Manuel Lamartín Vázquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1891 Mondariz, España |
Morte | 9 de decembro de 1983 (91/92 anos) Mondariz, España |
Alcalde de Mondariz | |
1931 – 1931 ← Alejo Carrera | |
Datos persoais | |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político |
Pseudónimo literario | Almirante |
Manuel Lamartín Vázquez, coñecido como Almirante, nado en Mondariz en 1891 e finado no mesmo concello o 9 de decembro de 1983,[1] foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou sendo mozo á Arxentina, onde se iniciou no xornalismo nas publicacións da colectividade galega. Retornou a Galicia na ditadura de Primo de Rivera. Foi correspondente da prensa en Mondariz, de El Pueblo Gallego e Faro de Vigo, entre outros. Asinaba as súas crónicas como Almirante. En 1930 foi elixido secretario da Sociedade Agraria de Mondariz. Integrouse no Partido Republicano Radical e en maio de 1931 foi nomeado alcalde de Mondariz. Foi presidente do Comité Radical de Mondariz (1934). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exiliouse no Brasil. Retornado a España, volveu ser correspondede de prensa en Mondariz e foi cronista Oficial do Santuario da Franqueira. No franquismo tamén escribiu crónicas para La Voz de Galicia. Finou en Mondariz cando viña de facer 92 anos.
Predecesor: Alejo Carrera Muñoz |
Alcalde de Mondariz 1931 |
Sucesor: Emilio Pardo Feijóo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 10-12-1983, p. 28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Candeira Mosquera, Francisco (1999). O Condado na IIª República (1931-1939). Ponteareas: Egasur. ISBN 84-930739-0-3.