Amaro
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Amaro (homónimos).
Amaro[1] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o latín Amarus, con moita tradición na onomástica galega medieval co derivado Amarellus (que deu lugar ó topónimo Amarelle).[1]
En xaneiro de 2023 existían 121 varóns en Galicia co nome Amaro, cunha media de idade de 32,6 anos.[2]
Historia do nome
[editar | editar a fonte]A orixe do nome é literaria e difundiuse durante a Idade Media coa Vida de santo Amaro, unha historia dunha viaxe a través do mara ata o Paraíso, durante a cal ten moitas aventuras. Nesta historia recóllense lendas de tradicións pagás, como a de san Brandán, polo cal se lle supuxo orixe céltica.[1]
Na literatura galega tivo sona O bendito San Amaro,[3] obra de Ramón Cabanillas ilustrada por Castelao.
Noutras linguas
[editar | editar a fonte]- Amar: catalán
- Amaro: castelán, portugués
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Santo Amaro, figura relixiosa presente na tradición lendaria celta-galega como santo Amaro, baseada nun peregrino francés a Compostela do século XIII. Tamén podería basearse en:
- Amaro de Anjou (ou San Mauro de Anjou), discípulo de San Bieito de Nursia, e que fundou o primeiro mosteiro bieito da historia de Francia.
- Amaro González, relixioso galego do século XVI.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Nome Amaro na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ Lingua galega e literatura. Anaya. 2012.