Altenburg
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Turinxia | ||||
Rural district of Thuringia (en) | Terra de Altemburgo (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 31.580 (2023) (691,18 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 45,69 km² | ||||
Altitude | 202 m | ||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 04600 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 03447 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | stadt-altenburg.de |
Altenburg é a capital do distrito de Altenburg Land, no estado de Turinxia, Alemaña. Tiña 37.530 habitantes no ano 2006.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira mención da cidade data do ano 976 nunha referencia ao castelo construído por Odón II, como un enclave alemán nunha rexión predominantemente eslava.
A apertura da estrada imperial entre Halle e Cheb en Bohemia, aumentou a importancia económica de Altenburg. O primeiro castelo foi destruído despois da batalla de Hohenmölsen entre Henrique IV e Rodolfo de Suevia, foi reconstruído nas aforas da cidade. A mediados do século XII, os emperadores Stauffer promoveron a cidade de Altenburg como mercado e centro de cuñaxe e o emperador Federico I Barbarossa converteu a Altenburg con Colditz, Zwickau e Chemnitz na Terra Plisniensis. Altenburg e Chemnitz como cidades imperiais pretendías reducir a importancia de Leipzig gobernada polo Margrave de Meissen. Baixo Barbarossa a cidade medrou e construíronse numerosos edificios, en especial na área do mercado. Fundouse un priorado agostiño, e a igrexa rematou de se construír en 1172. A fins do século XII construíuse unha muralla. Con Zwickau e Chemnitz, Altenburg formou parte da Unión de cidades anti-Meissen. Despois da Batalla de Lucka en 1307 contra Federico I de Meissen, Altenburg incorporouse ás terras do Margrave de Meissen.
En 1485 pasou a formar parte dos dominios de Ernesto de Saxonia, dende entón Altenburg quedou historicamente conectada con Turinxia. En 1525 durante a revolta dos campesiños atacouse o mosteiro agostiño de Altenburg.
Entre 1603 e 1672 Altenburg converteuse na capital do ducado de Saxonia-Gotha-Altenburg. Cando o ducado se dividiu en 1826 Altenburg converteuse na capital de Saxonia-Altenburg. O último duque, Ernesto II de Saxonia-Altenburg, abdicou o 13 de novembro de 1918.
O estado libre de Saxonia-Altenburg uniuse con Turinxia en 1920. En 1952 Altenburg integrouse no distrito de Leipzig ata 1990 no que volveu a Turinxia de novo.
-
Mauritianum
-
Ernesto II de Saxonia-Altenburg
-
Teatro
-
Lindenau Museum
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Altenburg |