Saltar ao contido

Almonte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAlmonte
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°15′40″N 6°31′03″O / 37.2612, -6.5176
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Huelva Editar o valor en Wikidata
CapitalAlmonte Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación25.751 (2023) Editar o valor en Wikidata (29,91 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie861 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude75 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataQ131177044 Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal21730 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE21005 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webalmonte.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX454560

Almonte é un concello español da provincia de Huelva, en Andalucía. En 2011 o municipio tiña 22.525 habitantes sendo o terceiro municipio provincial en poboación (só superado por Lepe e Huelva) e a cuarta cidade (superada ademais por Isla Cristina).

Atópase situada a unha altitude de 75 metros e a 55 quilómetros da capital de provincia, Huelva. No termo municipal de Almonte, o máis extenso da provincia de Huelva, atópanse a praia de Matalascañas, a aldea de El Rocío, coñecida pola súa romaría, e o Parque Nacional de Doñana.

Están localizados restos da idade de bronce no termo almonteño, o cal indica que a presenza dunha poboación no termo onde agora se sitúa a Almonte remóntase moito máis atrás na liña do tempo. Esta poboación, segundo as investigacións realizadas sobre a situación e os seus cascallos, puido ter un contacto comercial activo con gregos e fenicios.

Tamén se ten constancia de que os romanos estiveron en Almonte, xa que no Cerro do Trigo hai unha factoría dedicada a actividades pesqueiras da época dos romanos. Tamén houbo presenza árabe en Almonte, xa que casualmente, o nome da localidade provén dunha raíz arabesca.

Praza no centro da cidade (Praza Virgen del Rocío).

Almonte foi reconquistada a comezos do século XIII, mediante a incorporación á Coroa de Castela da Taifa de Niebla, baixo réxime de protectorado. Tras a revolta dos mudéxares de 1264, esta taifa incorporouse ao territorio reguengo do reino de Sevilla. En 1369 creouse o Condado de Niebla, no cal non se incluíu Almonte. No século XIV Almonte chegou a enfrontarse co condado por motivos municipais. Podémonos atopar aos Duques de Medina Sidonia como señores de Almonte, acabándose os enfrontamentos con Niebla (xa que estes eran Condes de Niebla). Os Duques de Medina Sidonia buscaban un territorio unido con Niebla, Sanlúcar e a propia Almonte.

As guerras e crises xurdidas no século XVII minguaron a poboación de Almonte nunha porcentaxe próxima ao 50% (de 420 de 1642 a 273 en 1713), aínda que se recupera de xeito espectacular unhas décadas despois, superándose a finais do século XVIII os mil cincocentos habitantes.

Durante o século XVIII e o XIX, os almonteños viven da agricultura (como o oliveiral e o viñedo) e, grazas á abundante superficie forestal na zona, tamén puido sosterse unha gran poboación gandeira, da cal cabras, ovellas, porcos e colmeas habitaban en maior número. O gran territorio da súa provincia permite aos habitantes de Almonte que non falten os recursos alimenticios.

O nome de Almonte e Doñana proxéctanse a España grazas á ermida de El Rocío a finais do XIX. Hoxe en día Almonte vive da agricultura, como viña facendo desde o século XVIII, aínda que o sector servizos estase convertendo nun motor de riqueza moi importante. O turismo de sol e praia que se desenvolve na próxima praia de Matalascañas xunto á proxección mundial da súa aldea de El Rocío.

Demografía

[editar | editar a fonte]

En 2007, o municipio superou en habitantes a Isla Cristina e ségue en poboación a Lepe e Huelva a nivel provincial grazas ao desenvolvemento do núcleo de poboación de Matalascañas que alcanzaba en 2009 os 2.927 habitantes, e á cada vez maior poboación censada en El Rocío, que alcanzaba no mesmo ano os 1.604 habitantes.

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010
6.917 8.287 10.500 11.566 12.959 17.687 22.204

Festas populares

[editar | editar a fonte]
Igrexa parroquial
  • Semana Santa: a Semana Maior almonteña experimentou grande auxe desde os anos noventa, contando actualmente con cinco desfiles procesionais. O Domingo de Ramos sae desde a ermida do Cristo o Señor da Borriquita. O Mércores, desde o mesmo templo, é a quenda da Irmandade de Xesús Cativo e a Virxe do Rosario. O resto de Confrarías saen da parroquia da Asunción: o Xoves Santo Xesús do Gran Poder e a Virxe da Quinta Angustia, o Venres Santo o Cristo da Misericordia e a Virxe das Dores e o Sábado Santo o Santo Enterro e a Soidade.
  • Romaría de El Rocío: É a festa popular de Almonte na cal reúnense millóns de peregrinos todos cun mesmo pensamento ver á Branca Pomba, a romaría dura exactamente unha semana para os habitantes de Almonte tendo o seu día de maior esplendor é o domingo de madrugada.
  • A Feira: está recollida no recinto municipal do Chaparral. Comeza ao empezar o verán tendo o seu día de maior esplendor o sábado. Esta festa é en honra ao patrón de Almonte, San Pedro cuxo día é o 29 de xuño. O último día de feira que sempre cae en luns, é festa local e celébrase unha corrida de touros, no recinto gandeiro. O 26 de xuño chegan a Almonte as eguas desde El Rocío, é a coñecida Saca das Eguas, que xa leva máis de 510 anos celebrándose.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]