Alfa (letra)
Aparencia

Nome da primeira letra do alfabeto grego (ἄλφα); equivale ao /a/. Minúscula α, maiúscula Α. Adoita transcribirse como a. O seu nome provén do da primeira letra do alfabeto fenicio ’alef. Como signo numérico representaba o un. En maiúscula serve tamén para designar o primeiro canto da Ilíada de Homero e en minúscula o primeiro da Odisea.
A letra α é usada como símbolo para:
- En Física, o coeficiente de dilatación ou coma nome para unha partícula resultado da desintegración atómica;
- En Relixión, representación do principio de todo (en contraposición a ω , o fin)
- En Fisioloxía, motoneurona que innerva as fibras extrafusais dos músculos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Ɑ, alfa latino