Saltar ao contido

Aliens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aliens, o regreso
Ficha técnica
Título orixinalAliens
DirectorJames Cameron
ProdutorGale Anne Hurd
Gordon Carroll
David Giler
Walter Hill
GuiónJames Cameron
David Giler (story)
Walter Hill (story)
IntérpretesSigourney Weaver
Michael Biehn
Lance Henriksen
Carrie Henn
Bill Paxton
Paul Reiser
MúsicaJames Horner
FotografíaAdrian Biddle
MontaxeRay Lovejoy
Distribuidora20th Century Fox
Estrea1986
Duración132 minutos (148 versión expandida)
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroSuspense-ciencia ficción
Orzamento$18 500 000[1]
Recadación$131 060 248
Filme anteriorAlien, o oitavo pasaxeiro
Filme seguinteAlien 3
Na rede
http://www.fox.co.uk/dvd/aliens_2_disc_-11558/11558
IMDB: tt0090605 Filmaffinity: 682537 Allocine: 2167 Rottentomatoes: m/1000617-aliens Mojo: aliens Allmovie: v1524 TCM: 67029 Metacritic: movie/aliens TV.com: movies/aliens BNE: XX4215293 Netlix: 60029358 Editar o valor en Wikidata

Aliens, o regreso é a segunda parte da franquía de ciencia ficción Alien. Se a primeira película creou o concepto da feroz criatura asasina, a segunda dálle forma ao Universo imaxinario de Alien, do cal se basean para facer máis novelas e historietas, así como os videoxogos correspondentes á súa historia.

Alien é un organismo perfecto, unha máquina de matar cuxa superioridade física só pode competir coa súa agresividade. A oficial Ripley e a tripulación da nave “Nostromo” xa se enfrontaran, no pasado, a esa monstruosa criatura, pero só Ripley sobreviviu ó masacre. Despois de vagar polo espazo nunha cápsula de hibernación durante 57 anos, Ripley foi rescatada. Durante ese tempo, o planeta onde atoparon o Alien foi colonizado polos humanos. Pero, de repente, pérdese a comunicación coa colonia e, para investigar a orixe do problema, envían unha expedición de marines espaciais, capitaneados por Ripley.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Os resto do grupo de marines foron interpretados por Tip Tipping (como Soldado Tim Crowe), Trevor Steedman (como Soldado Trevor Wierzbowski), Colette Hiller (como a piloto Collette Ferro), Daniel Kash (como Soldado Daniel Spunkmeyer), e Ricco Ross (como Soldado Ricco Frost.

As innovacións do filme

[editar | editar a fonte]

Quizais un dos importantes logros da película, ademais de manter a mesma atmosfera claustrofóbica e escura da súa predecesora, é o de esclarecer os misterios expostos nesa primeira parte acerca do ciclo de vida dos aliens. E faino dunha forma orixinal e moi verosímil o que lle confire un realismo poucas veces visto. A colonia de aliens resulta estar gobernada pola vontade dunha Raíña, semellante ás raíñas dos insectos sociais. A devandita raíña é moito máis grande que os demais individuos e pon ovos sen parar a través dun abdome xigante adherido ao seu tórax do cal se pode desprender a vontade de sentirse atacada. E aquí é onde está o máis fantástico de todo, porque estes ovos que pon son deseguido recolleitos e agrupados polos abázcaros que protexen o seu cubil.

Eses ovos resultan ser do mesmo tipo que os atopados polos tripulantes da nave Nostromo na primeira parte da saga. Os abázcaros deben saír de caza con periodicidade para capturaren presas que serán expostas aos ovos da raíña. Dos ovos sae a criatura en forma de araña (facehugger) que atemorizou no filme precedente. Esta araña é a incubadora. É a que introduce a larva parasita no aparello dixestivo do hóspede. Desta forma queda pechado o ciclo de vida convertendo a película en peza fundamental para entender estas criaturas que se nos presentan en O oitavo pasaxeiro e que nos deixan con tantas incógnitas.

Este ciclo de vida non era o que imaxinara Ridley Scott na súa primeira parte. Toda a estrutura da colonia alien, a raíña, a posta dos ovos e os abázcaros foi creada na segunda parte. Os cortes e escenas suprimidos na primeira parte para manter en misterio a criatura (Xenoforme), permiten que na segunda parte poida inventarse todo sobre esta, explícase e resolve de forma moi enxeñosa case todos os enigmas do primeiro filme, e minimízanse as incongruencias dentro do filme.

Doutra banda, o guión crea outros conceptos que foron incluídos en posteriores historietas, novelas e videoxogos correspondentes ao tema:

  1. Nomear Corporación Weyland-Yutani á mencionada Compañía do primeiro filme.
  2. A existencia doutras organizacións humanas interestelares, como a Comisión de Comercio Estelar e a Administración Colonial.
  3. A existencia de Marines coloniais e das súas sofisticadas armas.
  4. A terraformación: Transformación artificial de atmosferas planetarias ou lunares irrespirables a outras adecuadas para a vida terrestre e a colonización.
  5. Nomear á criatura "Xenoforme", este nome foi dado por Ripley ao explicar aos marines que é o que atoparán.

Decepcionantes secuelas

[editar | editar a fonte]

A pesar do éxito crítico e comercial de Alien e Aliens, os únicos misterios non resoltos en ambas as partes da saga foron a orixe dos aliens, todo sobre a outra especie extraterrestre que construíu a misteriosa nave, a razón dos ovos dentro desa nave e por que a nave está varada en LV-426. Eses enigmas non se resolveron nin en Alien³ nin en Alien: Resurrection, iso decepcionou os afeccionados da saga de Alien. Crese que os extraterrestres da nave varada (coñecidos en inglés como "Space Jockeys") foron os seus creadores (razón pola cal sexan armas viventes) ou as súas primeiras vítimas.

Os afeccionados tamén esperaban que na terceira parte se mostrase a viaxe dos marines coloniais ao mundo natal dos aliens, para investigar a raza intelixente que os trouxo a LV-426, colleitar espécimes e moita acción e tensión. No canto do anterior recibiron unha historia diferente, considerada aburrida, e os espectadores perderon interese na saga, que tamén perdeu rendibilidade aínda que se tratou de recuperar na cuarta parte sen demasiado éxito.

Os cambios no curso da saga, debéronse a, como tantas veces ocorre no cine, as ansias por lucrarse co forte interese de entón pola serie Alien. A única innovación interesante de Alien³ era un novo tipo de alien procreado nun can (Alien runner) e en Alien: Resurrection o Newborn ("Neonato", híbrido xenoforme humano). Con todo a terceira parte da saga polo tratamento dos personaxes e pola asfixiante e ferruxenta atmosfera do escenario principal é en moitos aspectos moi superior a Aliens.

Con todo, a resposta sobre a procedencia dos aliens está na serie de revistas Aliens publicada en 1997. A serie foi o froito das ansias de saber máis por parte de moitos afeccionados e da tardanza na saída da súa terceira parte, o cal propiciou que máis dun continuase o guión pola súa conta. Quizais estas series de cómic quedarán para sempre como exemplo do que a saga puido ser e non foi. Ademais a saga Alien foi conectada coa de Predator nas revístas Aliens vs Predator e na película do mesmo nome.

Aliens é unha excepción no mundo do cine. Quizais é unha das poucas secuelas non premeditadas de antemán que iguala senón chega a superar en calidade á súa primeira parte. Aínda que hai que diferenciar que a primeira profunda no xénero do terror, case de serie B aínda que cun bo orzamento, e a segunda na acción e no xénero bélico. Pero isto foi un acerto e non un defecto xa que a criatura xa fora desvelada na primeira e non tiña sentido volver facer outro misterio en torno ao mesmo tema. Terror que se intentou recuperar na terceira volvendo ás orixes, unha soa criatura, invisible, escorregadiza pero que xa non asustaba. Pasaran moitos aliens por pantalla e como se viu quedou fóra de lugar. En Alien: Resurrection a cuarta e última parte ata a data clónase a Ripley e regresa á acción. Pero é esta unha acción máis comercial e superficial na contorna aséptica dunha impoluta estación espacial algo que tampouco convence nin fai xustiza á primeira e segunda parte.

Quizais o gran problema que padeceu esta saga é a de ser unha serie improvisada. Facéndose o guión cada vez que se rodaba sen existir nunca un guión xeral sobre o conxunto da serie. Por iso Aliens quizais sexa un dos mellores "parches" da historia do cine. Sen representar o xiro que deu a primeira parte á ciencia ficción ata o momento, Aliens consegue estar á súa altura e ata en ocasións superala en tensión e dar un novo xiro espectacular á historia enfilando o seu argumento cara ao que tivese que ser un colofón maxistral.

Versión estendida

[editar | editar a fonte]

A primeira versión do filme Aliens dura 132 minutos, porque o Director eliminou 17 minutos, que inclúen:

  1. A escena de Burke dicindo a Ripley o destino da súa filla.
  2. A escena onde se mostra o nome da colonia, o número de habitantes, e a entrada dun vehículo terrestre ás instalacións.
  3. A escena do administrador da Colonia falando cun empregado. (Mentres se contempla a vida cotiá na Colonia).
  4. A escena do señor Russ Jorden explorando en compañía da súa familia que culmina cando se infesta dun "facehugger".
  5. A escena onde os marines activan os robots sentinelas.
  6. Dúas escenas onde os robots sentinelas tirotean aos Xenoformes.

En 1992, James Cameron restaurou as escenas anteriores, nunha versión para disco láser, VHS e posteriormente aparece en DVD.

Ambas as versións aparecen na colección Tetraloxía de Alien aparecida no 2003.

O que aparece na Versión expandida:

1. Os colonos non atoparon a nave extraterrestre a pesar de vivir moito tempo en LV-426.
2. Para buscar a nave, os colonos exploraron o terreo no canto de situala inmediatamente rastrexando a transmisión, que era continua e permanente, como sucedeu na primeira parte.
3. A nave extraterrestre móstrase parcialmente destruída cando na primeira parte estaba intacta.

O que aparece en ambas as versións:

4. No xuízo contra Ripley, chámanlle planeta á LV-426 cando era unha lúa na primeira parte.
5. O aspecto do Xenoforme é diferente da primeira parte. Algo que se xustifica bastante se se ten en conta a mellora nos efectos especiais que fan do novo alien unha criatura máis rápida e bestial. Ademais a súa cabeza non é lisa senón con acanaladuras, o cal significa que estiveron aí desde hai moito tempo.

Miscelánea

[editar | editar a fonte]
  • Bill Paxton, quen interpretou o papel do soldado raso Hudson, mellorou a súa carreira artística grazas ao filme.
  • Sobre o personaxe de Newt:
Aliens foi o único filme que actuou Carrie Henn, os seus pais non lle permitiron facer carreira de actriz. Actualmente dedícase á pedagoxía e traballa no desenvolvemento educativo de nenos estadounidenses. Con todo, Carrie fixo unha longa amizade con Sigourney Weaver, e aínda segue en contacto con ela. Ata lle acompañou cando era a estrea de Alien³.
Christopher, o irmán de Carrie Henn actuou na película como Timmy, o irmán de Newt.

Nomeada a 7 Oscars, finalmente foi galardoada co Oscar aos mellores efectos visuais e Oscar á mellor edición de son.

  • Os outros nomeamentos que se recibiron e non se gañaron son:
Oscar á mellor actriz, o primeiro nomeamento para Sigourney Weaver.
Oscar á mellor banda sonora, para James Horner.
Oscar por edición de filme.
  1. Aubrey Solomon, Twentieth Century Fox: A Corporate and Financial History, Scarecrow Press, 1989 p260

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]