Parque Nacional do Arquipélago de Cabrera
Tipo | Parque nacional espazo natural protexido Parque Nacional de España arquipélago | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Rede de Parques Nacionais de España | |||
Situado na entidade xeográfica | Cabrera | |||
Localización | ||||
División administrativa | Palma, España | |||
| ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
Características | ||||
Altitude | 172 m | |||
Superficie | 907,94 km² 91.420,31253 ha | |||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 196045 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 29 de abril de 1991 e 1991 | |||
Actividade | ||||
Visitantes anuais | 95.604 (2018) | |||
Sitio web | reddeparquesnacionales.mma.es… | |||
O Parque Nacional Marítimo - Terrestre del Arquipélago de Cabrera é un conxunto de illotes españois pertencente ao arquipélago balear que foi declarado Parque Nacional Marítimo Terrestre o 29 de abril de 1991 mediante a Lei 14/1991.[1]
Ten un gran valor natural, xa que, debido ao seu illamento ao longo da historia, chegou ata os nosos días practicamente inalterado: a paisaxe litoral de Cabrera pódese considerar un dos mellor conservados das costas españolas, e un dos mellores de todo o Mediterráneo. Acubilla así mesmo importantes colonias de aves mariñas e especies endémicas.
O parque é tamén é zona especial de conservación (ZEC) e, debido á súa riqueza biótica e á abundancia e variedade de aves, unha zona de especial protección para as aves (ZEPA), co cal está integrado na Rede Natura 2000.[2] Ten tamén a categoría de Zona especialmente protexida de importancia para o Mediterráneo (ZEPIM) do protocolo de áreas mariñas protexidas do Convenio de Barcelona para a protección do mar Mediterráneo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ MITECO, Goberno de España (eds.). "Parque Nacional Marítimo - Terrestre del Archipiélago de Cabrera". Consultado o 5/9/2019.
- ↑ Natura 2000 - Unión Europea (ed.). "ES0000083 Arxipèlag de Cabrera". Consultado o 5 de setembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional do Arquipélago de Cabrera |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web Oficial do Parque Nacional do Arquipélago de Cabrera Arquivado 13 de marzo de 2008 en Wayback Machine. (en castelán)