda que se cre que se foron vivir a Mauritania xunto coa súa irmá.

O tema de Cleopatra

[editar | editar a fonte]

A súa vida e a súa morte, así como os seus amores cos dous personaxes romanos, Xulio César e Marco Antonio, serviron de inspiración a través dos tempos a literatos e cineastas. As obras máis famosas son Cleopatra e Marco Antonio (1606), de William Shakespeare, Todo por amor (1678), do autor teatral inglés John Dryden e César e Cleopatra (1901) de George Bernard Shaw. O cine deu a famosa película Cleopatra, protagonizada pola actriz Elizabeth Taylor.

En total, entre os anos 1540 e 1905, escribíronse: 200 obras de teatro, 5 óperas, 5 ballets, incluso un dos cómics do popular Astérix o galo estaba dedicado a ela e a súa historia Asterix e Cleopatra. Realizáronse pinturas e esculturas (Tépolo, Regnault etc.). Os cineastas Méliès Mankiewicz e Cecil B. De Mille dedicáronlle boas producións. No 2001 o Museo Británico dedicoulle unha exposición e con ese marco houbo un interesante debate sobre a súa beleza. E ademais de todo isto, existe unha marca de cigarros que leva o seu nome.

Na Universidade de Beiging produciuse o sorprendente descubrimento dunha lousa coa figura de Cleopatra en relevo vestida de home. É a terceira imaxe da raíña exipcia que aparece baixo esta roupaxe, o que fai pensar aos investigadores na súa razón de ser. Algúns afirman que as raíñas exipcias vestían de home para aumentar o efecto do seu poder a través da masculinidade. Segundo outros, Cleopatra aparece vestida de home pola simple preguiza dos artistas que realizaron os gravados.

No ano 2007 fíxose pública a descuberta da posible tumba de Cleopatra e Marco Antonio en Tabusiris Magna, un templo afundido baixo o mar a 30 quilómetros de Alexandría.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]