Saltar ao contido

Amadeu Ferreira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAmadeu Ferreira
Nome orixinalAmadeu José Ferreira
Biografía
Nacemento29 de xullo de 1950 Editar o valor en Wikidata
Sendim, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte1 de marzo de 2015 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Deputado da Asemblea da República de Portugal
13 de xullo de 1982 – 1 de agosto de 1982

Circunscrición electoral: Lisboa

Datos persoais
Outros nomesFracisco Niebro, Marcus Miranda e Fonso Roixo
EducaciónUniversidade do Porto Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, lingüista, xornalista, poeta, escritor, profesor universitario, tradutor, político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Nova de Lisboa Editar o valor en Wikidata
Membro de
Linguaportugués, mirandés
Familia
FillosJosé Ferreira Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm2912480 Editar o valor en Wikidata


Amadeu José Ferreira, nado en Sendim o 29 de xullo de 1950 e finado en Lisboa o 1 de marzo de 2015, foi un profesor, avogado e escritor portugués que traballou pola revitalización lingüística do mirandés.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado academicamente no ámbito do Dereito, tamén publicou textos como Homicídio Privilegiado e Direito dos Valores Mobiliários, o seu traballo principal céntrase na lingua mirandesa. Na súa produción poética figuran Cebadeiros, Ars Vivendi / Ars Moriendi e Norteando. En prosa publicou La bouba de la Tenerie / Tempo de Fogo, Las Cuntas de Tiu Jouquin, Lhéngua Mirandesa - Manifesto an Forma de Hino e Ditos Dezideiros / Provérbios Mirandeses.[1]

Traduciu obras de varios tipos ao mirandés. Traduciu as obras de Horacio, Virxilio e Catulo, e os clásicos da literatura portuguesa como Os Lusíadas de Luís de Camões, e Mensagem de Fernando Pessoa. Tamén traduciu os catro Evanxeos canónicos e dous volumes de Astérix.[1]

Dentro do eido cultural e lingüístico, presidiu a Asociación da Lingua e Cultura Mirandesa (en mirandés: Associaçon de la Lhéngua i Cultura Mirandesa), así como a Academia de Letras de Trás-os-Montes. Tamén foi vicepresidente da Comisión do Mercado de Valores Mobiliarios portuguesa, membro do Consello Xeral do Instituto Politécnico de Braganza e profesor convidado da Facultade de Dereito da Universidade Nova de Lisboa. En 2004 foi nomeado comendador da Orde do Mérito da República Portuguesa.[1] Foi deputado na II lexislatura da Asemblea da República.[3]

Faleceu de cancro na cidade de Lisboa, onde residiu desde 1981 ata a data da súa morte.[4][5]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Borga, Marcos (1 de marzo de 2015). "Morreu Amadeu Ferreira, um dos maiores investigadores do mirandês". Expresso (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2018. Consultado o 07 de febreiro de 2018. 
  2. Costas, Xosé-Henrique (2 de marzo de 2015). ProLingua, ed. "Amadeu Ferreira, alma do mirandés". 
  3. Asemblea da República, ed. (7 de marzo de 2015). "XII Legislatura 4.ª sessão legislativa (2014-2015)" (en portugués). 
  4. Rodrigues, António Gonçalves (1 de marzo de 2015). "Morreu Amadeu Ferreira, um dos maiores divulgadores da língua mirandesa". Público (en portugués). 
  5. Gancedo, E. (9 de maio de 2009). "El gran ejemplo de Miranda". Diario de León (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2018. Consultado o 07 de febreiro de 2018.