Alfa-catenina
Identificadores | |
Símbolo | CTNNA1 |
Entrez | 1495 |
HUGO | 2509 |
OMIM | |
RefSeq | NM_001903 |
UniProt | P35221 |
Outros datos |
Identificadores | |
Símbolo | CTNNA2 |
Entrez | 1496 |
HUGO | 2510 |
OMIM | |
RefSeq | NM_004389 |
UniProt | P26232 |
Outros datos |
Identificadores | |
Símbolo | CTNNA3 |
Entrez | 29119 |
HUGO | 2511 |
OMIM | |
RefSeq | NM_013266 |
UniProt | Q9UI47 |
Outros datos |
A alfa-catenina é unha proteína que se cre funciona como unha proteína de enlace entre as cadherinas e os microfilamentos de actina do citoesqueleto.[1] É un dos catro tipos de cateninas que se coñecen (alfa, beta, gamma, delta). A proteína que se une á actina vinculina[2] e a alfa-actinina[3] poden unirse á alfa-catenina. Porén, polo momento non se puido illar un complexo que incluíse a cadherina, a actina, a beta-catenina e a alfa-catenina. Suxeriuse que a alfa-catenina non se une con grande afinidade ao mesmo tempo aos filamentos de actina e ao complexo E-cadherina-beta-catenina.[4] Observouse que cando a alfa-catenina non está en complexo molecular coa beta-catenina, dimerízase e funciona regulando a ensamblaxe dos filamentos de actina, posiblemente ao competir coa proteína Arp2/3.[5]
A secuencia de aminoácidos da alfa-catenina ten unha semellanza de secuencia coa da vinculina.[6]
Tipos
[editar | editar a fonte]Hai tres xenes humanos de alfa-cateninas:
- alfa-1-catenina (tamén chamada alfa-E-catenina)
- alfa-2-catenina (tamén chamada alfa-N-catenina)
- alfa-3-catenina (tamén chamada alfa-T-catenina)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cooper, Geoffrey M. (2000). "Figure 11.14: Model of attachment of actin filaments to catenin-cadherin complexes". The Cell: A Molecular Approach (2nd ed.). Sinauer Associates. ISBN 0-87893-219-4.
- ↑ Watabe-Uchida M, Uchida N, Imamura Y; et al. (agosto de 1998). "alpha-Catenin-vinculin interaction functions to organize the apical junctional complex in epithelial cells". J. Cell Biol. 142 (3): 847–57. PMC 2148175. PMID 9700171. doi:10.1083/jcb.142.3.847.
- ↑ Knudsen KA, Soler AP, Johnson KR, Wheelock MJ (xullo de 1995). "Interaction of alpha-actinin with the cadherin/catenin cell-cell adhesion complex via alpha-catenin". J. Cell Biol. 130 (1): 67–77. PMC 2120515. PMID 7790378. doi:10.1083/jcb.130.1.67.
- ↑ Yamada S, Pokutta S, Drees F, Weis WI, Nelson WJ (decembro de 2005). "Deconstructing the cadherin-catenin-actin complex". Cell 123 (5): 889–901. PMC 3368712. PMID 16325582. doi:10.1016/j.cell.2005.09.020.
- ↑ Drees F, Pokutta S, Yamada S, Nelson WJ, Weis WI (decembro de 2005). "Alpha-catenin is a molecular switch that binds E-cadherin-beta-catenin and regulates actin-filament assembly". Cell 123 (5): 903–15. PMC 3369825. PMID 16325583. doi:10.1016/j.cell.2005.09.021.
- ↑ Nagafuchi A, Takeichi M, Tsukita S (maio de 1991). "The 102 kd cadherin-associated protein: similarity to vinculin and posttranscriptional regulation of expression". Cell 65 (5): 849–57. PMID 1904011. doi:10.1016/0092-8674(91)90392-C.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- alpha Catenin Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.