Doñana
Tipo | Parque Nacional de España Lugar de importancia comunitaria Zona de especial conservación Zona de especial protección para as aves European Diploma of Protected Areas (en) ![]() Reserva da biosfera sitio Ramsar espazo natural protexido ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Ana Gómez de Silva y de Mendoza (pt) ![]() ![]() | ||||
Parte de | Rede de Parques Nacionais de España Rede Natura 2000 Rede Natura 2000 en España ![]() | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Andalucía, España, Provincia de Huelva, España, Provincia de Sevilla, España e Provincia de Cádiz, España ![]() | ||||
Localización | Provincia de Huelva ![]() | ||||
| |||||
Bañado por | Golfo de Cádiz e Río Guadalquivir ![]() | ||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Superficie | 54.252 ha 53.303,56529 ha ![]() | ||||
Elemento da Lista Vermella do Patrimonio | |||||
Data | 28 de novembro de 2007 | ||||
Identificador | parque-nacional-de-donana | ||||
Patrimonio da Humanidade ![]() | |||||
Tipo | Patrimonio natural → Europa-América do Norte | ||||
Data | 1994 (18ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii), (ix) e (x) ![]() | ||||
Identificador | 685 | ||||
Sitio Ramsar | |||||
Data | 4 de maio de 1982 | ||||
Identificador | 234 | ||||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | |||||
Reserva da biosfera ![]() | |||||
Identificador | Entrada: unesco.org… ![]() | ||||
World Database on Protected Areas | |||||
Identificador | ![]() ![]() | ||||
Medicións | |||||
Clima | Clima mediterráneo ![]() | ||||
Historia | |||||
Data de creación ou fundación | 16 de outubro de 1969 ![]() | ||||
Actividade | |||||
Visitantes anuais | 392.958 (2007) ![]() | ||||
Operador | Ministerio de Medio Ambiente de España Andalucía ![]() | ||||
Premios | Medalla de Andalucía (2019) ![]() | ||||
Sitio web | miteco.gob.es… ![]() | ||||
Doñana é un espazo natural protexido español situado en Andalucía, entre as provincias de Cádiz, Huelva e Sevilla, que conta con 108.086 ha (54.251 ha no Parque Nacional, e 53.835 ten no Parque Natural). Comprende tanto o Parque Nacional de Doñana (creado en 1969) como o Parque Natural de Doñana (creado en 1989 e ampliado en 1997), e a súa grande extensión de marismas acolle durante o inverno a numerosas especies de aves acuáticas, que adoitan alcanzar cada ano os 200.000 individuos.
Debido a súa proximidade ao lugar de encontro do Atlántico e do Mediterráneo, o Estreito de Xibraltar, en Doñana pódense observar máis de 300 especies diferentes de aves ao ano, ao ser lugar de paso, cría e invernada para miles delas (acuáticas e terrestres) europeas e africanas. Aquí repousan aves acuáticas de toda Europa Occidental, localizándose infinidade de especies nas marismas e arredores procedentes de África e Europa.
Con diferentes institucións científicas no seu interior que velan por un desenvolvemento axeitado das bisbarras limítrofes e a conservación dalgunhas especies moi delicadas que habitan nel, considérase a maior reserva ecolóxica de Europa. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1994. No ano 2006 o parque recibiu 376.287 visitas.
O seu nome provén segundo algúns do de Dona Ana de Silva e Mendoza, esposa do VII Duque de Medina-Sidonia. Segundo outros de Ana Mallarte, casada con Sancho de Herrera, arrendatario dos pastos da parte de El Palacio en 1545.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Doñana |
- Real Decreto 2412/1969, de 16 de outubro, de creación do Parque Nacional de Doñana (BOE nº 257, de 27.10.1969) Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
- Web oficial do Parque Nacional de Doñana - Rede de Parques Nacionais Arquivado 23 de decembro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)
- Junta de Andalucía. Consejería de Medio Ambiente. Parque Nacional de Doñana (en castelán)
- Consejería de Cultura - Bienes Patrimonio Mundial (en castelán)