Alexandr Romankov
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de novembro de 1953 (71 anos) Korsakov, Rusia (pt) |
Educación | Belarusian State University of Physical Culture (en) |
Altura | 178 cm |
Peso | 72 kg |
Actividade | |
Ocupación | esgrimista |
Deporte | esgrima |
Participou en | |
1988 | fencing at the 1988 Summer Olympics – men's team foil (en) (medalla de ouro olímpica) |
1988 | fencing at the 1988 Summer Olympics – men's foil (en) (Medalla de bronce olímpica) |
1980 | fencing at the 1980 Summer Olympics – men's team foil (en) (medalla de prata olímpica) |
1980 | fencing at the 1980 Summer Olympics – men's foil (en) (Medalla de bronce olímpica) |
1976 | fencing at the 1976 Summer Olympics – men's foil (en) (medalla de prata olímpica) |
Premios | |
Alexandr Romankov (en ruso: Александр Романьков), nado en Korsakov o 7 de novembro de 1953, é un tirador de esgrima belaruso, xa retirado, gañador de cinco medallas olímpicas coa Unión Soviética, considerado un dos mellores esgrimistas do século XX, a súa modalidade é o florete.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Representante do Dinamo de Minsk adestrou toda a súa carreira con Ernst Asiyevsky. A súa primeira participación importante foi en 1970 nos Campionatos Mundiais da Xuventude, onde quedou de 12º. O seu primeiro triunfo foi en 1973 ao vencer nos campionatos nacionais soviéticos o que resultou en ser incluído na selección nacional, e un mes despois gañou o Campionato do Mundo [1], acontecido en Grenoble. Participou, aos 22 anos nos Xogos Olímpicos de 1976 celebrados en Montreal, gañando a medalla de prata na competición individual de florete e o cuarto posto na proba por equipos desa modalidade. Nos Xogos Olímpicos de 1980 de Moscova logrou a medalla de bronce na proba individual e a de prata por equipos. Ausente dos Xogos Olímpicos de 1984 dos Ánxeles polo boicot político realizado polas autoridades soviéticas, nos Xogos Olímpicos de 1988 de Seúl revalidou o seu bronce na proba individual e gañou a de ouro por equipos.
Foi campión dezasete veces do seu país na modalidade de florete individual ou por equipos e ao longo da súa carreira gañou vinte e unha medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, doce delas de ouro.
En 1993 graduouse como profesor de educación física. Como mestre de esgrima adestrou ás seleccións nacionais de Australia, Belarús e Corea do Sur e é presidente da Federación de Esgrima de Belarús [2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (en ruso)Романьков Александр Анатольевич (фехтование) Arquivado 09 de setembro de 2013 en Wayback Machine.
- ↑ (en inglés) Alexander Romankov. International Carity Fund For Future of Fencing Arquivado 13 de agosto de 2013 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Esgrimistas de Belarús
- Nados en 1953
- Esgrimistas de florete
- Adestradores deportivos
- Directivos de esgrima
- Mestres de armas
- Nados no óblast de Sakhalin
- Medallistas olímpicos de ouro pola Unión Soviética
- Medallistas olímpicos de prata pola Unión Soviética
- Medallistas olímpicos de bronce pola Unión Soviética
- Medallistas olímpicos en esgrima
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1976
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1980
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1988
- Esgrimistas olímpicos da Unión Soviética
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1976
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1980
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1988