Saltar ao contido

Amancio Caamaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Amancio Caamaño Cimadevila»)
Modelo:BiografíaAmancio Caamaño

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1894 Editar o valor en Wikidata
Negreira, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de novembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (41/42 anos)
A Caeira, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Presidente da Deputación de Pontevedra
1931 – 1931
← Bibiano Fernández Osorio-TafallVicente García Temes → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, médico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoIzquierda Republicana Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 24

Amancio Caamaño Cimadevila, nado en Negreira en 1894 e finado en Poio o 12 de novembro de 1936, foi un médico e político galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En Santiago de Compostela licenciouse en Medicina e Veterinaria e foi profesor de piano. En 1922 asentouse en Pontevedra onde foi propietario dun importante sanatorio rematado en 1931. Foi director do Hospital Provincial de Pontevedra.

Maquieira, daquela presidente da Deputación, Castelao e Caamaño, daquela Gobernador Civil, en 1934.

En 1930 foi elixido presidente da Xunta Directiva fundacional do Centro Republicano de Pontevedra, permaneceu no cargo ata xuño de 1931. Foi un dos asinantes do manifesto fundacional da Federación Republicana Gallega e formou parte do seu Comité Executivo.

Nomeado membro da Comisión Xestora da Deputación Provincial de Pontevedra, o 25 de maio de 1931 foi elixido presidente da Deputación. Nas eleccións xerais de 1933 foi candidato do Partido Republicano Gallego, pero non saíu elixido. Ingresou despois en Izquierda Republicana, sendo un dos representantes galegos elixidos para participar a asemblea fundacional de IR en Madrid. Foi Gobernador Civil de Pontevedra até febreiro de 1936, en xaneiro abandonara IR por estar en desacordo coa formación da coalición da Fronte Popular.

Placa en Pontevedra en memoria dos fusilados o 12-11-1936.

Foi o principal doador da provincia pontevedresa para as vítimas da Revolución de Asturias de 1934, ademais de cooperar co Socorro Vermello Internacional. Foi presidente da Sociedad Recreo de Artesanos de Pontevedra.

Logo da sublevación militar, foi detido o 24 de xullo e recluído na Prisión Provincial establecida na Escola Normal. Foi destituído da súa praza de médico. Procesado e condenado a morte, foi fusilado na Caeira o 12 de novembro. O seu sanatorio e bens foron incautados. Nos anos corenta, logo dun longo proceso, fóronlle restituídos á familia.


Predecesor:
Bibiano Fernández Osorio-Tafall
 
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1931
Sucesor:
Vicente García Temes

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en 1920 con Matilde Caamaño Pato,[2] irmá de Alfredo e Manuel Caamaño Pato, coa que tivo tres fillos: Matulas, Milocha e Amancio.

Querela arxentina contra os crimes do franquismo

[editar | editar a fonte]

En 2019 a súa familia incorporouse á Querela arxentina contra os crimes do franquismo.[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]