Saltar ao contido

Metro de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Metro de Madrid
Localización Área metropolitana de Madrid, España
Tipo de transporte Metro
Inauguración 17 de outubro de 1919
Lonxitude das liñas 324 km
Número de liñas 12 convencionais, 1 ramal e as 3 liñas de metro lixeiro
Nº de usuarios ao día 1 689 132 (en 2004)
Parque móbil 1.550 coches (en 2004)
Ancho de vía 1,445 m
Control do metro Comunidade de Madrid e Concello de Madrid
Logo da Rede de Metro de Madrid á saída da estación de Delicias

O Metro de Madrid é un sistema de metro que serve á cidade de Madrid, en España. Foi inaugurado o 17 de outubro de 1919 polo rei Afonso XIII.

A rede conta con 238 estacións, das que 200 son sinxelas, en 27 trasbordan dúas liñas, en 10 teñen parada tres liñas e a estación de Avenida de América que serve de transbordo a catro liñas. En tres desas estacións (Tres Olivos, Estadio Olímpico e Puerta de Arganda), faise cambio de tren dentro dunha mesma liña, e en 21 paradas hai correspondencia coa rede de Cercanías Madrid de Renfe. Se se teñen en conta as liñas que pasan por cada estación a cifra de estacións en total asciende a 300 estacións en liña.

A rede de Metro de Madrid compóñena 12 liñas convencionais con 238 estacións, o ramal que une Ópera e Príncipe Pío e as tres liñas existentes de metro lixeiro que suman un total de 27,78 km e contan con 38 estacións, das que Metro de Madrid opera as 9 paradas da liña ML1 de 5,4 km; a lonxitude total da rede é de 293 quilómetros.

É a quinta rede de metro do mundo por quilómetros (despois das de Londres, Nova York, Toquio e Moscova);[1] dato notable tendo en conta que, cuns 3 millóns de habitantes no seu municipio e case 6 millóns na súa área metropolitana, a cidade sitúase no posto 50º entre as metrópoles do mundo. É ademais unha das que máis rapidamente se expande na actualidade, con notables ampliacións durante a última década. Con todo, durante o 2004 contabilizáronse 616 533 167 desprazamentos, que a deixan lonxe das 10 primeiras redes de metro polas súas cantidades de viaxeiros[2].

Actualmente a rede estendeuse máis alá da cidade de Madrid para prestar servizo a varios concellos da súa área metropolitana. Estes son: Alcobendas, San Sebastián de los Reyes, Coslada, San Fernando de Henares, Rivas-Vaciamadrid, Arganda del Rey, Alcorcón, Leganés, Xetafe, Móstoles, Fuenlabrada, Pozuelo de Alarcón e Boadilla del Monte (os dous últimos están conectados por liñas de metro lixeiro).

Artigo principal: Historia do Metro de Madrid.

No centro da cidade, concretamente nos arredores da Puerta del Sol (véxase: Historia da Puerta del Sol) había xa a finais do século XIX un tráfico tal de tranvías e de carruaxes que, desde 1892, propúxose a construción do metro. Pedro García Faria proxectaba levar a cabo unha rede de cinco liñas, que debían tamén poder transportar mercancías. Aínda que Faria obtivo a concesión ao proxecto, as obras non chegaron a executarse.

Imaxe do interior da Nave de motores de Metro de Madrid, mostrando un dos 3 motores diésel (centro) así como os 3 transformadores (primeiro plano)

En 1913, cando Madrid contaba uns 600.000 habitantes, os enxeñeiros Miguel Otamendi, Carlos Mendoza, Sáez de Argandoña e Antonio González Botarche presentaron un novo proxecto de rede de metro. Provería á cidade de catro liñas cunha lonxitude total de 154 km. O seu traxecto comprendía exactamente o mesmo percorrido das liñas 1, 2, 3 e 4 do metro actual. As obras empezaron o 19 de setembro de 1916. Antonio Palacios foi o arquitecto que deseñou as principais estacións e bocas do metro madrileño ata a súa morte en 1945.

O 17 de outubro de 1919 o rei Afonso XIII inaugura a primeira liña entre a Puerta del Sol e Cuatro Camiños. A liña tiña 3,48 km e 8 estacións. É tal o éxito do novo medio de transporte que no primeiro ano é usado por máis de 14 millóns de usuarios. En 1926 xa hai 14,8 km de vías.[3]

En 1955 promúlgase o decreto de Lei de Réxime Compartido de Financiamento polo cal créase a Compañía Metropolitana de Madrid, que se encargará da explotación comercial do servizo e da compra do parque móbil, mentres que o Estado segue sendo o encargado da realización das infraestruturas das novas liñas. Así mesmo, comézase coa ampliación dos andeis de 60 a 90 m para permitir o uso de trens con 6 coches.

Entre 1981 e 1982 cámbiase a totalidade da sinalización ao viaxeiro do Metro de Madrid, créase o primeiro plano esquemático e se redeseña a imaxe do rombo, máis acorde coa nova sinalización, a diferenza doutras sinalizacións de metros que han evolucionado no tempo, o deseñador Arcadi Moradell Bosch crea unha sinalización totalmente diferente á anterior con grande éxito segundo os estudos do propio Metro, deseña o primeiro plano esquemático a 45º e 90º do Metro e modifica o rombo/logotipo con cambios de cor e tipografía similares á nova sinalización. No ano 2009 Metro de Madrid encarga ao mesmo deseñador, Arcadi Moradell, a actualización da Normativa de Sinalización ao Viaxeiro da Rede de Metro de Madrid.

Debido a problemas económicos da compañía, o Estado intervén a compañía a través do Real Decreto-Lei de 7 de xuño de 1978. Durante os primeiros anos de democracia inaugúranse novas liñas, superando o tamaño da rede ata os 100 km. En 1986, a Comunidade de Madrid e o Concello de Madrid asumen o control do metro.

En 1995 inícianse os plans quinquenais para as ampliacións. No plan 1995-1999 creáronse as liñas 8 e 11 e ampliáronse outras, de forma que foron superados os 170 km e renovouse o parque móbil coa adquisición de novos trens. No de 1999-2003 tivo como actuación máis importante construír MetroSur e o plan de 2003-2007, a introdución do metro lixeiro e as prolongaciones a varios municipios da coroa metropolitana. Cabo destacar que, trala inauguración de MetroSur en 2003, a rede de metro de Madrid é, desde entón e aínda agora, a única rede de ferrocarril metropolitano do mundo que conta con dúas liñas circulares (a Liña 6 e MetroSur, que é a Liña 12).

Liñas do metro de Madrid

[editar | editar a fonte]
Billete do Metro de Madrid
Plano do Metro actual
Liña Terminais Lonxitude Estacións Gálibo Plataforma Usuarios (2008)
Liña 1 (Metro de Madrid)
Pinar de Chamartín – Valdecarros 23,876 km 33 estreito 90 m 107,9 mill.
Liña 2 (Metro de Madrid)
Las Rosas – Cuatro Caminos 14,031 km 20 estreito 60 m e 90 m 32,9 mill.
Liña 3 (Metro de Madrid)
Villaverde Alto - Moncloa 16,424 km 18 estreito 90 m 64,0 mill.
Liña 4 (Metro de Madrid)
Argüelles – Pinar de Chamartín 16 km 23 estreito 60 m 46,7 mill.
Liña 5 (Metro de Madrid)
Alameda de Osuna – Casa de Campo 23,217 km 32 estreito 90 m 81,3 mill.
Liña 6 (Metro de Madrid)
Circular 23,472 km 28 ancho 115 m 115,6 mill.
Liña 7 (Metro de Madrid)
Hospital del Henares – Pitis 32,919 km 30 ancho 115 m e 90 m 47,5 mill.
Liña 8 (Metro de Madrid)
Nuevos Ministerios – Aeropuerto T4 16,467 km 8 ancho 115 m 20,53 mill.
Liña 9 (Metro de Madrid)
Mirasierra – Arganda del Rey 39,5 km 28 ancho 115 m 46,9 mill.
Liña 10 (Metro de Madrid)
Hospital Infanta Sofía – Puerta del Sur 36,514 km 31 ancho 115 m e 90 m 70,7 mill.
Liña 11 (Metro de Madrid)
Plaza Elíptica – La Fortuna 8,5 km 7 ancho 115 m 4,6 mill.
Liña 12 (Metro de Madrid)
MetroSur (circular) 40,96 km 28 ancho 115 m 42,8 mill.
Ramal (Metro de Madrid)
Ópera – Príncipe Pío 1,092 km 2 estreito 60 m 3,7 mill.
TOTAL (liñas de metro) 296 km 288 - 685,13 mill.
Liña 1 (Metro lixeiro de Madrid)
Pinar de Chamartín – Las Tablas 5,395 km 9 (tranvía) 45 m
Liña 2 (Metro lixeiro de Madrid)
Colonia Jardín – Estación de Aravaca 8,680 km 13 (tranvía) 45 m
Liña 3 (Metro lixeiro de Madrid)
Colonia Jardín – Puerta de Boadilla 13,699 km 16 (tranvía) 45 m
TOTAL (liñas de tranvía) 27,774 km 38
TOTAL Metro + Tranvía (16 liñas) 324 km 326
  1. O metro máis longo do mundo é o de Londres, con 415 km, seguido do de Nova York con 368. Os seguintes son os metros de Toquio (292,3 km), Seúl (287 km),Madrid (281,5 km), Moscova (265,2 km), París (212,5 km), e Cidade de México (201,7 km) segundo Curiosidades de los metros del mundo Arquivado 03 de decembro de 2008 en Wayback Machine.. (en castelán)
  2. Por detrás de Tokio, Moscova, Nova York, Seúl, México D.F., París, Honk Kong, Londres, Osaka, Sao Paulo, San Petersburgo, Pequín e outros: datos da wikipedia en inglés
  3. "Balance económico de la Compañía Metropolitano, 1918-1935." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de outubro de 2006. Consultado o 04 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]