Saltar ao contido

Voitre leonado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gyps fulvus»)
Voitre leonado
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Falconiformes
Familia: Accipitridae
Xénero: Gyps
Especie: G. fulvus
Nome binomial
'Gyps fulvus'
(Hablizl, 1783)
Verde escuro: residente todo o ano
Verde escuro: residente todo o ano

Verde escuro: residente todo o ano

O voitre leonado[2] (Gyps fulvus) é unha ave pertencente á subfamilia dos voitres (Aegypiinae).

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os voitres comúns son aves de gran tamaño: miden entre 95 e 105 cm. de lonxitude, teñen unha envergadura de ás de entre 2,4 e 2,8 m. e os exemplares adultos pesan entre 4 e 6 kg. Teñen a cabeza pequena, ás moi grandes, ás veces de aspecto triangular e unha cola curta de aspecto truncado. As ás máis anchas e acola máis curta permiten distinguilo do quebraosos cando está voando. Os exemplares novos son máis escuros cós adultos, que teñen a cabeza e o pescozo cubertos dunha penuxa branca, un colar de plumas brancas na base do pescozo, o lombo a parte anterior das ás e o ventre da cor do ante e o resto do corpo pardo escuro, O bico dos adultos é pardo por riba, coas beiras amarelas. As patas, menos fortes que noutras aves de rapina, son agrisadas.

Sistemática

[editar | editar a fonte]

Distínguense dúas subespecies de voitres comúns:

  • Gyps fulvus fulvus, de Europa, o noroeste de África , Turquía, Oriente próximo e medio ata Arabia, Irán, o Pamir e os montes Altai..
  • Gyps fulvus fulvescens, espallada por Afganistán, Paquistán e o norte da India, chegando polo leste ata Assam.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

O voitre leonado está presente en Marrocos, Alxeria, España (8.100 parellas), Sardeña, na costa do mar Adriático, na península dos Balcáns, ata Grecia (unhas 450 parellas), Turquía, pasando pola costa leste do Mediterráneo e por Arabia, o Iraq, Irán ata a India e Asia central. Exemplares illados poden aparecer nalgunhas zonas de Austria, onde hai unha colonia semisalvaxe no Hellbrunner Berg. Como resultado de reintroducións hai outra colonia dunhas 220 parellas no Macizo central francés. En Suíza contáronse recentemente uns 54 exemplares. Tamén medraron os casos de observacións destas aves en Alemaña onde estaban extinguidas. Este aumento brusco da presenza de voitres comúns na Europa central atribúese a falta de alimentos en España e Francia, causada polas normativas de Unión Europea, que prohiben deixar cadáveres de animais domésticos abandonados no campo.[3] En xuño de 2007 foi detectada tamén a presenza destas aves en Bélxica (~100 casos) [4]

Algúns miles de voitres comúns, sobre todo exemplares novos, pasan o inverno en África, á que chegan despois de cruzar o estreito de Xibraltar e o Bósforo, estes exemplares chegan ata ó Senegal, Malí e Níxer, et amén ata Sudán e Etiopía.

Os voitres comúns son aves planadoras, que se levantan sobre correntes de aire ascendente e pasan horas voando entre os 1.800 e os 3.500 metros (en días de condicións excepcionais poden chegar ata os 6000) percorrendo distancias que van entre os 50 e os 300 quilómetros. Son aves de vida colonial, que adoitan moverse en bandos e son moi fieis ó seu lugar de orixe.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Viven ata 30 ou 40 anos e non acadan a madureza sexual ata que teñen entre 5 e 7. A súa época de cría vai de xaneiro a marzo, e a posta dos ovos ten lugar habitualmente entre mediados de xaneiro e comezos de febreiro. A incubación do único ovo de cada parella lévalles entre 52 e 58 días e o polo permanece no niño de 110 a 120. Os pais róldanse tanto para chocar o ovo como para alimentar á cría. Os polos son moi sensibles á falta de alimento e poden morrer de inanición se non reciben comida dabondo. Comezan a voar máis ou menos en xullo, pero fican preto do niño unha tempada ata que se independizan completamente.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

A súa dieta componse case exclusivamente de calaza, malia que nos últimos anos a falta de alimentos nalgunhas zonas, como na Península Ibérica, parece que os ten levado a atacaren en ocasións presas vivas.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. BirdLife International (2013). "Gyps fulvus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. 
  3. "Handelsblatt: Großer Geier-Einflug über Deutschland 30. Juni 2006". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2006. Consultado o 10 de decembro de 2007. 
  4. "n-tv.de: Gänsegeier in Deutschland 22. Juni 2007". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2008. Consultado o 10 de decembro de 2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Josep del Hoyo, Andrew Elliot, Jordi Sargatal: Handbook of the birds of the World. Vol. 2. New World Vultures to Guineafowl. Lynx Edicions, Barcelona 1994, ISBN 84-87334-15-6

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]