Alfredo Marcuño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de febreiro de 1961 (63 anos) |
Altura | 160 cm |
Peso | 48 kg |
Actividade | |
Ocupación | loitador afeccionado |
Nacionalidade deportiva | España |
Deporte | sambo (pt) luta livre olímpica (pt) |
Participou en | |
1988 | Xogos Olímpicos de 1988 |
Alfredo Marcuño Martínez, nado en Vigo o 9 de febreiro de 1961, é un ex-loitador galego. Foi 17 veces campión de España e competiu nos Xogos Olímpicos de 1988.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a practicar loita libre no Club Sambo de Vigo, con Manuel Roca como adestrador,[2][3] e en 1981 conquistou os seus primeiros campionatos de España, ao proclamarse na categoría de menos de 48 kg campión tanto de loita libre como de loita grecorromana.[4] Repetiu título en loita libre nas edicións de 1982, 1983, 1985, 1986, 1987 e 1989, e en loita grecorromana en 1982, 1983, 1985, 1986, 1990 e 1991.[5][6] Ademais foi campión de España de sambo en 1985, 1986 e 1990.[7]
Competiu nos Xogos Olímpicos de 1988 en loita libre, na categoría de menos de 48 kg. Perdeu os seus dous combates, celebrados en Seongnam, o primeiro deles contra o estadounidense Tim Vanni e o segundo contra o sirio Mohamed El-Messouti.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016.
- ↑ Collazo, Luis; Antón, Soledad (16 de abril de 2011). "Vidas ejemplares dedicadas al mar y a apagar fuegos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2021.
- ↑ "Una vida dedicada a la lucha". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de abril de 2011. Consultado o 21 de setembro de 2021.
- ↑ "Galicia, campeona de España". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de maio de 1981. p. 36.
- ↑ "Campións de España de loita libre". felucha.com (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2021.
- ↑ "Campións de España de loita grecorromana". felucha.com (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2021.
- ↑ "Campións de España de sambo". felucha.com (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2021.
- ↑ "Loita libre nos Xogos Olímpicos de 1988 (-48 kg)". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 21 de setembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do loitador no sitio web do Comité Olímpico Internacional (en inglés).
- Datos do loitador en olympedia.org (en inglés).