Alejo Carrera
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de febreiro de 1893 Vilasobroso, España |
Morte | 18 de xullo de 1967 (74 anos) Vilasobroso, España |
Alcalde de Mondariz | |
1931 – 1931 – Manuel Lamartín Vázquez → | |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político |
Membro de |
Alejo Carrera Muñoz, nado en Vilasobroso (Mondariz), o 17 de febreiro de 1893 e finado tamén en Vilasobroso o 18 de xullo de 1967, foi un xornalista galego, dono do castelo de Sobroso.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi correspondente da prensa internacional en Lisboa, e posteriormente desenvolveu traballos consulares na cidade. Desde 1916 foi membro correspondente da Real Academia Galega.[1]
En 1923 mercoulle o castelo de Sobroso a Manuel Bárcena Andrés, conde de Torrecedeira, por cinco mil pesetas. Estaba nun estado ruinoso e iniciou a súa reconstrución. Foi o fundador e primeiro alcalde pedáneo da entidade local menor de Portela o 13 de setembro de 1924, e en 1926 logrou que se mudase o nome da parroquia polo de Vilasobroso. Integrouse no Partido Republicano Radical e converteuse no primeiro alcalde republicano de Mondariz en 1931. Foi destituído en maio dese ano, e en setembro fundou o xornal El Sobroso.
Nos derradeiros anos da súa vida colaboraba con artigos literarios como correspondente honorario do xornal Faro de Vigo. Proseguiu a reconstrución do castelo, sen axuda económica do Estado, mais quedou inconclusa tras o seu falecemento en 1967. No castelo organizaba actividades literarias e culturais. A súa filla herdou o castelo e posteriormente vendeullo ao concello de Ponteareas.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Adelaida Amaral Ferreira, e foi pai de Zita-Teresa Carrera Ferreira. Está soterrado xunto á entrada do castelo, no cemiterio de Vilasobroso, no seu mausoleo familiar.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Orde de Isabel a Católica
- Orde de Santiago e a Espada
Predecesor: ' |
Alcalde de Mondariz 1931 |
Sucesor: Manuel Lamartín Vázquez |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sección Oficial. Junta Ordinaria de 26 de Mayo de 1916". Boletín da Real Academia Galega 9 (107): 270. 1915. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2023. Consultado o 05 de marzo de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Candeira Mosquera, Francisco (1999). Egasur, ed. O Condado na IIª República (1931-1939). Ponteareas. ISBN 84-930739-0-3.