Alfred Zierler
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1933 ![]() Himberg, Austria (pt) ![]() ![]() |
Morte | 26 de xullo de 2024 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escultor, numismático, deseñador ![]() |
Premios | |
Alfred Zierler, nado en Himberg, na Baixa Austria o 28 de maio de 1933 e finado o 26 de xullo de 2024,[1] foi un medallista, gravador e deseñador de moeda austríaco.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Alfred Zierler graduouse aos 18 anos dos seus estudos de gravado e só dous anos despois, en 1953, ingresou na Casa da Moeda de Austria (Münze Österreich), en Viena, onde se encargou do procesamento manual dos cuños e os punzóns. A súa formación como gravador de esmaltes serviulle cando se lle encomendou a reorganización do deseño das medallas e das condecoracións austríacas logo da segunda guerra mundial. Finalmente, en 1984 foi nomeado gravador xefe da ceca vienesa e permaneceu nese posto ata a súa xubilación en 1993.[2]
En 1993, conmemorando a fin dos seus servizos na ceca austríaca, Zierler foi condecorado coa Goldenes Ehrenzeichen, a medalla gobernamental polos servizos prestados á República de Austria.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]Polo xeral, as moedas deseñadas por Zierler amosan, a modo de sinatura, a lenda A. ZIERLER ou ben ZIERLER A. nalgún lugar do campo ou do motivo representado. Entre as moedas austríacas responsabilidade de Zierler pódense destacar as seguintes:[2][3]
- 1967: 25 xilins (reverso) 250º aniversario do nacemento de María Tareixa [km# 2901].[4]
- 1977: 100 xilins (reverso). 500º aniversario da ceca de Hall, no Tirol [km# 3936].[5]
- 1978: 50 xilins (reverso). 150º aniversario da morte de Franz Schubert [km# 2937].[6]
- 1978: 100 xilins (reverso). 1100º aniversario da cidade de Villach [km# 2940].[7]
- 1979: 100 xilins (reverso). Centro Internacional de Viena [km# 2944].[8]
- 1981: 500 xilins (reverso). 100º aniversario do nacemento de Otto Bauer [km# 2953].[9]
- 1982: 500 xilins (reverso). 80º aniversario do nacemento de Leopold Figl [km# 2959].[10]
- 1984: 500 xilins (reverso). 175º aniversario da Rebelión do Tirol [km# 2966].[11]
- 1984: 500 xilins (reverso). 700º aniversario da abadía de Stams, no Tirol [km# 2968].[12]
- 1985: 500 xilins (reverso). 40º aniversario do fin da II guerra mundial [km# 2972].[13]
- 1987: 500 xilins (reverso). 150 anos de ferrocarril en Austria [km# 2981].[14]
- 1988: 500 xilins (reverso). 850º aniversario da abadía de San Georgenberg [km# 2984].[15]
- 1989: 500 xilins (anverso e reverso). Art Nouveau: Gustav Klimt. [km# 2987].[16]
- 1991: 20 xilins (reverso). 200º aniversario de Franz Grillparzer [km# 2995].[17]
- 1991: 100 xilins (anverso e reverso). 700º aniversario da morte de Rodolfo I [km# 3001].[18]
- 1991: 1000 xilins (anverso e reverso). 200º aniversario da morte de Mozart [km# 2999].[19]
- 1994: 1000 xilins (anverso e reverso). 800º aniversario da Casa da Moeda de Viena [km# 3018].[20]
- 1995: 1000 xilins (anverso e reverso). 100 anos do Movemento Olímpico [km# 3028].[21]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Traueranzeige Alfred Zierler" (PDF). Marktgemeinde Himberg (en alemán). 2024-08-06.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Alfred Zierler". Münze österreich.
- ↑ As referencias km# son as utilizadas por Cuhaj G.; Michael T.; Miller H. (2011).
- ↑ "25 Schilling (250th Anniversary - Birth of Maria Theresa)". Colnect.com
- ↑ "100 Schilling (500 Years Mint Hall/Tirol)". Colnect.com
- ↑ "50 Schilling (150th Death of composer Franz Schubert)". Colnect.com
- ↑ "100 Schilling (1100th Anniversary - Founding of Villach)". Colnect.com
- ↑ "100 Schilling (Vienna International Centre)". Colnect.com
- ↑ "500 Schilling (100th Birth of Otto Bauer, Politician)". Colnect.com
- ↑ "500 Schilling (80th Birth of Leopold Figl)". Colnect.com
- ↑ "500 Schilling (175th Anniversary - Tirolean Revolution)". Colnect.com
- ↑ "500 Schilling (700 Years Stift Stams/Tirol)". Colnect.com
- ↑ "500 Schilling (40 Years of Peace in Austria )". Colnect.com
- ↑ "500 Schilling (150th Austrian Railroad)". Colnect.com
- ↑ "500 Schilling (850th St. Georgenberg Abbey)". Colnect.com
- ↑ "500 Schilling (Art Nouveau Gustav Klimt)". Colnect.com
- ↑ "20 Schilling (200th birthday of writer Franz Grillparzer)". Colnect.com
- ↑ "100 Schilling (King Rudolf I)". Colnect.com
- ↑ "1,000 Schilling (The Magic Flute Opera)". Colnect.com
- ↑ "1,000 Schilling (800th Anniversary of the Vienna Mint)". Colnect.com
- ↑ "1,000 Schilling (100 Years Olympic Movement)". Colnect.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cuhaj G.; Michael T.; Miller H. (2011). Standard Catalog of World Coins 1901-2000. 39 ed. Krause Publications. ISBN 978-1-4402-1172-8