Saltar ao contido

Psi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maiúscula e minúscula da letra psi.

Psi é o nome da vixésimo terceira letra do alfabeto grego (ψῖ); equivale ao /ps/. Minúscula ψ, maiúscula Ψ. Adoita transcribirse como ps. Como signo numérico representaba o setecentos.

En maiúscula serve tamén para designar o vixésimo terceiro canto da Ilíada de Homero e en minúscula o vixésimo terceiro da Odisea.

Psi é tamén a abreviatura do monosacárido psicosa.