Alfonso Soto
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Alfonso Carlos Soto Martín ![]() 1953 ![]() Ribadavia, España ![]() |
Outros nomes | Fon ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pintor, obreiro, deseñador ![]() |
Alfonso Carlos Soto Martín, nado en Ribadavia en 1953,[1] máis coñecido como Alfonso Soto ou simplemente como Fon, é un pintor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Con estudos en formación profesional, traballou como obreiro, primeiro en Vigo e logo en Ourense, desempeñando distintos oficios, actividade profesional que compaxinou coa pintura. Dedicouse ó estudo dos movementos artísticos do século XX, como o cubismo e o expresionismo,[2] experimentou con diferentes técnicas e materiais como spray, acrílico, terra ou cartolina.[1][2] De formación autodidacta, compartiu estudio con Ramón Conde, Miguel Mosquera, Miguel Carballo e Emilio Cid na década de 1970.[2] Na década de 1980 incorporouse como deseñador na firma de moda Adolfo Domínguez.[1][2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "A necesaria recuperación da obra de Fon". La Voz de Galicia. 29-12-2023. Consultado o 14-03-2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Alfonso Soto "Fon"". Museos de Galicia: Xunta de Galicia. 2023. Consultado o 14-03-2024.
- ↑ "A mostra Alfonso Soto Fon amosa a traxectoria do artista desde o Museo Etnolóxico de Ribadavia". Xunta de Galicia. 28-12-2023. Consultado o 14-03-2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]"Fon, en Ribadavia". RTVE Galicia (
Twitter). 12 de marzo de 2024.
O @museoetnoloxico acolle unha exposición monográfica de Alfonso Soto, un pintor local con cincuenta anos de traxectoria.