Saltar ao contido

Rodolfo I de Habsburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRodolfo I de Habsburgo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Rudolf I. Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de maio de 1218 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Limburg Castle, Alemaña (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte15 de xullo de 1291 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Speyer, Alemaña (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Speyer (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rei dos Romanos
1273 – 1291
← Ricardo de CornuallaAdolfo I de Nassau (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Habsburgo Editar o valor en Wikidata
CónxuxeIsabel de Borgonha (1284, 1284 (Gregoriano)–1291)
Gertrude of Hohenberg (1245, 1245 (Gregoriano)–1281) Editar o valor en Wikidata
FillosMathilde von Habsburg
 () Gertrude of Hohenberg
Hedwig of Habsburg
 () Gertrude of Hohenberg
Alberto I da Germânia
 () Gertrude of Hohenberg
Catarina de Habsburgo
 () Gertrude of Hohenberg
Agnes of Habsburg
 () Gertrude of Hohenberg
Clemência de Habsburgo
 () Gertrude of Hohenberg
Hartmann von Habsburg
 () Gertrude of Hohenberg
Rudolf II, Duke of Austria
 () Gertrude of Hohenberg
Judite de Habsburgo
 () Gertrude of Hohenberg
Albrecht von Löwenstein-Schenkenberg
 () Editar o valor en Wikidata
PaisAlbert IV, Count of Habsburg Editar o valor en Wikidata  e Hedwig Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Рудольф I)
Allgemeine Deutsche Biographie
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Von_Habsburg-15 Find a Grave: 27500983 Editar o valor en Wikidata

Rodolfo I da Habsburgo, nado o 1 de maio de 1218 en Sasbach am Kaiserstuhl, e finado o 15 de xullo de 1291 en Speyer, foi o primeiro dos Habsburgo que ocupou un trono real.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era o primoxénito do conde Alberte IV de Habsburgo, e da súa esposa Edviges de Kyburg.

Foi elixido Rei de romanos, en 1273, e a súa elección puxo fin ao Grande Interregno, período en que o reino de Alemaña estivo vacante (1245-1273), despois da loita vitoriosa do papado contra a dinastía dos Hohenstaufen, que resultou na deposición do emperador Frederico II polo papa Inocencio IV, en 1245.

Foi coroado Rei de romanos na Catedral de Aquisgrán o 24 de outubro de 1273. Para obter a aprobación do papa, Rodolfo renunciou a todos os dereitos imperiais en Roma, os Estados Pontificios, e o Reino de Sicilia, e comprometeuse a liderar unha nova Cruzada. O papa Gregorio X, a pesar das protestas de Otakar II de Bohemia, non só recoñeceu a Rodolfo, senón que convenceu ao rei Afonso X de Castela, que fora elixido como rival de Ricardo de Cornualla rei alemán en 1257, para suceder ao conde Guillerme de Holanda, que desistiran nas súas pretensións. Polo tanto, Rodolfo superou aos dous herdeiros da dinastía dos Hohenstaufen aos que antes servira lealmente.

Na época a idea da monarquía imperial estaba moi debilitada, de modo que Rodolfo abandonou as súas pretensións de exercer a Monarquía Universal, así como de controlar Itelia. Así e todo, a pesar do apoio do papado, en virtude da inestábel política italiana debido aos conflitos entre güelfos e xibelinos, non chegou a ser coroado emperador.

Matrimonios e descendencia

[editar | editar a fonte]

Rodolfo casou dúas veces. Primeiro en 1245 con Xertrude de Hohenberg e logo con Isabel de Borgoña, filla de Hugo IV. Todos os fillos o foron do seu primeiro matrimonio.

  1. Matilde de Habsburgo (Rheinfelden, ca. 1251/53 – Múnic, 23 de decembro de 1304), casada en 1273 en Aquisgrán con Lois II de Baviera e nai de Rodolfo I, duque de Baviera e de Lois IV de Baviera, emperador do Sacro Imperio.
  2. Alberte I de Habsburgo (xullo de 1255 – 1 de maio de 1308), duque de Austria e de Estiria.
  3. Catarina de Habsburgo (1256 – Landshut, 4 de abril de 1282), casada en 1279 en Viena con Otón III Duque de Baviera, máis tarde Bela V de Hungría. Non tivo descendencia.
  4. Inés de Habsburgo (ca. 1257 – Wittenberg, 11 de outubro de 1322), casada en 1273 con Alberte II de Saxonia e nai de Rodolfo I, duque de Saxonia-Wittenberg.
  5. Eduvixis de Habsburgo (finada en 1285/86), casada en 1270 en Viena con Otón VI, margrave de Brandeburgo-Salzwedel, non tivo descendencia.
  6. Clemencia de Habsburgo (ca. 1262 – despois do 7 de febreiro de 1293), casada en 1281 en Viena con Carlos Martel de Anjou-Sicilia, o candidato papal ao trono de Hungría, e nai do rei Carlos I de Hungría e da raíña Clemencia de Francia.
  7. Hartmann (Rheinfelden, 1263 – 21 de decembro de 1281), afogado en Rheinau.
  8. Rodolfo II, duque de Austria e de Estiria (1270 – Praga, 10 de maio de 1290), duque de Suabia, pai de Xoán o Parricida de Austria.
  9. Xudite de Habsburgo (13 de marzo de 1271 – Praga, 18 de xuño de 1297), casada o 24 de xaneiro de 1285 co rei Venceslau II e nai do rei Venceslau III de Bohemia, Polonia e Hungría, da raíña Ana de Bohemia (1290–1313) e da raíña Isabel I de Bohemia (1292–1330), condesa de Luxemburgo.
  10. Carlos (1276–1276).
Predecesor:
Ricardo de Cornualla
Rei de romanos
1273 - 1291
Sucesor:
Adolfo de Nassau
Predecesor:
Otakar II
Duque de Austria
1278 - 1282
Sucesor:
'Alberte I
(con Rodolfo II)'
Predecesor:
Otakar II
Duque de Carintia
1278 - 1282
Sucesor:
Meinardo II

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Francis Rapp (1988): "Le province ecclesiastiche dell'impero germanico" en Storia del cristianesimo, vol. VI: Un tempo di prove (1274-1449). Roma: Borla-Città Nuova. ISBN 88-263-1024-6
  • Karl-Friedrich Krieger (2003): Rudolf von Habsburg. Darmstadt: Primus Verlag. ISBN 978-3-89678-459-9.
  • Oswald Redlich (1903): Rudolf von Habsburg. Das deutsche Reich nach dem Untergang des alten Kaisertums. Innsbruck.
  • Constantin Wurzbach (1861): Biographisches Lexikon des Kaisertums Österreich. Vol. VII, pp. 127–135. Viena (versión online) Arquivado 23 de marzo de 2016 en Wayback Machine.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]