Alex Kidd in Miracle World
Alex Kidd in Miracle World | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Sega |
Distribuidora(s) | Sega |
Lanzamento | 1 de novembro de 1986 |
Xénero | videoxogo de plataformas |
Modos de xogo | videoxogo para un xogador |
Clasificación | PEGI CERO USK |
Plataforma(s) | Master System |
Na rede | |
http://www.sega.co.jp/archive/album/04_alex/home.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Alex Kidd in Miracle World é un videoxogo de plataformas para a consola de 8-bit Sega Master System. Foi publicado no Xapón o día 1 de novembro de 1986, e con posterioridade nos EEUU en decembro dese mesmo ano, en Europa en setembro de 1987, en Corea do Sur en outubro de 1988, e no Brasil en 1989. Un remake feito por Merge Games e Jankenteam, titulado Alex Kidd in Miracle World DX, foi publicado o 22 de xuño do 2021.
Xogabilidade
[editar | editar a fonte]Alex Kidd in Miracle World é un xogo de plataformas en 2D. O xogador debe finalizar os niveis e superar obstáculos e puzzles tanto en contornas con desprazamento coma de pantalla única. A través de 17 fases, Alex enfróntase a moitos monstros e a tres secuaces de Janken o Grande, antes de enfrontarse ao propio Janken.
A habilidade de Alex para golpear emprégase para destruír inimigos e romper rochas co propósito de acceder a novos camiños e para recoller obxectos tales coma cartos que poden empregarse para mercar outros obxectos, incluíndo vehículos como motocicletas e helicópteros. Ao chegar ao final de moitos dos niveis, Alex xoga ao jan-ken-pon (pedra-papel-tesoiras) cun dos secuaces de Janken. Alex morre cun golpe, ou perdendo no xogo de pedra papel ou tesoiras.
Desenvolvemento e publicación
[editar | editar a fonte]Alex Kidd in Miracle World orixinalmente comezou a se desenvolver en 1984 coma un xogo baseado na licenza da serie de manga Dragon Ball. Non obstante, durante o desenvolvemento, a licenza de Dragon Ball caducou e Hayao Nakayama, presidente de Sega, ordenou ao equipo de desenvolvemento comezar de novo dende cero.[1]
O xogo estivo inicialmente dispoñible en formato cartucho. A partir de 1990, foi incluído no firmware dalgúns modelos do hardware da Master System, incluíndo algunhas versións europeas e estadounidenses da Master System 2, e versións europeas da Master System 1.
Esta nova versión e lixeiramente distinta da orixinal en cartucho. Isto é claramente visible entre nivel e nivel. Na versión orixinal, Alex come unha bóla de arroz. Na incluída interna na consola, Alex come unha hamburguesa.
Existen falsos rumores dunha versión na que Alex aparece bebendo unha cervexa. É posible que este mito proceda de persoas que non están familiarizadas coas bólas de arroz xaponesas, e que confundiron a bóla de arroz cunha cervexa.
Un aspecto distintivo deste xogo son as loitas de "pedra-papel-tesoiras" para vencer a determinados inimigos no canto de empregar solucións violentas. Isto significa que unha vez atopado un xefe, hai unha posibilidade entre tres de morrer, e o éxito sería obtido de xeito aleatorio. Porén, poden memorizarse facilmente (pedra, papel ou tesoiras), posto que sempre son repetidas as mesmas opcións.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ↑ McFerran, Damien (February 28, 2018). "Alex Kidd In Miracle World Was Supposed To Be A Dragon Ball Game". Nintendo Life. Consultado o August 28, 2019.