Saltar ao contido

Alvor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAlvor
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°07′43″N 8°35′38″O / 37.128708, -8.593942
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Faro
ConcelloPortimão Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie15,25 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude5 m-2 m Editar o valor en Wikidata
Santo padrónXesús de Nazaret Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal8500 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario

Páxina webjf-alvor.pt Editar o valor en Wikidata
Castelo de Alvor.

Alvor é unha vila e freguesía portuguesa do concello de Portimão.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A freguesía de Alvor ocupa unha extensión de 15 25 km², e no ano 2011 tiña unha poboación de 6 154 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 403,5 hab/km².

Alvor limita:

Evolución da poboación

[editar | editar a fonte]
Evolución da poboación da freguesía de Alvor (1864-2011)[1]
1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011
2 157 2 287 2 443 3 051 3 102 2 894 3 342 3 303 3 751 3 706 3 956 4 805 4 236 4 977 6 154

Patrimonio natural

[editar | editar a fonte]

Entre Portimão e Lagos sitúase a ría de Alvor, un amplo estuario, no que drenan as ribeiras de Odeáxere e Arão, a poñente, e as ribeiras do Farelo e Torre ao nacente, orixinadas nas Serras de Monchique e de Espinhaço de Cão. A zona lagunar encóntrase separada e protexida do mar por dúas linguas de area, a praia de Alvor, ao nascente, e a Meia-Praia ao poñente, rodeando dous promontorios.[2]

A área abarca unhas 17 00 hectáreas, e inclúe unha diversa variedade de hábitats de xestas, bosques e terras agrícolas, comprendendo o esteiro, dunas, pantanos e salinas.[3] A ría de Alvor incluíuse na Rede Natura 2000 debido á presenza de especies e hábitats que se consideran dignos de protección a nivel europeo.[4]

A Rede Natura 2000 recoñece a necesidade de protexer:

  • Hábitats prioritarios: lagoas costeiras, dunas costeiras fixas con vexetación herbácea.
  • Especies prioritarias: Thymus camphoratus.
  • Outras características de importancia para a UE: 13 hábitats, incluíndo o estuario, as salinas, as dunas. Especies: sapoconcho leproso (Mauremys leprosa), lontra (Lutra lutra) e Linaria algarviana (unha planta da familia das plantaxináceas).

Orixe: Idade Antiga

[editar | editar a fonte]

O nome Alvor está asociado ao de Portus Hannibalis, un porto fundado polo xeneral cartaxinés Haníbal Barca,[5][6] segundo menciona João de Barros]: "Alvor, vila no Reino do Algarve, sabia-se chamar Porto de Aníbal, como diz Florián de Ocampo".[7]

O asentamento creceu arredor do mar, preto do lugar chamado Vila Velha, onde unha cultura castrexa celta dominou a desembocadura do río durante a Idade do Ferro.[6]

É probábel que fose a colonia romana de Ipses, que foi autorizada a cuñar moeda, e foi absorbida durante a época romana.[6]

Idade Media

[editar | editar a fonte]
Unha vista do castelo de Alvor
A torre de Facho e a igrexa matriz, símbolos medievais da historia de Alvor

En 716, no curso da Invasión musulmá da Península Ibérica foi conquistada polos mouros e comezou a ser denominada Albur ou Alvor, nome da serra onde se construíu o castelo de Alvor,[8] do que quedan apenas vestixios.[6]

Alvor foi reconquistada polo rei Sancho I o 3 de xuño de 1189, coa axuda de cabaleiros cruzados,[6] pero foi retomada dous anos máis tarde polos musulmáns, e reconquistada definitivamente en 1250,[5] coa conquista do Algarve por Afonso III.[6] Foi econstruída polo rei Dinís en 1300.[6]

Idade Moderna

[editar | editar a fonte]

A vila serviu durante 500 anos como defensa costeira contra os ataques de piratas, até que foi destruída en 1755 polo terremoto e conseguinte tsunami que arrasou Lisboa.[6]

Por decreto de Afonso V, de 22 de maio de 1469 Alvor elevouse o condado, outorgándolle o título a Afonso, conde de Faro.[6] O título de conde de Alvor foi creado en 1683 por Pedro II, pero este título durou pouco tempo, extinguíndose e volvendo á coroa durante o Proceso dos Távoras, pola condena do 3º conde de Alvor, Francisco de Assis de Távora, que estivo implicado nunha conspiración contra o rei João II (en 1483-1484).

Durante o reinado de João II, Alvor continuou recibindo mecenado. O rei morreu o 25 de outubro de 1495 no palacio de Álvaro de Ataíde, despois de coller un calafrío en Monchique (a residencia situada na Rúa do Poço), situado preto dos supostos mananciais de augas termais de Caldas de Monchique).[5][6]

Pouco tempo despois, o príncipe rexente ordenou, en nome de Manuel I, a elevación de Alvor a "vila", o 28 de febreiro de 1495, o que se confirmou nun segundo diploma o 28 de decembro de 1498,[6] (estatuto que perdería a principios do século XIX).

Nas últimas décadas do século XV, Alvor foi un centro da comunidade xudía de Portugal.[Cómpre referencia]

Idade contemporánea

[editar | editar a fonte]

O pequeno municipio estaba constituído só pola vila e tiña, en 1801, 1 288 habitantes.[Cómpre referencia]

A freguesía é famosa por terse alí asinado o 15 de xaneiro de 1975 o chamado acordo de Alvor, entre o Goberno portugués xurdido da Revolución do 25 de abril, e os tres principais movementos de liberación de Angola, o MPLA, a UNITA e a FNLA, polo que se concedeu a independencia de Angola.[9][10]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Vista panorámica da ría de Alvor
  1. 1,0 1,1 Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - INE-piblicações.
  2. Ria de Alvor (en portugués).
  3. Grupo de Acompanhamento da Ria de Alvor, ed. (2012). "Ria de Alvor" (en portugués). Archived from the original on 19 de xuño de 2012. Consultado o 26 de setembro de 2019. 
  4. "Biodiversity in Algarve". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2018. Consultado o 26 de setembro de 2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Evans 2004, p. 470.
  6. 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 Rosa Sampaio, José (2011). "Resenha Histórica da Freguesia de Alvor". Alvor, Portimão: Junta Freguesia de Alvor. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2011. Consultado o 26 de setembro de 2019. 
  7. Barros, João de (1549): Libro das antiguidades e cousas notaueis de antre Douro e Minho, e de outras muitas de España e Portugal. Capítulo II.
  8. Antoine Augustin Bruzen de la Martinière (1768): Le grand dictionnaire géographique, historique et critique. Volume 2.
  9. Portal de Angola: Acordo de Alvor.
  10. Mensagem de Agostinho Neto ao povo angolano, 1975 Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine..

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]