Alien Weaponry
Alien Weaponry | |
---|---|
Orixe | Waipu, Nova Zelandia |
Período | 2010 - presente |
Xénero(s) | |
Selo(s) discográfico(s) | Napalm Records |
Membros | Lewis de Jong Henry de Jong Ethan Trembath |
Na rede | |
Páxina oficial | |
Alien Weaponry é un grupo musical de thrash metal orixinario de Waipu, Nova Zelandia, formado no ano 2010 polos irmáns Henry e Lewis de Jong. A banda está formado por Lewis de Jong (guitarra e voz), Henry de Jong (batería) e Ethan Trembath (baixo).
Discografía
[editar | editar a fonte]- Tū (2018)
Estilo musical e letras
[editar | editar a fonte]O primeiro sinxelo de Alien Weaponry, "Urutaa", está cantada parcialmente en lingua maorí e orixinalmente tratábase dun choque de ideas e expectativas que conducían ó estrés e a infelicidade, que se comparaba cunha praga ou urutaa. A letra maorí refírese ós eventos ocorridos na Baía das Illas en 1800 e o que seguiu despois de que un reloxo de peto caese inadvertidamente no porto. O malentendido culminou no masacre de Boyd, uns eventos reais da historia colonial de Nova Zelandia. Segundo o grupo "este incidente é empregado na canción como unha metáfora dos malentendidos que seguen a plagarnos hoxe en día..."
O segundo sinxelo do grupo, "Raupatu" (estreado en febreiro de 2017) é sobre as confiscacións de terra do goberno de Nova Zelandia en 1800 e a inxusta lexislación de 1863 que permitiu que isto ocorrese. O seu terceiro sinxelo, "Rū Ana te Whenua", estreado o 1 de xullo de 2017, refírese á batalla en Pukehinahina/Gate Pa en 1864 onde o seu tatara tatara tatara avó, Te Ahoaho, perdeu a vida.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ashley Westerman (5 de decembro de 2017). "This New Zealand Band Is Trying To Save Maori Culture One Head Banger At A Time". NPR. Consultado o 6 de decembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |