Saltar ao contido

Amaranthus muricatus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Amaranthus muricatus é unha especie herbácea cosmopolita pertencente á familia Amaranthaceae.

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha herba perenne, rizomatosa, que crece prostrada sobre o chan, con talos esbrancuxados. Forma unha panícula de flores terminais, pentámeras ou tetrámeras, raramente trímeras. Froitos fortemente rugosos na madurez. Orixinaria de América do Sur.[1]

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

É nativa de América do Sur e foi introducida na rexión do mediterráneo occidental. En España atópase na metade este peninsular, onde é relativamente frecuente como ruderal en lugares acedos e básicos. Escasa no centro e norte.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Amaranthus muricatus foi descrita por (Moq.) Hieron. e publicada en Boletín de la Academia Nacional de Ciencias, Córdoba, Arxentina (2): 421. 1882.[3]

Etimoloxía

amaranthus: nome xenérico que procede do grego amaranthos, que significa "flor que non murcha".

muricatus: epíteto que procede do latín murex, que é o nome dun molusco con cuncha con moitos picos, aludindo aos froitos rugosos.[4]

Sinonimia
  • Amaranthus muricatus var. latifolius Sennen
  • Amaranthus muricatus var. tenuifolius Sennen
  • Euxolus muricatus Moq. en DC. basónimo[5][6]