Campo de Fútbol de Vallecas
Estadio de Vallecas | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estadio de fútbol ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | |||
Provincia | provincia de Madrid | |||
Antigo concello | Vallecas ![]() | |||
Localización | Vallecas, Madrid | |||
Rúa | Avenida de la Albufera (en) ![]() ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1972 ![]() | |||
Inauguración | 10 de maio de 1976 | |||
Acontecementos | ||||
Dimensións | ||||
Capacidade | 14.704 | |||
Tipo superficie | céspede ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario | Concello de Madrid | |||
Operador | Comunidade de Madrid ![]() | |||
Ocupante | Rayo Vallecano ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Localía | Rayo Vallecano | |||
[ Wikidata ] |
O Estadio de Vallecas[1] é un estadio de fútbol situado no popular barrio de Vallecas, ao sueste da cidade de Madrid. Neste estadio xoga os seus partidos o Rayo Vallecano.
Está situado entre a rúa Payaso Fofó, onde se atopan as oficinas, a rúa Arroyo del Olivar e a Avenida de la Albufera, onde está a Tenda Oficial do equipo, na esquina do propio estadio).
Características
[editar | editar a fonte]Foi construído en 1973, no mesmo lugar onde estaba o antigo estadio, e ten capacidade para 15.500 espectadores sentados. Antigamente as tribunas de abaixo eran prazas de pé e podía ter capacidade para 20.000 persoas, pero a UEFA en 1996 cambiou as normas dos estadios para Primeira e Segunda División, e deste xeito quedou nas 15.500 prazas anteriormente mencionadas.
Nun principio, denominóuselle Novo Estadio de Vallecas. En 1992 a familia Ruiz-Mateos comprou o club e Teresa Rivero (muller de José María Ruiz-Mateos) converteuse en 1994 na primeira muller presidente dun club de fútbol de Primeira División. Desde xaneiro de 2004 ata 2011 o estadio levou o seu nome.
En 2011, o Rayo Vallecano inscribiu ao estadio na LFP coa denominación de "Campo de Fútbol de Vallecas", polo que este é o nome oficial.[2]
Grandes nomes da música como Bob Dylan en 1980, Miguel Ríos, Luz Casal, e Leño (1983), Barricada en 1986 ou Metallica en 1992, entre outros, actuaron en devandito estadio. Queen actúo no estadio o 3 de agosto de 1986, sendo este o penúltimo concerto de Queen en terras españolas coa formación orixinal (dous días despois actuaron en Marbella).
Nos fondos dunha das porterías non ten bancada, tan só paneis informativos.
Pódese chegar a el a través da estación de Portazgo, da Liña 1 do Metro de Madrid.
Nel disputouse a 1ª Fase Final da Liga Superibérica de rugby (2009). Tamén é a meta de chegada da San Silvestre Vallecana. Ese mesmo ano, en xuño, o club proxectou un novo estadio para o equipo.
En marzo de 2011 elimináronse as vallas que arrodeaban o terreo de xogo separándoo das bancadas. Até a data, o estadio de Vallecas era o único en España que mantiña estas vallas de seguridade, que demostraran máis dunha vez ser máis que inseguras, polo que a súa retirada era un dos desexos que perseguía desde había anos a afección vallecana. Para realizar este cambio, foi necesario eliminar as dúas primeiras filas de ambos os laterais para cumprir a normativa que esixe unha distancia mínima entre o terreo de xogo e os espectadores, non sendo necesario no fondo que xa está á distancia axeitada. Ao retirar estas localidades, o estadio diminuíu a súa capacidade en 796 espectadores, establecendo o total de espectadores posibles en 14.704.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Estadio de Vallecas". Rayo Vallecano. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2017. Consultado o 24 de xuño de 2019.
- ↑ LFP (26 de agosto de 2011). "Inscripción do Rayo Vallecano na LFP". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2011. Consultado o 16 de setembro de 2011.