Pazo de Cristal do Retiro
Pazo de Cristal do Retiro | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | edificio e monumento ![]() | |||
Parte de | Paseo do Prado e o Bo Retiro, paisaxe das artes e as ciencias ![]() | |||
Estilo | Victorian architecture (en) ![]() ![]() ![]() | |||
Uso(s) | Sala de exposicións | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | |||
Concello | Madrid ![]() | |||
Localización | Madrid, España | |||
Datas | ||||
Fundación | 1887 ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Arquitecto/a | Ricardo Velázquez Bosco | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 4 de xuño de 1977 | |||
Identificador | RI-52-0000015-00001 | |||
[ Wikidata ] |
O Pazo de Cristal é un edificio construído no 1887 no madrileño Parque do Retiro, co gallo da Exposición das Illas Filipinas, celebrada ese ano.
Estrutura e contexto
[editar | editar a fonte]
A súa estrutura é de metal, e está totalmente recuberto por pranchas de cristal, de onde vén o seu nome. Á súa beira atópase unha lagoa artificial, cunhas curiosas árbore no seu interior, o alcipreste dos illós (Taxodium distichum), que ten coma principal característica que parte do seu tronco e das súas raíces están mergulladas na auga.
Reaccións na época
[editar | editar a fonte]Ademais da súa función na exposición, o pazo era, en parte, un intento de demostrar ao resto de Europa a grandeza de España. Construído por Ricardo Velázquez Bosco, en colaboración con Alberto de Palacio, inspirándose no Crystal Palace, construído en Londres en 1851 por Joseph Paxton. A grande impresión que debeu de causar na súa época queda reflectida nesta descrición, aparecida en O Globo, en 1887.

... É o Pazo de Cristal como unha catedral de vidro, de clásicas proporcións, sobre un outeiro de céspede. As súas paredes e muros son inmensas e transparentes vidrieiras sostidas por xónicas columnas de ferro, dispostas en tres naves sobre unha traza de forma de trevo e coroadas por unha inmensa cúpula, cuxa altura acada 22,60 metros, que cobre un magno pío destinado ás plantas acuáticas. Arredor, e nas naves laterais, de 14,61 m de elevación, van cobixarse as flexibles gramíneas e elevadas palmas características da flora tropical de Filipinas. A súa maxestosa portada, de gusto clásico e estilo grego, cae sobre unha terraza circundada por elegante balaústre, e mira ao lago, que se estende aos seus pés como un espello onde van mirarse os esveltos troncos, as verdes frondes e as pintadas corolas que garda o Pazo.
Usos
[editar | editar a fonte]Actualmente, trala reparación de 1975, o Pazo ten o aspecto orixinal. Pero a súa función non volverá ser a mesma, pois só no 1992 inauguráronse en Madrid tres invernadoiros. Na actualidade realízanse exposicións temporais de arte contemporánea, formando parte das sedes expositivas do Museo Raíña Sofía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- El Palacio de Cristal del Retiro ante una nueva etapa, de Ángeles Blanco García.