Alien vs. Predator
Alien vs. Predator | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Alien vs. Predator |
Director | Paul W. S. Anderson |
Produtor | John Davis Gordon Carroll David Giler Walter Hill |
Guión | Paul W. S. Anderson |
Baseado en | Personaxes de Dan O'Bannon Ronald Shusett Jim Thomas John Thomas |
Intérpretes | Sanaa Lathan Lance Henriksen Raoul Bova Ewen Bremner Colin Salmon |
Música | Harald Kloser |
Fotografía | David Johnson |
Montaxe | Alexander Berner |
Estudio | Davis Entertainment Brandywine Productions |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | Internacional: 12 de agosto de 2004![]() |
Duración | 101 minutos 109 minutos Corte de 2005 |
Orixe | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Xénero | Ficción científica, Terror |
Orzamento | $60 000 000[2] |
Recadación | $172 500 000[2] |
Filme seguinte | Aliens vs. Predator: Requiem |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Alien vs. Predator (tamén coñecido como AVP ou AVP: Alien vs. Predator) é un filme de ciencia ficción e terror dirixido por Paul W. S. Anderson e protagonizado por Sanaa Lathan e Lance Henriksen. É o primeiro título da franquía Alien vs. Predator, que é unha mestura das franquías de Alien e Predator. Anderson, Dan O'Bannon e Ronald Shusett escribiron a historia, e Anderson e Shane Salerno adaptárona ó guión. A súa historia está influída pola mitoloxía azteca, a serie de banda deseñada e os escritos de Erich von Däniken.
Ambientado no 2004, o filme conta a historia dun grupo de arqueólogos reunidos polo billonario Charles Bishop Weyland (Henriksen) para unha expedición na Antártida. O obxectivo da expedición e investigar un estraño sinal de calor xurdido do nada. Weyland e o seu equipo descobren unha pirámide debaixo da superficie do xeo. Os xeróglifos e as esculturas da pirámide revelan que é o escenario de guerra entre os Predators e os aliens como un rito de madurez. Os humanos están atrapados no medio da batalla entre as dúas especies e tratan por tódolos medios evitar que os aliens cheguen até a superficie.
O filme foi estreado o 13 de agosto de 2004 nos Estados Unidos e recibiu, polo xeral, críticas negativas. Recadou $172 millóns en todo o mundo. Ten unha secuela, Aliens vs. Predator: Requiem (2007).
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Sanaa Lathan como Alexa Woods
- Lance Henriksen como Charles Bishop Weyland
- Raoul Bova como Sebastian De Rosa
- Ewen Bremner como Graeme Miller
- Colin Salmon como Maxwell "Max" Stafford
- Tommy Flanagan como Mark Verheiden
- Agathe de La Boulaye como Adele Rousseau
- Carsten Norgaard como Rustin Quinn
- Liz May Brice como Selene
- Glenn Conroy como Técnico
- Karima Adebibe como Muller do sacrificio
- Sam Troughton como Thomas "Tom" Parkes
- Ian Whyte como The Predator, "Scar"
- Tom Woodruff, Jr. como Alien, "Grid"
- Petr Jákl como Stone
- Pavel Bezdek como Bass
- Kieran Bew como Klaus
- Carsten Voigt como Mikkel
- Jan Filipensky como Boris
- Adrian Bouchet como Sven
- Eoin McCarthy como Karl
- Andy Lucas como Juan Ramirez
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ British Film Institute (ed.). "AVP Alien Vs. Predator". Londres. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2008. Consultado o 6 de maio de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 Box Office Mojo (ed.). "Alien vs. Predator (2004)". Consultado o 21 de xullo de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alien vs. Predator na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Filmes de 2004
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes do Reino Unido
- Filmes da República Checa
- Filmes do Canadá
- Filmes de Alemaña
- Filmes dirixidos por Paul W. S. Anderson
- Filmes con banda sonora de Harald Kloser
- Filmes de 20th Century Fox
- Filmes rodados na República Checa
- Filmes ambientados en 2004
- Filmes ambientados na Antártida
- Filmes ambientados no Nepal
- Filmes ambientados en Novo México
- Filmes ambientados en Nebrasca
- Filmes de Davis Entertainment
- Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América