Juan Caride
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de decembro de 1965 (59 anos) |
Altura | 173 cm |
Actividade | |
Ocupación | loitador afeccionado |
Deporte | loita afeccionada |
Participou en | |
1988 | Xogos Olímpicos de 1988 |
Juan Antonio Caride Grandal, nado en Vigo o 13 de decembro de 1965, é un ex-loitador galego. Foi dúas veces campión de España de loita libre e competiu nos Xogos Olímpicos de 1988.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a practicar loita libre no Club Sambo de Vigo, con Manuel Roca como adestrador, e foi campión de España en categorías inferiores.[2][3][4] En 1987 gañou o seu primeiro título de campión de España absoluto, en menos de 62 kg, e ao ano seguinte foi seleccionado para competir nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988.[5] Participou na categoría de menos de 68 kg, perdendo os seus dous combates, o primeiro deles contra o finlandés Jukka Rauhala, medallista nos Ánxeles 1984, e o segundo contra o soviético Arsen Fadzaev, que acabou levando a medalla de ouro.[6]
En 1993 gañou o seu segundo campionato de España, esta vez en menos de 68 kg.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016.
- ↑ Collazo, Luis; Antón, Soledad (16 de abril de 2011). "Vidas ejemplares dedicadas al mar y a apagar fuegos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2021.
- ↑ "Una vida dedicada a la lucha". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de abril de 2011. Consultado o 21 de setembro de 2021.
- ↑ "Cuatro títulos para Galicia en los campeonatos de España de cadetes". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de xullo de 1981. p. 35.
- ↑ 5,0 5,1 "Campións de España de loita libre". felucha.com (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2021.
- ↑ "Loita libre nos Xogos Olímpicos de 1988". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 21 de setembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do loitador no sitio web do Comité Olímpico Internacional (en inglés).
- Datos do loitador en olympedia.org (en inglés).