Amado Granell
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de novembro de 1898 ![]() Borriana, España ![]() |
Morte | 12 de maio de 1972 ![]() Sueca, España ![]() |
Causa da morte | accidente de tráfico ![]() |
Lugar de sepultura | Cementiri de Sueca (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | militar, sindicalista ![]() |
Período de actividade | 1922 ![]() |
Carreira militar | |
Rango militar | tenente coronel ![]() |
Conflito | guerra civil española segunda guerra mundial ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
Amado Granell Mesado, nado en Borriana o 5 de novembro de 1898 e finado en Sueca o 12 de maio de 1972, foi un militar español do século XX. Participou na guerra civil española formando parte do Exército Republicano Español e pasou posteriormente ó norte de África, enrolándose na Lexión Estranxeira Francesa que combateu á Alemaña nazi durante a segunda guerra mundial.
Encabezou a columna de vehículos da 9.ª Compañía da 2.ª División Blindada, coñecida como "La Nueve", que, integrada por republicanos españois, foi a primeira unidade militar aliada que entrou en París trala a súa ocupación pola Wehrmacht.[1] Por isto apareceu na portada do diario Libération ó seguinte día da Liberación de París, reunido co líder da resistencia francesa Georges Bidault e o prefecto do Sena, malia que no titular indicábase que fora o capitán Raymond Dronne «o primeiro francés que chegou ó Concello» de París.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]Todas as referencias en castelán agás cando se indique o contrario.
- ↑ El Periodic «El periodista Rafael Torres presenta el libro en el que narra la vida de nuestro paisano Amado Granell Arquivado 04 de xullo de 2017 en Wayback Machine.» Consultado o 31 de maio de 2013.
- ↑ El Periodic «Trilles: “Amado Granell fue un hombre libre y utópico que luchó por sus ideales hasta las últimas consecuencias”» Consultado o 31 de maio de 2013.
- ↑ "El héroe valenciano que liberó París", El País, 10 de agosto de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Torres, Rafael. El hombre que liberó París. Amado Granell y la última Batalla de la República. Ediciones Temas de Hoy, S.A., 2007. ISBN 8484606139 (en castelán)
- Trilles, Basilio. El español de la foto de París. Inédita Editores, 2009. ISBN 8492400463. (en castelán)
- García, Cyril. "El valencià que va alliberar París". Austrohongaresa de Vapors, sl. 2016. ISBN 8494519116. (en castelán)
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |