Saltar ao contido

Alfredo Sánchez Monteseirín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlfredo Sánchez Monteseirín

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
La Rinconada, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Sevilla
4 de xullo de 1999 – 11 de xullo de 2011
← Soledad BecerrilJuan Ignacio Zoido →
Q27791769 Traducir
1995 – 1999 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Sevilla Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, médico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto Nacional de la Salud
Servicio Andaluz de Salud (en) Traducir
Universidade de Sevilla Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata

Facebook: AlfredoSanchezMonteseirin Twitter: asmonteseirin Editar o valor en Wikidata

Alfredo Sánchez Monteseirín, nado en La Rinconada o 25 de setembro de 1957, é un político español, alcalde socialista da cidade de Sevilla desde 1999 até 2011.

Naceu en 1957 en La Rinconada, unha cidade situada a poucos quilómetros da capital andaluza (Sevilla). Só viviu seis anos alí, xa que en 1963, seus pais múdanse a Sevilla. A familia instalouse preto de La Macarena.

Estudou nos Escolapios. Máis tarde realizou o Curso de Orientación Universitaria (COU) no Instituto “M. Montañés”, para terminar licenciándose en Medicina e Cirurxía na Facultade de Medicina da Universidade de Sevilla.

Practicou a medicina en diversos hospitais da cidade e a provincia. Tras completar a súa especialización en xestión hospitalaria e obter praza por oposición como médico inspector do Instituto Nacional da Seguridade Social (hoxe Servizo Andaluz de Saúde), ensina na Escola Universitaria de Traballo Social de Sevilla.

Activismo político

[editar | editar a fonte]

Alfredo Sánchez Monteseirín integrouse moi pronto no PSOE e orientou a súa carreira política cara a responsabilidades locais e provinciais. É concelleiro municipal da cidade de Burguillos entre 1979 e 1987. Paralelamente fai a súa entrada na Deputación Provincial de Sevilla. Ocupa un asento de deputado provincial entre 1983 e 1995, período durante o cal posúe diversos postos e responsabilidades. Deputado Provincial de Sanidade, e posteriormente tamén de Asuntos Sociais entre 1983 e 1993. É proposto Portavoz do Grupo Socialista na Deputación Provincial de Sevilla de 1991 a 1995, e é levado á vicepresidencia da institución, como responsable da Área de Promoción Económica entre 1993 e 1995.

A partir de 1995 é Presidente da Deputación Provincial de Sevilla. Posteriormente é elixido presidente da Federación Andaluza de Municipios e Provincias.

Monteseirín foi alcalde 3 lexislaturas. É, polo tanto, o alcalde de Sevilla que máis tempo ocupou este cargo, non só na etapa democrática, senón desde que se instauraron as alcaldías modernas no século XIX.

Nas eleccións municipais de 1999 (%votos: PP 35,85%, PSOE-A 35,21%, PA 17,64%, IULV-CA 7,7%) é investido como Alcalde de Sevilla tras un acordo de goberno entre o Partido Socialista Obrero Español e o Partido Andalucista.

Nas eleccións municipais de 2003 (%votos: PSOE-A 38,63%, PP 35,16%, PA 12,33%, IULV-CA 8,97%) o PSOE obtén a maioría simple con 14 concelleiros, dous máis que en 1999.

Nas eleccións municipais de 2007 (%votos: PP 41,84%, PSOE-A 40,46%, IULVCPA 8,37%) nas que obtivo 15 concelleiros, un máis que en 2003, e nas que, aínda que con menos votos que o Partido Popular, conseguiu o seu terceiro mandato facendo coalición con IU.

Actuacións do Concello baixo o seu mandato

[editar | editar a fonte]

Entre as principais actividades realizadas baixo o seu mandato pódense citar:

  • A construción do Metro-centro, a liña de tranvía que transita pola Avenida da Constitución.
  • A creación dunha rede de carrís de circulación para ciclistas ("carril bici").
  • A finalización das obras da primeira liña do metro cuxo proxecto empezou en 1974, antes das primeiras eleccións democráticas municipais.
  • Reurbanización e reforma da Alameda de Hércules.
  • A construción de 15.000 vivendas de protección oficial.
  • A peatonalización de amplas zonas do centro histórico, como a Praza Nova, a avenida da Constitución, a rúa San Fernando ou o contorno da Alfalfa, e en zonas significativas da cidade como a rúa Asunción en Los Remedios e a rúa San Jacinto en Triana
  • Ordenación da circulación do tráfico do centro histórico regulando o acceso de vehículos privados.
  • O proxecto Metropol-Parasol na Praza da Encarnación, tamén coñecido como os "cogomelos".


Predecesor:
Miguel Ángel Pino Menchén

Presidente da Deputación Provincial de Sevilla

19951999
Sucesor:
Luis Pascual Navarrete Mora
Predecesor:
Soledad Becerril

Alcalde de Sevilla

19992011
Sucesor:
Juan Ignacio Zoido

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]