Alonso Pérez de Guzmán
Nome orixinal | (es) Alfonso Pérez de Guzmán el Bueno |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de xaneiro de 1256 León (Coroa de Castela) |
Morte | 19 de setembro de 1309 (53 anos) Gaucín, España (pt) |
Lugar de sepultura | Antiguo Monasterio de San Isidoro del Campo |
1º Lord of Sanlúcar (en) Lordship of Sanlúcar (en) | |
Alcaide Tarifa | |
Datos persoais | |
Outros nomes | Guzmán el Bueno |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | guerreiro |
Carreira militar | |
Lealdade | Coroa de Castela |
Conflito | Primeiro Cerco de Gibraltar (pt) |
Outro | |
Título | Lord of Sanlúcar (en) |
Familia | Casa de Guzmán e House of Medina-Sidonia (en) |
Cónxuxe | María Alonso Coronel |
Fillos | Pedro Alonso Pérez de Guzmán y Coronel, Isabel de Guzmán, Juan Alonso Pérez de Guzmán y Coronel, Leonor Alonso Pérez de Guzmán y Coronel |
Pais | Pedro Núñez de Guzmán e valor descoñecido NN |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Alonso Pérez de Guzmán, nado en León en 1256 e finado en Gaucín (Málaga) en 1309[1], foi un nobre castelán pertencente á casa ducal de Medina Sidonia. Duque de Niebla e alcumado Guzmán o Bo (Guzmán el Bueno), era fillo bastardo do adiantado maior de Andalucía, Pedro Núñez de Guzmán.
Por desavinzas cos seus irmáns abandona o reino de Castela e ponse ó servizo do sultán de Marrocos. Volve a Castela en 1291, chamado por Sancho IV, quen quería aproveita-lo seu coñecemento e relacións cos musulmáns na súa loita cos benimeríns polo control do estreito de Xibraltar. Participa na conquista castelá de Tarifa no 1292, e é nomeado alcaide da praza en 1293.
É aquí de onde xorde a lenda de Guzmán o Bo, xa que o sultán benimerín Ibn Ya'qub e o infante Xoán, irmán do rei, intentan conquista-la praza en 1294. Como unha frota aragonesa estaba a piques de chegar para rompe-lo asedio, os benimeríns intentan acelera-la rendición da praza capturando ó fillo de Guzmán e ameazando con matalo se o alcaide non rendía Tarifa. Segundo a lenda, Guzmán non só non se rendeu senón que ofreceu ós sitiadores o seu propio coitelo para que cumprisen a súa ameaza, cousa que fixeron, xesto heroico que lle gañou o alcume "O Bo".
O asedio fracasou finalmente, e Guzmán seguiu combatendo contra os musulmáns no sur de España ata a súa morte na Serranía de Ronda.