Ariarates III de Capadocia
Nome orixinal | (grc) Ἀριαράθης Γ' |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século III a. C. |
Morte | p. 220 a. C. |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Período de tempo | Período helenístico |
Outro | |
Título | Basileus (en) |
Familia | Ariarathid dynasty (en) |
Cónxuxe | Estratonice |
Fillos | Ariarate IV |
Pai | Ariamnes II de Capadocia |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft 1870 Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en) , (sec:Ariarathes) |
Ariarates III (en grego: Aριαράθης) foi un gobernante de Capadocia no 280 a.C., despois rei de Capadocia no 255 a.C., que morreu ao redor do 220 a.C.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ariarates III era fillo de Ariamnes II, rei de Capadocia, e neto de Ariarates II. Durante do reinado do seu pai, foi asociado ao poder e reinaron xuntos[1]. Polo 255 a.C. amosou a súa independencia pois foi primeiro monarca de Capadocia en autoproclamarse rei (en grego, basileus).
O seu pai, Ariamnes II, pretendeu establecer unha alianza casando ao seu fillo Ariarates coa filla de Antíoco II Theos, rei de Siria, Estratónice. Este casamento produciuse durante a Terceira guerra siria, reinando xa Seleuco II Calinico, irmán de Estratónice.[2] Porén, Ariarates, xunto con outros monarcas, como Mitrídates II do Ponto e Ziaelas de Bitinia, apoiaron a Antíoco Hiérax durante a "guerra fratricida" que enfrontou a este último contra o seu irmán, Seleuco II, na que saíron derrotados.
Porén, durante o seu reinado anexionouse o territorio de Cataonia;[3] aínda que tamén se especula coa posibilidade de que recibise ese territorio trala súa unión con Estratónice, froito da cal naceu o seu sucesor Ariarates IV.
A súa cronoloxía como a dos tres gobernantes anteriores a el é incerta, pois hai autores que o enumeran como Ariarates IV.[1]
Reino de Capadocia | ||
---|---|---|
Segue a: Ariamnes II (Baixo soberanía seleúcida) |
Ariarates III de Capadocia | Precede a: Ariarates IV Eusebes |
Dinastía Ariarátida |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ariarates III de Capadocia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Feller, François-Xavier de (1838). Biographie universelle ou dictionnaire historique (en francés). Besançon / París: Outhenin-Chalandre fils.
- Will, Édouard (1966). Histoire politique du monde hellénistique. Tomo 1 : De la mort d'Alexandre aux avènements d'Antiochos III et de Philippe V. Colección Annales de l'Est (en francés). Nancy: Université de Nancy.