Saltar ao contido

Alfonso Pedraza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlfonso Pedraza

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de abril de 1996 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
San Sebastián de los Ballesteros, España Editar o valor en Wikidata
Altura182 cm Editar o valor en Wikidata
Peso75 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2015 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo e dianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2015–   Villarreal Club de Fútbol
2015–   Villarreal CF B
2015–2015   Villarreal CF C 1(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2015–2015   España sub-19 7(3)
2016–   España sub-21
Participou en
2019Eurocopa de Fútbol Sub-21 de 2019 Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm12003627 UEFA: 250082666 Editar o valor en Wikidata

Alfonso Pedraza Sag, nado en San Sebastián de los Ballesteros (Provincia de Córdoba) o 9 de abril de 1996, é un futbolista profesional español formado na canteira do Villarreal CF, que actualmente xoga cedido como extremo no Deportivo Alavés. É internacional coas categorías inferiores da selección española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en San Sebastián de los Ballesteros (Córdoba, Andalucía), Pedraza uniuse á canteira do Villarreal Club de Fútbol no ano 2011 á idade de 15 anos. Anteriormente, era membro das categorías inferiores do Séneca CF.[1] Tras catro anos de formación, en xaneiro de 2015 é ascendido ao Villarreal C da Terceira División. Con todo, rapidamente debuta co Villarreal B da Segunda División B. Sería o 11 de xaneiro desde mesmo ano, saíndo na segunda parte dun encontro antre o CF Reus Deportiu que acabaría con empate 2−2.[2] O seu primeiro gol co filial chega o 1 de marzo, anotando o único tanto do partido na vitoria do seu conxunto ante o CD Atlético Baleares.[3] Tras facerse cun posto fixo no equipo, o 5 de abril Marcelino García Toral chamao para o primeiro equipo.[4] Pedraza debuta entón na Primeira División en substitución de Jonathan dos Santos no minuto 72 no empate do seu equipo ante o Valencia CF.[5]

Na seguinte temporada, a 2015-16, Pedraza é un dos xogadores fundamentais que conseguiron levar ao Villarreal B a xogar a promoción de ascenso a La Liga 2. Co primeiro equipo xoga dous partidos, ambos saíndo como titular. O primeiro deles foi o 4 de outubro de 2015 ante o Levante UD no Ciutat de València, con derrota para o seu equipo por 1−0,[6] mentres que o segundo foi o 17 de abril de 2016, de novo con derrota (2−1), ante o Rayo Vallecano no Campo de Fútbol de Vallecas.[7] O 28 de xullo de 2016 anunciouse a súa cesión para a temporada 2016−17 ao Club Deportivo Lugo de La Liga 2.[8]

Club Categoría Ano PX Goles
Villarreal C Terceira 2015 1 0
Villarreal B Segunda B 2015 13 1
Villarreal Primeira 2015 2 0
Villarreal B Segunda B 2015−2016 30 6
Villarreal Primeira 2015−2016 2 0
Lugo Segunda 2016−2017 22 6

Palmarés

[editar | editar a fonte]
España sub-19
  1. "El eballense Alfonso Pedraza debuta con el Villarreal ante el Valencia" [O Eballense Alfonso Pedraza debuta co Villarreal contra o Valencia]. Minuto 90 (en castelán). 5 de april de 2015. 
  2. "Empate del filial que sabe a poco (2–2)" [Empate do filial que sabe a pouco (2–2)]. Villarreal CF (en castelán). 11 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2015. Consultado o 28 de xullo de 2016. 
  3. "El Villarreal B continúa su escalada (1–0)" [O Villarreal B continúa o seu ascenso]. Villarreal CF (en castelán). 1 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2016. 
  4. "Alfonso Pedraza, talento a raudales" [Alfonso Pedraza, talento a esgalla]. Villarreal CF (en castelán). 26 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2016. 
  5. "El Villarreal frena la euforia valencianista" [O Villarreal detén a euforia valencianista]. Marca (en castelán). 5 de abril de 2015. 
  6. "Levante UD - Villarreal CF". Transfermarkt (en inglés). 4 de outubro de 2015. 
  7. "Rayo Vallecano - Villarreal CF". Transfermarkt (en inglés). 17 de abril de 2016. 
  8. "Alfonso Pedraza, nuevo jugador del CD Lugo" [Alfonso Pedraza, novo xogador do CD Lugo]. CD Lugo (en castelán). 28 de xullo de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]