Parque Nacional de Monfragüe
(es) Parque Nacional de Monfragüe | ||||
Tipo | Reserva da biosfera Parque Nacional de España | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | castle of Monfragüe (en) | |||
Parte de | Rede de Parques Nacionais de España | |||
Localización | ||||
División administrativa | Estremadura, España e Provincia de Cáceres, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 179 km² 18.009,96841 ha | |||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
Reserva da biosfera | ||||
Identificador | Entrada: unesco.org… | |||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 4820 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 2 de marzo de 2007 e 2007 | |||
O Parque Nacional de Monfragüe é un dos parques nacionais de España. Atópase na provincia de Cáceres, e é o primeiro parque nacional de Estremadura. Cruzan o parque dous ríos o Texo e o Tiétar. Inicialmente foi declarado Parque Natural o 4 de abril de 1979.
Localización
[editar | editar a fonte]Monfragüe sitúase no suroeste da Península Ibérica, e pertence na súa totalidade á provincia de Cáceres. A súa superficie esténdese polos municipios de Casas de Miravete, Jaraicejo, Malpartida de Plasencia, Serradilla, Serrejón, Toril e Torrejón el Rubio.
Figuras de protección
[editar | editar a fonte]O 4 de abril de 1979 foi declarado Parque Natural. No 1988 declarouse ZEPA e en xullo de 2003 a UNESCO recoñeceu Monfragüe como reserva da Biosfera.
A pesar de que durante a década de 1990 houbo iniciativas para engadir a Monfragüe na Rede de Parques Nacionais de España en representación do ecosistema do bosque mediterráneo, finalmente foi o de Cabañeros e non o de Monfragüe o espazo natural elixido para a inclusión na rede. Monfragüe tería que agardar a xaneiro de 2006, cando a Xunta de Extremadura propón ó Goberno de España a declaración de Monfragüe como Parque Nacional. En maio dese mesmo ano, o Consello de Ministros, a proposta do Ministerio de Medio Ambiente, remitiuna ás Cortes, onde recibiu a aprobación e en decembro comezaron os trámites parlamentarios.
En febreiro de 2007 o Senado de España aprobou a lei que o integra na Rede de Parques Nacionais de España (RPNE) e en marzo de 2007 publicouse no BOE a lei que declaraba Monfragüe parque nacional.
Características
[editar | editar a fonte]O nome provén do nome dado polos romanos mons fragorum (monte denso). Nunha pequena ermida, ó carón do castelo, gárdase a talla da Virxe de Monfragüe, dos séculos XVII-XVIII, imaxe traída dende Palestina polos cabaleiros da Orde de Santiago.
Predominan tres hábitats principais: o bosque mediterráneo, as devesas e rochedos e as masas de auga (ríos e encoros)
Fauna
[editar | editar a fonte]No Parque crían máis de 200 especies de vertebrados, outras moitas invernan ou poden verse de paso durante a migración a outras latitudes. As aves son o grupo de vertebrados con maior abundancia de especies e individuos.[1]
- Aves
Voitre negro (Aegypius monachus) —con 286 parellas—, aguia imperial (Aquila adalberti) —con 12 parellas—, cegoña negra (Ciconia nigra) —con 30 parellas—, voitre leonado (Gyps fulvus) —con 500-600 parellas—, búfo real (Bubo bubo), aguia imperial ibérica (Aquila adalberti), aguia real (Aquila chrysaetos) –con 6 parellas–, aguia perdiceira (Hieraaetus fasciatus) —con 7 parellas—, voitre branco (Neophron percnopterus) —con 35 parellas—.
- Mamíferos
Entre os carnívoros atópanse a lontra, a mangosta exipcia, a garduña, o gato bravo, o teixugo, a xeneta e o máis abundante de todos eles, o raposo. Abundan os cervos, xabaríns e coellos. Outros mamíferos moito máis discretos son o leirón careto ou os morcegos mediterráneo de ferradura (Rhinolophus euryale, R. ferrumequinum e R. mehelyi).
- Peixes
Luciobarbus comizo, Squalius pyrenaicus, Cyprinus carpio.
- Réptiles
Cobra rateira, cobra de ferradura, sapoconcho riscado, lagarto arnal.
- Anfibios
Pleurodeles waltl, Hyla meridionalis, píntega común, sapo corredor, Alytes cisternasii, tritón común.
Vexetación
[editar | editar a fonte]- As devesas con aciñeiras (Quercus rotundifolia), sobreiras (Quercus suber) e carballos ananos (Quercus faginea subsp broteroi);
- Matogueiras con estevas (Cistus ladanifer, Cistus salviifolius...), as uces (Erica sp.) e os érbedos (Arbutus unedo);
- Zonas rochosas con xenebreiras (Juniperus oxycedrus) e terebintos (Pistacia terebinthus);
- Zonas de ribeira con amieiros (Alnus glutinosa) e lodoeiro (Celtis australis);
- Zonas máis térmicas con oliveiras (Olea europaea var. silvestris).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Parque Nacional de Monfragüe. Fauna". Ministerio de Medio Ambiente e Medio rural e Mariño. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2013. Consultado o 6 de maio de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional de Monfragüe |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial do parque (en castelán)
- "Páxina Oficial do Parque Nacional de Monfragüe". Rede de Parques Nacionais. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2016. Consultado o 6 de maio de 2013. (en castelán)