Aline Frazão
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xuño de 1988 ![]() Luanda, Angola ![]() |
Educación | Universidade Nova de Lisboa ![]() |
Actividade | |
Ocupación | compositora, vocalista, cantante ![]() |
Xénero artístico | World music ![]() |
Sitio web | alinefrazao.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Aline Frazão, nada o 17 de xuño de 1988 en Luanda, é unha cantante e compositora angolana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira musical con 9 anos e dende entón tivo oportunidade de cantar varios estilos de música como o fado, MPB, o jazz e a música tradicional de Angola e Cabo Verde. Con 15 anos comezou a escribir as súas primeiras cancións, tocando a guitarra con influencias do Brasil, en especial da bossa nova. Ós 18 anos mudouse para Lisboa ó ingresar no curso de Ciencias da Comunicación, e compaxinou a facultade con pequenas colaboracións en diversos proxectos de música e teatro. Despois diso, continuou a súa viaxe pasando por Barcelona, Madrid e Santiago de Compostela, onde foi premiada no certame aRitmar da EOI.
Foi en Madrid onde comezou a facer concertos acústicos en bares e salas, interpretando versións de clásicos da música angolana, cabo-verdiana e brasileira, e tamén temas autorais. Procurando unir dúas paixóns - viaxar e cantar -, Aline actuou en diversas cidades como París, Dublín, Lisboa, Luanda, Bruxelas, Londres e Buenos Aires.
Discografía
[editar | editar a fonte]- A Minha Embala (2009)
- Clave Bantu (2011)
- Movimento (2013)
- Insular (2015)