Aleksander Małecki
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de setembro de 1901 Zarubyntsi (en) |
Morte | setembro de 1939 (37/38 anos) Hungría |
Altura | 175 cm |
Peso | 70 kg |
Actividade | |
Ocupación | esgrimista |
Deporte | esgrima |
Participou en | |
1928 | Xogos Olímpicos de 1928 |
Aleksander Antoni Włodzimierz Małecki, nado en Zarubyntsi o 4 de setembro de 1901 e finado en lugar descoñecido en 1939, foi un militar e tirador de esgrima polaco, gañador dunha medalla olímpica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudante en Lviv, membro dos coñecidos como aguiachos de Lviv, mozos que durante a Guerra Polaco-Ucraína (1918-1919) defenderon a cidade de Lvov contra os ucraínos, pretendendo a anexión a Polonia da Galitsia Oriental tras a proclamación de independencia de Ucraína. Tras a guerra estableceuse en Cracovia, entrando no exército como voluntario, tras a desmobilización en novembro de 1920 estudou na Academia de Belas Artes desa cidade, graduándose en 1927 e pouco despois realizou un curso militar para converterse en oficial de cabalería na reserva. Un dos pioneiros da esgrima en Polonia, foi dúas veces campión nacional de espada (1924 e 1928). Participou nos Xogos Olímpicos de 1924 e 1928, levando nestes últimos a medalla de bronce en sabre por equipos. En 1931 recibiu a promoción a subtenente da reserva e en 1936 a tenente. Ao inicio da segunda guerra mundial incorporouse ao servizo activo combatendo na defensa de Polonia e morrendo no decurso da conflagración.