Ariarates II de Capadocia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IV a. C. |
Morte | 280 a. C. |
Sátrapa | |
Actividade | |
Ocupación | gobernador |
Período de tempo | Período helenístico |
Familia | |
Familia | Dinastia ariarátida (pt) |
Fillos | Ariamnes II de Capadocia |
Pai | Holophernes of Gaziura |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft 1870 Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en) , (sec:Ariarathes II) |
Ariarates II (en grego antigo: Ἀριαράθης, Ariaráthēs), nado cara ao 320 a.C., foi un sátrapa e, despois, rei de Capadocia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de Orofernes I, pero ao morrer este foi adoptado como fillo polo seu tío Ariarates I, rei de Capadocia. Trala execución de seu tío por Pérdicas, fuxiu a Armenia onde permaneceu até a morte de Eumenes de Cardia (convertido no gobernante de Capadocia por Pérdicas) a mans de Antígono I Monóftalmos.[1]
Nese momento, e trala batalla de Isos (301 a.C.), foi recoñecido como gobernante semi-independente de Capadocia por Seleuco I Nicátor,[2] a cambio de acepta-la soberanía Seleúcida.[3] Ao morrer Seleuco (280 a.C.), o territorio pasa a poder de Antíoco I Sóter[2] e cara ao 280 a.C., aproveitando un momento de debilidade deste, co apoio de Orontes III (ou Ardoates), rei de Armenia, conseguiu derrotar a Amintas, o xeneral macedonio de Antíoco co que comeza, practicamente, unha etapa de independencia.
Foi sucedido por Ariamnes, o máis vello dos seus tres fillos.
Reino de Capadocia | ||
---|---|---|
Segue a: Ariarates I rei de Capadocia |
Ariarates II de Capadocia | Precede a: Ariamnes II |
Dinastía Ariarátida |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hazel, John (2000). Who's Who in the Greek World. Serie: Who's Who (en inglés). Londres: Routledge. ISBN 978-0415260329.