Almeiras, Culleredo
Aparencia
Almeiras | |
---|---|
Concello | Culleredo[1] |
Provincia | A Coruña |
Área | 4 km² |
Poboación | 1.215 hab. (2020)[2] |
Densidade | 303,75 hab./km² |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xián de Almeiras[1] é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Culleredo na Comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 1.264 habitantes (651 mulleres e 613 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.436 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A parroquia ocupa a ladeira que baixa do Aeroporto da Coruña -boa parte dos terreos do aeroporto están nesta parroquia- ata o río Mero e o río Valiñas, limitando tamén coa parte final da ría do Burgo. Está situada ó sur da parroquia do Temple e a do Burgo, e conta cunha densidade de poboación alta.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Almeiras
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Almeiras no concello de Culleredo | |
---|---|
Alvedro | Carcabelos | A Choeira | A Marisqueira | Ombre | A Silva | A Telva | Vigovidín |