Lista de nomes masculinos en galego
Aparencia
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A
[editar | editar a fonte]- Aarón. Exipcio. Alta montaña, de grande nome.
- Abdón. Hebreo. Servo de Deus.
- Abel. Hebreo. Fillo, efémero.
- Abelardo. Hebreo + xermano. Fillo nobre e forte.
- Abilio. Latín. Esperto.
- Abrahán. Hebreo. Pai da multitude, das xentes.
- Abril. Do latín aprilis, nome que os romanos daban os fillos nados no mes de abril.
- Abundio. Latín. Abundante, pletórico.
- Acacio. Grego. Bo.
- Acisclo. Latín. Canteiro ou martelo pequeniño.
- Adalberto. Xermano. Totalmente nobre.
- Adán. Hebreo. Feito de terra.
- Adelardo. Xermano. Nobre e forte.
- Ademar. De etimoloxía incerta, pénsase que procede do antigo alemán athal (nobre) e marus (célebre).
- Adolfo. Xermano. Lobo ou guerreiro ilustre.
- Adonis. Grego. Señor.
- Adrán. Celta ou etrusco a través do latín Hadrianus, sobrenome dunha estirpe romana da cidade de Hadria (Italia), tamén orixe do nome do Adriático. A orixe parece ser etrusca. Podería estar tamén ligada a un Ariainn das linguas célticas (divindade relacionada co pastoreo e a agricultura). Variantes: Adrao, Adrián, Adriano, Hadrián, Hadriano.
- Afonso. Xermano. Preparado para o combate.
- Afrodisio. Grego. Amoroso.
- Agapito. Grego. Amábel, digno de ser amado.
- Agatón. Grego. Home bo.
- Agostiño. Latín. Xentilicio derivado de Augusto, consagrado polos augures.
- Agripino. Latín. Da familia romana de Agripa, que naceu de pé.
- Airas. Galaico-xermánico. Antigo nome galego, frecuente na época medieval, pero de orixe escura. Para uns deriva dun topónimo Airas (procedente de areas, ‘currais das casas’, ou de agras); para outros, está relacionado coa raíz prelatina ar-, ‘val’, ou con anas, ‘río’. Variante: Arias.
- Aitor. Vasco. Pai.
- Aladino. Árabe. Posuído pola fe.
- Alan. Celta. Harmonía.
- Alarico. Xermano. Riquísimo.
- Alban. Latín. Natural de Alba Longa, zona de Italia.
- Albano. Latín. Natural de Alba Longa, zona de Italia.
- Alberte. Xermano. Brillante pola súa nobreza ou totalmente nobre.
- Albino. Latín. Branco. / Xermano. Amigo dos Elfos.
- Alceo. Grego. Forte.
- Alcibiades. Grego. Vida forte.
- Aladair. Celta. Carballeira.
- Aldán. Xermano-galego. Da parroquia de Aldán, nomeada así polo posuidor medieval das terras. Pode significar "tempo, época" ou "vello".
- Aldo. Xermano-galego. Vello, esperto.
- Aleixo. Grego. Defensor, protector.
- Alén. Latín. De alí.
- Alexandre. Grego. Home que defende algo, defensor, que rexeita o inimigo.
- Alexis. Grego. Defensor, protector.
- Alfeo. Grego. O primeiro.
- Alfredo. Xermano. Gobernante pacífico; consello dos Elfos, protectores bos.
- Álvaro. Xermano. Moi atento; nobre gardián.
- Amable. Latín. Amábel, digno de ser amado.
- Amadeu. Latín. Que ama a Deus.
- Amadis. Latín. Devoto.
- Amado. Latín. Amado.
- Amador. Latín. Que ama.
- Amancio. Latín. Que debe ser amado.
- Amando. Latín. Digno de ser amado.
- Amaro. Celta. Inmortal. Ou latín: Mouro; da Mauritania.
- Ambollo. Galaico. Nome céltico-galaico lucense masculino (aparecido en inscricións).
- Ambrosio. Grego. Inmortal, de natureza divina.
- Amede. Galaico. De etimoloxía escura, talvez relacionada coa palabra grega mammé, ‘nai’. Por etimoloxía popular asociouse ao vocábulo latino mamma (‘mama, teta’), de aí que Santo Amede se convertese en avogado das amas de cría. Variante: Amedio, Mamedio, Mamede.
- Américo. Latín. Pertencente á cidade latina de Ameria.
- Amilcar. Fenicio. Irmán do deus Melkar, o rei da cidade.
- Amir. Árabe. Príncipe.
- Amos. Hebreo. Deus protexeute.
- Anacleto. Grego. Invocado.
- Anastasio. Grego. Resurrección.
- Anatolio. Grego. Oriental.
- Andeca. Galaico. Antigo nome galego de orixe prerromana descoñecida. Foi nome dun dos reis suevos de Galicia no século VI.
- André. Grego. Viril.
- Aniano. Latín. Consagrado a Anna Perenna, deusa do ano.
- Aniceto. Grego. Invicto, non vencido.
- Anisio. Grego. Perfumado; que ole como o fiúncho.
- Ansur. Galaico. Antigo nome galego co significado de uro (especie de bóvido xa extinguida) de Deus’, quizais en referencia a un animal sagrado. Tamén hai quen o considera un nome indíxena relacionado con Suario e de onde derivaron Sueiro e Suárez.
- Anselmo. Xermano. Helmo protector, helmo divino; que ten protección divina.
- Antenor. Grego. Que combate cos homes.
- Anteo. Grego. Adversario, contrincante.
- Antero. Grego. Que reflicte amor.
- Antíoco. Grego. Que resiste contra; que está firme en...
- Antoíño. Grego (a través do latín). Florido.
- Antonio. Grego (a través do latín). Florido.
- Antón. Grego (a través do latín). Florido.
- Anxelo. Grego. Mensaxeiro.
- Anxo. Grego. Mensaxeiro.
- Aparicio. Latín. Aparición.
- Apilo. Galaico. Nome céltico-galaico bracarense masculino (aparecido en inscricións).
- Apolinario. Grego. Consagrado a Apolo.
- Apolo. Grego. Forte, potente, dador de vida.
- Apolodoro. Grego. Regalo do deus Apolo.
- Apolonio. Grego. Consagrado a Apolo.
- Aquiles. Grego. Lobo espantoso.
- Aquilino. Latín. Relativo á familia de Aquiles; da natureza da aguia.
- Arcadio. Grego. Natural da Arcadia, provincia grega do Peloponeso.
- Arcuo. Galaico. Nome céltico-galaico bracarense masculino (aparecido en inscricións).
- Arduíno. Xermano. Amigo forte.
- Ares. Grego. Deus da guerra.
- Arias. Galaico-xermánico. Antigo nome galego, frecuente na época medieval, pero de orixe escura. Para uns deriva dun topónimo Airas (procedente de areas, ‘currais das casas’, ou de agras); para outros, está relacionado coa raíz prelatina ar-, ‘val’, ou con anas, ‘río’. Variante: Airas.
- Ariel. Hebreo. León de Deus.
- Aristides. Grego. O mellor.
- Aristóbulo. Grego. Moi distinguido no consello.
- Arquilo. Galaico. Nome céltico-galaico bracarense masculino (aparecido en inscricións).
- Arlindo. Xermano. Forte e doce.
- Armando. Xermano. Home valoroso, ousado.
- Arnaldo. Xermano. Aguia forte.
- Arnolfo. Xermano. Aguia forte.
- Arnulfo. Xermano. Aguia e lobo; gobernante e guerreiro.
- Arsenio. Grego. Viril, propio de homes.
- Artai. Celta-galaico. Fillo de Brigo, primeiro poboador ártabro. Na historia mítica galega (popularizada por historiadores decimonónicos coma Benito Vicetto) foi o fillo máis vello do primeiro poboador de Galicia, Brigo. Disque el foi o proxenitor do pobo dos ártabros, que se espallou polas mariñas betanceiras cara ao cabo de Fisterra, e que lle deu nome á vila de Arteixo. Tivo unha filla chamada Celt, proxenitora da raza celta. Variantes: Artei, Arteigo.
- Artur. Celta ou latín. Coidador da constelación da Osa. De orixe moi discutida, relacionouse con palabras celtas como artos, ‘oso’, ou art, ‘pedra’; outros estudosos apuntan a unha orixe latina no nome dunha gens chamada Artorios, Arctorius ou Arcturius.
- Artús. Grego. Coidador da constelación da Osa.
- Arximiro. Xermano. De nobre berce.
- Asdrúbal. Fenicio. Regalo do deus Baal.
- Astor. Xermano. Lanza.
- Atanasio. Grego. Inmortal.
- Ataúlfo. Xermánico. Lobo nobre.
- Ático. Grego. Natural da Ática.
- Atilano. Xermano. Propio de Atila, pai, rei dos Hunos.
- Augusto. Latín. Consagrado polos augures ou adiviños.
- Aureliano. Latín. Brillante como un sol.
- Aurelio. Latín. Brillante, da cor do ouro.
- Avelino. Xermano. Desexado ardentemente.
- Axel. Escandinavo. Significado descoñecido.
B
[editar | editar a fonte]- Balbino. Latín. Pertencente á familia romana Balba; tatexo, que balbucea.
- Baldomero. Xermano. Audaz ou valente protector.
- Balduíno. Xermano. Amigo valente.
- Baltasar. Asirio. Que o deus Baal protexa ao rei.
- Bardo. Celta. Poeta.
- Bartolomeu. Hebraico. Moi engurrado; fillo de Tolomeo. Variantes: Bertomeu, Bartolo.
- Baruc. Hebreo. Bendito.
- Basileo. Grego. Rei.
- Basilio. Grego. Rei, real.
- Basiliano. Grego. Relativo ao rei.
- Bastián. Grego. Venerábel.
- Baudilio. Celta e latín. Vencedor.
- Bautista. Grego. O que bautiza.
- Belarmino. Xermano. Protector decidido.
- Beltaine. Celta. Lume brillante.
- Beltrán. Xermano. Famoso defensor.
- Benigno. Latín. Bondadoso.
- Benedito. Latín. Ben nomeado, bendito.
- Benvido. Latín. Benvido.
- Benxamín. Hebreo. Fillo predilecto.
- Berenguel. Xermano. Lanceiro; guerreiro preparado.
- Berenguer. Xermano. Lanceiro; guerreiro preparado.
- Bernabeu. Hebreo. Fillo da profecía, profeta.
- Bernal. Xermano. Oso forte.
- Bernaldino. Xermano. Oso forte.
- Bernaldo. Xermano. Oso forte.
- Berto. Xermano. Ilustre, famoso, brillante.
- Bertomeu. Hebraico. Moi engurrado; fillo de Tolomeo.
- Bertrán. Xermano. Escudo brillante, escudo famoso. Do xermánico Berhtram ou Berahthraben, de berht, ‘brillo’, e hramn ou hra- ben, ‘corvo’, latinizado despois en Bertranus. Na mitoloxía xermánica, os corvos acompañaban a Odín e simbolizaban a memoria e a intelixencia. Variante: Beltrán.
- Bieito. Latín. Ben nomeado, bendito.
- Boaventura. Latín. Bo augurio, boa sorte.
- Bonifacio. Latín. Benfeitor, que fai o ben.
- Boris. Ruso. O que conquista a gloria combatendo.
- Borno. Galaico. Nome céltico-galaico bracarense masculino (aparecido en inscricións).
- Brais. Latín. Tatexo, que tatexa ou balbucea.
- Bran. Celta-galaico. Deus mitolóxico galaico.
- Brandán. Celta-galaico. Personaxe lendario que emigra mar adiante. Do celta Brenainn, nome dun santo irlandés do século VI, latinizado como Brendanus e Brandanus. Variante: Barandán.
- Brandomil. Xermano. Célebre.
- Brath. Galaico. Pai de Breogán, segundo as sagas célticas. El foi quen logrou establecerse no territorio galego, despois de loitar coas tribos existentes no país. Variante: Brath.
- Braulio. Xermano. Lume, espada.
- Breixo. Latín. Moi certo.
- Bréixome. Latín. Moi certo.
- Breogán. Celta-galaico. Xefe dos celtas, habitantes de Galiza.
- Brian. Celta. O forte.
- Britón. Xermano. Orixinario da Bretaña.
- Bruño. Xermano. De cor escura, tendente a negra.
C
[editar | editar a fonte]- Cadrolón. Galaico. Nome céltico-galaico bracarense masculino (aparecido en inscricións).
- Caelo. Galaico. Nome céltico-galaico bracarense masculino (aparecido en inscricións).
- Caetano. Latín. Relativo a Caio, alegre. Variantes: Quitián, Quitán, Quiatán, Caitán, Caetán.
- Caio. Latín. Alegre. / Etrusco. Gabián.
- Caitán. Latín. Relativo a Caio, alegre.
- Calímaco. Grego. Belísimo combatente.
- Calisto. Grego. Belísimo, o máis belo.
- Calveno. Galaico. Nome céltico-galaico bracarense masculino (aparecido en inscricións).
- Camalo. Galaico. Nome céltico-galaico bracarense masculino (aparecido en inscricións).
- Camilo. Etrusco. Ministro de Deus, sacerdote.
- Campio. Grego. Que dá alegría / Latín. Labrego, campesiño.
- Cándido. Latín. Branco, sen malicia.
- Canuto. Escandinavo. Vencello, nó; atrevido, valente.
- Caralampio. Grego. Que dá alegría.
- Carlos. Xermano. Home libre, home, viril.
- Carmelo. Hebreo. Viña, xardín. / Latín. Canto ou poema.
- Casandro. Grego. O que axuda ao home.
- Casiano. Latín. Distinguido, esplendoroso.
- Casildo. Árabe. Cantiga.
- Casimiro. Xermano. O que impón a paz.
- Casio. Latín. Excelso, ilustre.
- Casto. Latín. Puro, virtuoso, casto.
- Castor. Latín. Castor, animal.
- Catulo. Latín. Perspicaz, intelixente.
- Caturón. Galaico. Nome céltico-galaico bracarense masculino (aparecido en inscricións).
- Cecilio. Latín. Cego, curto de vista.
- Ceferino. Latín. Relativo ao vento Céfiro, o que porta a vida.
- Celestino. Latín. Do ceo.
- Celidonio. Grego. Parecido á andoriña.
- Celio. Latín. Relativo ao ceo.
- Celso. Latín. Relativo ao ceo.
- César. Latín. Con moito pelo.
- Cesáreo. Latín. Relativo ao César.
- Cibrán. Latín. Habitante de Chipre.
- Cibrao. Latín. Habitante de Chipre.
- Cidre. Grego. Derivación do nome grego Isídoros, ‘don da deusa Isis’. Variantes: Sidre, Sidro, Isidro.
- Cilistro. Latín. Pertencente ou relativo ao ceo.
- Ciríaco. Grego. Derivado de Ciro, sol ou señor.
- Cirilo. Grego. Divino.
- Ciro. Persa. Sol, deus.
- Claudio. Latín. Da familia Claudia, coxo.
- Clemente. Latín. Clemente.
- Clemenzo. Latín. Clemente.
- Cleofás. Grego. De glorioso pai.
- Cleto. Grego. Invocado.
- Clodio. Latín. Da familia Claudia, coxo.
- Columbano. Latín. Pertencente á familia Colombo, pombo.
- Conan. Celta. Piadoso.
- Conrado. Xermano. Consello de ousado ou atrevido.
- Constante. Latín. Firme, inquebrantábel.
- Constantino. Latín. Moi constante, perseverante.
- Cornelio. Latín. Abundante.
- Cosme. Grego. Universo; disposto en orde.
- Cosmede. Grego. Universo; disposto en orde.
- Covade. De Cucuphate, nome de orixe escura, quizais derivado de Cucufa, ‘cofia’, co significado de ‘que leva cofia, encapuchado’.
- Crisanto. Grego. Flor dourada.
- Crisóstomo. Grego. De boca de ouro.
- Crispín. Latín. De cabelo crecho.
- Cristian. Latín. Cristián, unxido, discípulo de Cristo.
- Cristovo. Latín (do grego). Portador de Cristo.
- Cucufate. Latín. Encarrapuchado.
- Custodio. Latín. O anxo gardián, coidador.
D
[editar | editar a fonte]- Daciano. Latín. Orixinario da Dacia.
- Dacio. Latín. Orixinario da Dacia.
- Dagaredo. Galaico-xermánico. Antigo nome galego de orixe xermánica, de dags, ‘día’, e reths, ‘consello’.
- Dagoberto. Xermano. Día brillante.
- Dalmacio. Latín. Orixinario da Dalmacia.
- Dalmiro. Xermano. Ilustre pola súa beleza.
- Dámaso. Grego. Domado, amansado.
- Damián. Grego. O que domina, dominador.
- Daniel. Hebraico. Deus é o meu xuíz.
- Dante. Latín. Firme, duradeiro.
- Darío. Persiano. Activo, posuidor do ben.
- David. Hebraico. Estimado.
- Delfín. Grego. Golfiño; besta feroz.
- Delio. Grego. Orixinario da illa de Delos.
- Demetrio. Grego. Devoto de Demeter, deusa da agricultura.
- Denís. Grego. Consagrado a Dioniso, divindade do viño, das festas e da alegría.
- Deogracias. Latín. Grazas a Deus.
- Desiderio. Latín. Desexábel, aspiración.
- Devin. Celta. Poeta.
- Diego. Hebraico. O segundo, o fillo segundo. Variantes: Xácome, Xacobe, Tiago, Iago, Xaime, Santiago.
- Digno. Latín. Digno.
- Dimas. Grego. Que está a morrer, feble.
- Dinís. Grego. Consagrado a Dioniso.
- Dino. Grego. Forte.
- Diodoro. Grego. Regalo de Deus.
- Diomedes. Grego. Pensamento de Deus.
- Dióxenes. Grego. Nacido de Xúpiter; xerado por Deus.
- Domiciano. Latín. Domesticado.
- Domingos. Latín. Pertencente ao señor.
- Domitilo. Latín. Domesticador.
- Donato. Latín. Dado a Deus, dedicado a Deus.
- Doroteo. Grego. Regalo de Deus.
- Dositeo. Grego. Regalo de Deus.
- Dovilo. Galaico. Nome céltico-galaico bracarense masculino (aparecido en inscricións).
- Duardos. Xermano. Glorioso gardián.
- Duarte. Xermano. Caudillo, gardián glorioso.
E
[editar | editar a fonte]- Ecequiel. Hebreo. Deus dá as forzas.
- Edelmiro. Xermano. Famoso pola súa nobreza.
- Edesio. Latín. Digno de respecto.
- Edmundo. Xermano. Protector da riqueza ou da vitoria.
- Efraín. Hebreo. Vizoso, abundante.
- Efrén. Hebreo. Vizoso, abundante.
- Eleazar. Hebreo. Deus axuda, Deus veu na nosa axuda.
- Eleuterio. Grego. Liberador, libre.
- Elías. Hebreo. Referencia á divindade, Iahvé é Deus.
- Elisardo. Xermano. Forte.
- Eliseu. Hebreo. Deus é a miña salvación.
- Elixio. Latín. Elixido.
- Eloi. Francés-xermano. O elixido.
- Elpidio. Grego. Portador de esperanza.
- Emeterio. Latín. Defensor, rexeitador, recompensado.
- Emiliano. Latín. Pertencente á familia romana Emilia, imitador.
- Emilio. Latín. Pertencente á familia romana Emilia, imitador.
- Eneas. Grego. Glorioso.
- Epifanio. Grego. Aparición, manifestación.
- Erasmo. Grego. Amado, desexado.
- Ernesto. Xermano. Firme, tenaz.
- Ero. Xermano-galaico. Espada; monxe do mosteiro da Armenteira.
- Estanislau. Polaco. Gloria eminente.
- Estevo. Grego. Coroado de loureiro; vitorioso.
- Etelvino. Xermano. Nobre vitorioso.
- Eudosio. Grego. De boa opinión, recto.
- Eufemio. Grego. Favorábel, eloxioso, de bo agoiro.
- Eufrasio. Grego. Alegría, ledicia, bo humor.
- Euloxio. Grego. Que fala ben.
- Eusebio. Grego. Respectuoso cos deuses.
- Eustaquio. Grego. Ben construído, fecundo.
- Eutelo. Grego. Forte, liberador. Variante: Outelo.
- Euxenio. Grego. Ben nacido, nobre. Variante: Uxío, Euxeo.
- Euxeo. Grego. Ben nacido, nobre. Variante: Uxío, Euxenio.
- Evaristo. Grego. Servizal, bo entre os mellores.
- Evencio. Latín. Famoso polo seu éxito.
- Exidio. Grego. Cabrito.
- Exiquio. Latín. Culto, cerimonia.
- Exuperancio. Latín. Abundancia.
- Ezequiel. Hebreo. Forza de Deus.
F
[editar | editar a fonte]- Fabián. Latín. Da familia Fabia; faba.
- Fabiano. Latín. Da familia Fabia; faba.
- Fabio. Latín. Da familia Fabia; faba.
- Fabricio. Latín. Artesán.
- Facundo. Latín. Elocuente, falador.
- Farruco. Xermano. O que quere ser libre.
- Faustino. Latín. Relativo a Fausto; favorábel, feliz.
- Fausto. Latín. Favorábel, feliz.
- Faxildo. Xermano. Imposto.
- Fedro. Grego. Ilustre.
- Feliciano. Latín. Que ten felicidade ou sorte, contento; fértil. Variantes: Fiz, Fins, Felicio.
- Felicio. Latín. Que ten felicidade ou sorte, contento; fértil. Variantes: Fiz, Fins, Feliciano.
- Fernán. Xermano. Intelixente ou atrevido na paz.
- Ferreol. Latín. Ferro.
- Fidel. Latín. Fiel.
- Filemón. Grego. Moi amábel, moi afectuoso.
- Filiberto. Xermano. Moi ilustre, ilustrísimo.
- Filipe. Grego. Amigo dos cabalos.
- Filomeno. Grego. Amigo dos cantos; rousinol.
- Filoteo. Grego. Que ama a Deus.
- Fineas. Celta. Oráculo.
- Fins. Latín. Feliz, contento; fértil. Variante: Fiz, Félix.
- Firmín. Latín. Firme, seguro.
- Firmino. Latín. Firme, seguro.
- Fiz. Latín. Feliz, contento; fértil. Do latín felix, felicis, ‘frutífero, fértil, fecundo’ e despois ‘favorito dos deuses’, de onde se derivou o significado de ‘feliz’. Variantes: Fins, Félix.
- Flaviano. Latín. Louro.
- Flavio. Latín. Louro.
- Floreal. Francés. Florido.
- Florencio. Latín. Florecente, brillante, resplandecente.
- Florentino. Latín. Brillante.
- Florián. Latín. Pertencente á deusa Flora.
- Fluvio. Latín. Rubio, louro.
- Fortunato. Latín. Afortunado.
- Francisco. Xermano. O que quere ser libre.
- Franquila. Xermano. Pertencente ao pobo dos Francos.
- Frederico. Xermano. Príncipe da paz, que domina coa paz.
- Froilán. Xermano. Terra do señor.
- Froitoso. Latín. Vizoso, abundante, fértil.
- Fuco. Xermano. O que quere ser libre.
G
[editar | editar a fonte]- Gabino. Latín. Da cidade de Gabio, no Lacio.
- Gabriel. Hebraico. Home de Deus; forza de Deus.
- Gael. Galés. Ser mitolóxico.
- Galez. Galaico. Xentilicio dos galaicos.
- Galo. Latín. Poderío./ Xermano. Home da tribo dos Galos; da Galia.
- Galván. Do bretón Gwualchmei, adaptado ao francés antigo como Gauvain. A forma primitiva deste nome era irlandesa, Coemgen, ‘nacemento feliz’. O que naceu feliz ou contento.
- Gaspar. Persiano. Administrador do tesouro.
- Gastón. Xermano. Estranxeiro, inimigo.
- Gaudencio. Latín. Gozar, estar alegre, sentir pracer.
- Glauco. Grego. Verde, da cor do mar.
- Glen. Celta. Val estreito e boscoso, cavorco.
- Godofredo. Xermano. Amizade de Deus, pacto con Deus.
- Gonzalo. Xermano. Home disposto para a loita.
- Gordon. Celta. Outeiro.
- Gorecho. Grego. Vixiante.
- Goter. Do xermánico walthari, ‘que manda no exército’. Variantes: Goterre, Gualterio.
- Gracián. Latín. Cheo de graza.
- Gregorio. Grego. Vixiante, esperto.
- Gualterio. Xermano. O que manda o pobo na guerra. Variante: Goter.
- Guido. Xermano. Tronco, foresta; vital.
- Guillén. Xermano. Helmo protector.
- Guillerme. Xermano. Helmo protector.
- Guimar. Galaico-xermano. Nome medieval procedente do xermánico Wimara, de significado pouco claro, quizais ‘cabalo de batalla’. Variantes: Guímara, Vímara, Vimar, Vimarasio.
- Gumersindo. Xermano. Home forte.
- Gundar. Xermano. Loitador forte. Probablemente do antigo nome xermánico Guntard, composto do verbo *gunthi, ‘loitar’, Variante: Gondar.
- Gustavo. Xermano. Cetro do rei, báculo dos Godos.
- Guterre. Xermano. Que goberna o exército.
- Gutier. Xermano. Que goberna o exército.
H
[editar | editar a fonte]- Hades. Grego. Invisíbel.
- Hadrán. Latín. Nacido na Hadria.
- Hadrao. Latín. Nacido na Hadria.
- Hadrián. Latín. Nacido na Hadria.
- Hadriano. Latín. Nacido na Hadria.
- Haníbal. Fenicio. Graza, favor do deus Baal.
- Haroldo. Xermano. Guía do exército.
- Heitor. Do grego Héktor, que, tradicionalmente, se interpreta como ‘rexedor (do pobo)’. Tamén podería significar ‘persoa formada’.
- Heladio. Grego. Nativo da Hélade, Grecia.
- Helenio. Grego. Facho.
- Heli. Hebreo. Deus é grande.
- Helio. Grego. Sol.
- Heliodoro. Grego. Regalo do sol.
- Henrique. Xermano. Rico en leiras, señor na súa patria. O segundo elemento que o forma é rik, ‘poderoso’, ‘señor’, pero sobre o primeiro hai dúas hipóteses: podería ser haim (‘casa’, ‘terra’) e daquela significaría ‘dominador da súa terra’, ou ben ein (‘único’ ou ‘sempre’) e daquela significaría ‘señor único’ ou ‘que é sempre señor’. A primeira hipótese xustifica as formas con hache inicial que atopamos en diferentes linguas, en tanto que a segunda xustifica as formas sen hache.
- Heraclio. Grego. Descendente de Heracles, forzudo.
- Heráclito. Grego. Descendente de Heracles, forzudo.
- Hércules. Latín. Correspondente ao deus grego da forza; Heracles.
- Heriberto. Xermano. Exército famoso.
- Hermenexildo. Xermano. Potente, valoroso e prudente.
- Hermes. Grego. Mensaxeiro.
- Herminio. Xermano. Grande, forte.
- Hermóxenes. Grego. Da familia do deus Hermes; xerado por Hermes.
- Herodes. Grego. Gobernante.
- Herve. Xermano. Activo no combate.
- Hidacio. Grego. Pedra preciosa.
- Hilario. Grego. Ledo, alegre.
- Hilarión. Grego. Ledo, alegre.
- Hipólito. Grego. O que libera os cabalos.
- Hixinio. Grego. Vigoroso, san.
- Hogán. Celta. Novo, de pouca idade.
- Homero. Grego. Cego.
- Honesto. Latín. Honorábel, honrado, virtuoso.
- Honorato. Latín. Honrado, apreciado.
- Honorio. Latín. Honorábel.
- Honorino. Latín. Honorábel.
- Horacio. Latín. Servo de Deus.
- Hugo. Xermano. Intelixencia, bo sentido.
- Humberto. Xermano. Famoso oso xigante.
I
[editar | editar a fonte]- Iago. Hebraico. O segundo, o que ven detrás. Podería derivar tamén do medieval Diago/Diego, pero parece máis verosímil que sexa unha das evolucións galegas de Iacob, cuxo significado máis probable é ‘Deus protexeu’. Variantes: Xácome, Xacobe, Santiago, Tiago, Xaime, Diego.
- Ifixenio. Grego. Forte desde o seu nacemento.
- Ignacio. Grego. Relacionado co lume, ardente, fogoso.
- Igor. Xermano. Espada afiada.
- Ildefonso. Xermano. Totalmente preparado para o combate.
- Imaro. Xermano. Glorioso.
- Indalecio. Xermano. Forza.
- Inocencio. Latín. Inocente, puro, sen culpa.
- Inocente. Latín. Inocente, puro, sen culpa.
- Íñigo. Vasco. Caeira do monte.
- Ireneu. Grego. Dedicado á deusa da paz.
- Isaac. Hebreo. Rapaz alegre, que Deus te considere con benevolencia.
- Isacio. Grego. Igualdade.
- Isaías. Hebreo. Iahvé salva, Iahvé é a salvación.
- Isidoro. Grego. Regalo da deusa exipcia Isis.
- Isidro. Grego. Regalo da deusa exipcia Isis.
- Ismael. Hebreo. Deus escoita.
- Israel. Hebreo. Forza de Deus.
- Ítalo. Latín. De Italia.
- Itamaro. Xermano. Guerreiro ilustre.
- Ite. Gaélico. Nome celta tomado da mitoloxía irlandesa e aceptado na historia mítica de Galicia. É un dos fillos de Breogán, que divisou Irlanda desde o máis alto do faro de Brigantia (A Coruña) e embarcou cara a ela. Variante: Ith.
- Ith. Gaélico. Un dos fillos de Breogán. Variante: Ite.
- Iván. Hebreo (a través do ruso). Deus é bondadoso.
- Ivo. Xermano ou celta. Teixo, glorioso. Adaptación latina dun nome de orixe céltica formada por ivos, ‘madeira de teixo (árbore sacra)’, ou ben de orixe xermánica ihwa-, co mesmo significado.
L
[editar | editar a fonte]- Ladislau. Eslavo. Que domina, que impera con gloria.
- Laertes. Grego. Levantador de pedra.
- Lamberto. Xermano. Patria famosa, ou famoso na súa patria.
- Lancelote. Xermánico. Adaptación galega do francés Lancelot, da forma xermánica lanzo, derivado da raíz landa, ‘país’. Variante: Lanzarote.
- Landelino. Xermano. Propio do seu país.
- Laureano. Latín. Coroado de loureiro.
- Lauro. Latín. Triunfador.
- Lázaro. Hebreo. Deus axuda, Deus veu na nosa axuda.
- Leandro. Grego. Home do pobo, home forte como un león.
- Ledo. Latín. Alegre.
- León. Latín. León, home valente.
- Leonardo. Xermano. León forte, que ten a forza dun león.
- Leoncio. Latín. León, que ten a forza do león.
- Leonides. Grego. Valente como o león.
- Leopoldo. Xermano. Valoroso entre o pobo, pobo valente.
- Leovixildo. Xermano. Guerreiro armado.
- Lesmes. Xermano. Protector, helmo nobre.
- Leucipo. Galaico. Cabalo branco.
- Leuco. Grego. Puro.
- Leuter. Grego. Liberador.
- Levi. Hebreo. Vencello.
- Libián. Latín. O que ofrece en sacrificios.
- Liborio. Latín. Consagrado aos deuses.
- Licinio. Latín. Feito de luz.
- Lino. Grego. Fillo de Apolo / Latín. Unxido.
- Livio. Latín. Unxido.
- Llounguís. Xermano. Famoso na guerra, ou sabio no combate. Variante de Luís.
- Locaio. Grego. Orixinario da illa grega de Leucas.
- Lois. Xermano. Famoso na guerra, ou sabio no combate. Latinización do nome xermánico Hlodwig, ou Hlodowig que significaba ‘glorioso na batalla’. Variante: non está claro se Lois e Luís son o mesmo nome, mais o uso conságraos como sinónimos.
- Lopo. Latín. Lobo. Do alcume latino Lupus, ‘lobo’. Augura a quen leva tal nome as calidades positivas deste animal. Variante: Lupo.
- Lourenzo. Latín. Loureiro. Do xentilicio latino Laurentius, ‘da cidade de Laurentum’
- Lucas. Latín. Luminoso.
- Luciano. Latín. Luminoso.
- Lucio. Latín. Luminoso, luz.
- Lucrecio. Latín. Que dá beneficio e ganancia.
- Luís. Xermano. Glorioso no combate. Latinización do nome xermánico Hlodwig, ou Hlodowig que significaba ‘glorioso na batalla’. Variante: non está claro se Lois e Luís son o mesmo nome, mais o uso conságraos como sinónimos.
M
[editar | editar a fonte]- Macario. Grego. Bo, feliz.
- Macías. Hebraico. Deus proverá, home de Deus. Variante: Matías.
- Maeloc. Bretón-Galaico. Bispo bretón-galaico do século V. Nome celta que talvez significase ‘grande’. Variante: Mailoc.
- Malaquías. Hebraico. Anxo, mensaxeiro.
- Mamede. Grego-Galaico. De etimoloxía escura, talvez relacionada coa palabra grega mammé, ‘nai’. Por etimoloxía popular asociouse ao vocábulo latino mamma (‘mama, teta’), de aí que Santo Amede se convertese en avogado das amas de cría. Variante: Amedio, Mamedio, Amede.
- Manases. Hebraico. O que esquece o mal.
- Manfredo. Xermano. Amigo dos homes, amigo de Deus.
- Manilán. Latín ou xermánico. De orixe descoñecida, quizais do latín Manilius, nome relacionado con manes (‘ánimas’, ‘almas dos mortos’), ou do xermánico Manila, diminutivo do gótico Manna (‘home’). Variante: Mánila.
- Manoel. Do hebraico Immanu’el (‘Deus connosco’, ‘Deus está connosco’), que pasou ao latín como Emmanuel. Variante: Manuel.
- Manso. Latín. Entregado, confiado.
- Manuel. Do hebraico Immanu’el (‘Deus connosco’, ‘Deus está connosco’), que pasou ao latín como Emmanuel. Variante: Manoel.
- Marcelino. Latín. Dedicado ao deus Marte, martelo.
- Marcelo. Latín. Dedicado ao deus Marte, martelo.
- Marcial. Latín. Marcial, guerreiro; nacido baixo o signo de Marte; martelo.
- Marciano. Latín. Dedicado ao deus Marte; martelo.
- Marco. Latín. Dedicado ao deus Marte; martelo. Variante: Marcos.
- Mariano. Hebraico. Dedicado a María.
- Mariño. Latín. Referente ao mar.
- Mario. Hebraico. Dedicado ao servizo de María, señora.
- Marlon. Celta. Pequeno falcón.
- Maro. Hebraico. Amargue.
- Martiño. Latín. Dedicado á veneración do deus Marte; home belicoso, guerreiro. Variante: Martín.
- Marvin. Celta. Xefe.
- Mateo. Hebraico. Don de Deus, home de Deus. Variante: Mateu, Mateus.
- Mateu. Do hebraico Matithyah, ‘don de Iavé’, que tamén lle dá orixe ao nome Matías. Variantes: Mateo, Mateus.
- Mateus. Hebreo. Don de Deus, home de Deus. Variante: Mateu.
- Matías. Hebraico. Deus proverá, home de Deus. Variante: Macías.
- Maturo. Galaico. Nome céltico-galaico lucense masculino (aparecido en inscricións).
- Mauricio. Latín. Nacido na Mauritania; mouro, escuro.
- Mauro. Celta, inmortal. Ou latín, nacido na Mauritania; mouro, escuro.
- Maximiliano. Latín. O máis grande, o maior.
- Maximino. Latín. O máis grande. Variante: Máximo.
- Máximo. Latín. O máis grande. Variante: Maximino..
- Maxín. Latín. Pode proceder do nome latino Maginus, e daquela ter o significado de ‘meigo, feiticieiro’, ou ben ser unha deformación de Maximus, que en orixe significaba ‘o fillo máis vello.
- Medardo. Xermano. Forte no poder.
- Melchor. Hebraico. Rei da luz.
- Melitón. Latín. Propio do mel, doce como o mel.
- Melquiades. Hebraico. Deus é o meu rei.
- Menandro. Grego. Home firme.
- Menardo. Xermano. Home glorioso.
- Mendo. Xermano. Valoroso e potente.
- Mercurio. Latín. Mercador, deus do comercio.
- Merlín. Bretón. Forte do mar.
- Metodio. Grego. Estudoso, que segue un camiño.
- Miguel. Do hebraico: Mikha’el, Quen como Deus...? ou Deus é xusto.
- Milcíades. Grego. O de cabelo roxo.
- Millán. Latín. Pertencente á familia latina Emilia; imitador. Variante: Millao.
- Millao. Latín. Pertencente á familia latina Emilia; imitador. Variante: Millán.
- Miro. Xermano. O máis famoso. Do gótico Mereis, ‘o que é máis grande, famoso, poderoso’. Variante: Mirón.
- Modesto. Latín. Moderado, con mesura.
- Moisés. Hebraico. Salvado das augas.
- Morgan. Celta. Persoa do mar.
- Muriel. Gaélico. Brillante como o mar.
N
[editar | editar a fonte]- Nabor. Arameo. Amigo de Deus.
- Nadal. Do latín Natalis, tomado de dies natalis, ‘día do nacemento’, Nadal.
- Nadir. Árabe. Oposto.
- Napoleón. Latín. León.
- Narciso. Grego. Flor, preguiceiro.
- Natan. Hebreo. Don de Deus.
- Nazario. Hebreo. Orixinario de Nazaret, consagrado, coroado.
- Neftali. Hebreo. Loita.
- Nemesio. Latín. Devoto de Némese, deusa da xustiza.
- Néstor. Grego. O que volve sempre ben, o que retorna felizmente.
- Nereu. Do grego Neréus, derivado de narós, ‘que escorrega’. Variane: Nereo, Nerea (feminino).
- Nicanor. Grego. Vencedor de homes.
- Nicasio. Grego. Vencedor, vitorioso entre o pobo.
- Nícer. Galaico. Príncipe dunha tribo galaica.
- Niceto. Grego. Vencedor, vitorioso.
- Nicodemo. Grego. Vencedor entre o pobo.
- Nicolao. Grego. Vencedor do pobo, co pobo. Variantes: Nicolau, Nicolás, Colás.
- Nicomedes. Grego. O que vence co consello.
- Nivardo. Xermano. Valoroso e diferente.
- Noé. Do nome persoal hebreo Noah, que posiblemente significaba ‘apracible’, ‘manso’. Tamén podería significar ‘de longa vida’.
- Noel. Do latín Natale, ‘día de Nadal’ ou ‘día do nacemento’, a través do francés Noël (Nadal).
- Norberto. Xermano. Home famoso que veu do norte.
- Norman. Xermano. Home do norte.
- Nuno. De orixe incerta, se cadra do latín nonnus, ‘monxe’, ou, máis probablemente, voz da linguaxe infantil para designar o marido da ama de cría (e, de aí, o actual italiano nonno, ‘avó’). De aquí chegaría, co tempo, a ser unha forma respectuosa para designaren os frades novos aos vellos. Moi común na Galiza medieval, deu lugar ao apelido galego Nunes (castelanizado coma Núñez)
O
[editar | editar a fonte]- Obdulio. Árabe. Servo, escravo.
- Octaviano. Latín. Oitavo, pertencente ao número oito.
- Octavio. Latín. O que facía o número oito, oitavo.
- Odilo. Xermano. Posesión ou riqueza.
- Odón. Xermano. Posesión, riqueza.
- Odorico. Xermano. Señor das riquezas.
- Olavo. Xermano. Que provén, proveniente de nobre familia. Do noruegués antigo Anleifr, ‘legado dos antepasados’. Variante: Olaf.
- Olegario. Xermano. Pobo antigo.
- Olimpio. Grego. Relativo ao monte Olimpo, residencia dos deuses.
- Olindo. Xermano. Lanceiro da illa.
- Oliveiros. Noruegués. Legado dos devanceiros.
- Oliver. Do latín Olivarius, ‘oliveira’. É un nome simbólico, xa que a oliveira representa a paz. Variante: Oliveiros, Oliverio.
- Oliverio. Noruegués ou latino. Legado dos devanceiros, oliveira.
- Olivio. Latín. Oliva.
- Omar. Árabe. O que constrúe, construtor.
- Onésimo. Grego. Útil.
- Onofre. Exipcio. Podería ser o epíteto do deus Osiris resucitado, que significaría ‘o que é sempre feliz’.
- Ordoño. Xermano ou vasco. Porco bravo; espada do xigante. Do latín medieval Ordonius, de orixe escura, probablemente vasca, que podería estar relacionado con urde, ‘xabaril’. En Galicia foi un nome relativamente frecuente na Idade Media.
- Orencio. Latín. Oriental.
- Orente. No latín houbo un nome Orientius de significado ‘oriental’, ‘procedente do leste’. Unha variante moi próxima deste nome debeu de ser na Galia Oriens, Orientis. Do primeirio deriva Orencio e do segundo, Orente (e, quizais por confusión con ouro, Ourente). Variantes: Ourente, Orencio.
- Orestes. Grego. Montañés.
- Orlando. Xermano. O que ten fama de ousado.
- Orosio. Grego. Que é moi falador; que ten moita boca.
- Oscar. Xermano. Lanza de Deus. A forma galega leva o acento na última sílaba, como corresponde á etimoloxía, pero recentemente, por influxo do cine, estendeuse a forma con acento na sílaba inicial. Variante: Óscar.
- Osián. Celta. Cervo pequeno. Para algúns procede do gaélico oisin, ‘cerviño’. Tamén é posible que teña que ver coa exclamación hebrea Hoxianna! (latinizada Hosanna).
- Osorio. Vasco. Cazador de lobos.
- Osvaldo. Xermano. Potencia da divindade.
- Otón. Do xermánico Oto ou Otho, procedente de aud-, ‘posesión, riqueza’. Variante: Odón.
- Ouriol. Latín. Dourado.
- Outelo. Grego. Forte, liberador. Variante: Eutelo.
- Ovidio. Latín. Pastor de ovellas.
P
[editar | editar a fonte]- Paciano. Latín. Pacífico.
- Pacomio. Grego. De costas anchas e robustas.
- Paio. Do latín Pelagius e este do grego Pelagios, ‘mariño, home de mar’. Variante: Pai.
- Palmiro. Latín. Referido ao domingo de Palmas.
- Pancracio. Grego. Omnipotente, que posúe todo o poder.
- Pánfilo. Grego. Amigo de todos, que ama todo.
- Pantaleón. Grego. Forte como un león, en todo un león.
- Paris. Grego. Igual, equivalente.
- Pascasio. Latín. Pertencente á Pascua.
- Pascual. Hebreo. Pertencente á Pascua.
- Pastor. Latín. Pastor. Home que coida do rabaño.
- Patricio. Latín. De nobre berce, da patria.
- Patroclo. Grego. Gloria do pai.
- Paulino. Latín. Miúdo, pequeno.
- Pauliños. Do latín Paulinus, forma latina derivada de Paulo. Variante: Paulino.
- Paulo. Latín. Miúdo, pequeno.
- Paulos. Latín. Miúdo, pequeno.
- Pedro. Latín. Pedra firme como a rocha.
- Pelaxio. Grego. Pertencente ao mar, mariñeiro.
- Peregrino. Latín. Que vai polo campo.
- Perfecto. Latín. Perfecto.
- Perpetuo. Latín. Constante, eterno, perpetuo.
- Petronio. Latín. Duro como un coio, como unha pedra.
- Pexerto. Significado descoñecido
- Pío. Latín. Piadoso, devoto.
- Platón. Grego. Ancho de costas.
- Plinio. Latín. Que ten moitos dons.
- Plutarco. Grego. Gobernante rico.
- Policarpo. Grego. Que produce moitos froitos.
- Pompeio. Latín. Pomposo, fastoso.
- Ponciano. Latín. Pertencente ao mar.
- Poncio. Latín. Pertencente ao mar.
- Porfirio. Grego. Purpúreo, da cor da púrpura.
- Prácido. Latín. Tranquilo, apracíbel.
- Praxedes. Grego. Acontecemento.
- Priamo. Grego. Comprador.
- Primitivo. Latín. Primitivo, orixinario.
- Primo. Latín. Primeiro, o primeiro fillo.
- Priscilio. Latín. Venerábel, vello.
- Prisciliano. Latín. Moi venerábel.
- Prisco. Latín. Venerábel.
- Procopio. Grego. Que camiña cara a adiante.
- Próspero. Latín. Próspero.
- Prudencio. Latín. Previsor, que prevé.
- Tolomeo. Grego. Combate.
- Publio. Latín. Do pobo, pertencente ao pobo.
Q
[editar | editar a fonte]- Quintiliano. Latín. Pertencente ao quinto mes do ano.
- Quintín. Latín. Pertencente ao quinto, o quinto fillo.
- Quinto. Latín. Quinto, o quinto fillo.
- Quirico. Grego. Derivado de Ciro; sol, señor.
- Quitián. Do latín Caietanus, xentilicio que designa a un ‘habitante da Caieta (hoxe Gaeta, en Italia)’ e que se volveu cognome latino, ‘da familia de Caio’. Variantes: Quitán, Quiatán, Caitán, Caetán, Caetano.
R
[editar | editar a fonte]- Rafael. Hebreo. Deus nos garde.
- Raimunde. Xermano. Divina protección, conselleiro.
- Raimundo. Xermano. Conselleiro, protector.
- Rainerio. Xermano. Conselleiro do pobo.
- Ramiro. Xermano. Ilustre, famoso, de fama clara.
- Ramón. Do xermánico Raginmund, quizais a través do catalán Raimón. Significa ‘a protección do consello divino’. Conselleiro, protector; ilustre, famoso.
- Raúl. Xermano. Astuto consello de lobo vitorioso. De Raoul, forma francesa do xermánico Radulf, formado con rad (‘consello, conselleiro’) e (w)ulf (‘lobo’).
- Raziel. Hebreo. O meu segredo é Deus.
- Reimunde. Xermano. Conselleiro protector.
- Reinaldo. Xermano. Que goberna polo consello, que goberna potentemente.
- Remixio. Latín. Remedio, menciña.
- Renán. Celta. Foca.
- Renato. Latín. Nacido para unha nova vida.
- Restituto. Latín. Restituído á fe, á salvación.
- Reveriano. Latín. Que é respectuoso, reverente.
- Rexinaldo. Xermano. Caudillo que aconsella. Do xermánico Raginald, ‘o que goberna co consello dos deuses’ ou ‘o que goberna con poder (de deuses)’. Variante: Reinaldo.
- Ricardo. Xermano. Rico e poderoso.
- Roberto. Xermano. Ilustre pola súa fama; glorioso e famoso.
- Robustiano. Latín. Moi forte.
- Rodolfo. Xermano. Glorioso lobo, famoso lobo.
- Rodrigo. Xermano. Rico en gloria, príncipe glorioso.
- Roi. Xermano. Rico en gloria. Do godo Hrôthrîkes, latinizado en Rodericus. Segundo o lingüista Ramón Lorenzo, debe levar acentuación aguda: Roí. Variante: Rui.
- Roibén. Galego. Nome poético. Substantivo feminino que se refire ás cores diversas do atardecer ou do nacente.[1]
- Rolando. Xermano. Que ten fama de ousado.
- Roldán. Xermano. De terra gloriosa.
- Román. Latín. Natural de Roma.
- Romano. Latín. Natural de Roma.
- Romeu. Grego. Romano, habitante de Roma; peregrino.
- Romualdo. Xermano. Totalmente glorioso, que manda gloriosamente.
- Roque. Xermano. Aturuxo de guerra / Latín. Como unha rocha. De etimoloxía moi discutida, probablemente a forma medieval Rochus é latinización dunha raíz xermánica. Podería ter relación con hruc/hroks (‘corvo’), co baixo alemán rôke (‘coidado, atención’) ou co antigo nórdico hrókr (‘home grande e forte’).
- Rosendo. Xermano. Que vai camiño da fama.
- Roxelio. Xermano. Vitorioso e esperto, lanza gloriosa.
- Roxer. Xermano. Vitorioso e esperto, gloriosa lanza.
- Roxerio. Xermano. Vitorioso e esperto, lanza gloriosa.
- Rubén. Hebreo. Deus viu a miña aflición. Nome hebreo que se asocia tradicionalmente coa exclamación da bíblica Lía cando naceu o primeiro fillo que tivo con Xacob: Raá beonyí, ‘Deus viu a miña aflición’. Tamén pode ser unha derivación de Ri-bal, ‘león’ ou ‘lobo’.
- Rufino. Latín. Pertencente á familia Rufa, roxo, de pelo roxo.
- Rufo. Latín. Roxo, de pelo roxo.
- Rui. Xermano. Rico en gloria.
- Ruperto. Xermano. Glorioso.
S
[editar | editar a fonte]- Sabas. Latín. Nome romano de Arabia.
- Sabino. Latín. Orixinario do país dos Sabinos, Italia.
- Sadurniño. Latín. Dedicado ao deus Saturno.
- Saladino. Árabe. De fe moi pura.
- Salomón. Hebreo. Pacífico, feliz.
- Salustiano. Xermano. Que goza de boa saúde.
- Salvador. Latín. Salvador, que salva.
- Salvio. Latín. Salvado.
- Samuel. Hebreo. O que leva o nome de Deus; escoitado por Deus.
- Sansón. Hebreo. Sol pequeno; fillo do sol.
- Santiago. Latín + hebraico. Santo segundo. Variantes: Xácome, Xacobe, Tiago, Iago, Xaime, Diego.
- Santos. Latín. Santos.
- Sargón. Asirio. Lexítimo rei.
- Saturio. Latín. Que está na abundancia, sementador, pai.
- Saturno. Grego. Farto, saciado, saturado.
- Saúl. Hebreo. O desexado.
- Sebaschán. Do latín Sebastianus, derivado do grego sebastós, ‘digno de respecto, venerable’. Sebastós era, como Augustus, título que se lles daba ao emperador e aos membros da súa familia. Variantes: Sebastián, Bastián.
- Sebastián. Grego. Venerado, augusto. Variantes: Sebaschán, Bastián.
- Secundino. Latín. Segundo.
- Segundo. Latín. Segundo, o segundo fillo.
- Senén. Grego. Deus Xúpiter.
- Senín. Grego. Deus Xúpiter.
- Serafín. Hebreo. Purificador.
- Serapio. Grego. Sol, procedente de divindades exipcias.
- Servando. Latín. Ecuánime.
- Serxio. Latín. Gardián.
- Severiano. Latín. Persoa forte, severa, inflexíbel.
- Severino. Latín. Persoa forte, severa, inflexíbel.
- Severo. Latín. Severo.
- Sexismundo. Xermano. Que asegura a protección pola vitoria.
- Sidre. Grego. Don da divindade.
- Sigfrido. Xermano. Pacificador vitorioso.
- Silvano. Latín. Selvático, do bosque.
- Silverio. Latín. Selvático, silvestre.
- Silvestre. Latín. Selvático, silvestre.
- Silvino. Latín. Pertencente ao bosque, á selva.
- Silvio. Latín. Pertencente ao bosque, silvestre.
- Simeón. Hebreo. Deus escoitoume.
- Simón. Hebreo. Deus escoitoume.
- Simplicio. Latín. Simples, non complicado.
- Sinesio. Grego. Prudente.
- Sinforiano. Grego. Acompañante.
- Siro. Latín. Orixinario de Siria.
- Sixto. Latín. O sexto, o sexto fillo.
- Sócrates. Grego. San e forte.
- Sotero. Grego. Salvador.
- Sueiro. Algúns entendidos afirman que ten que ver con Osorio e, daquela, a súa orixe estaría no vasco otso, ‘lobo’, ou no latín ursus, ‘oso’. Outros relaciónano coas formas medievais Sugerius/Sudarius/Suarius do latín sus, ‘porco’.
- Sulpicio. Latín. Pertencente á familia romana Sulpicia; xofre.
- Suso. Hipocoristico de Xesús
T
[editar | editar a fonte]- Tadeu. Aramaico. Don, regalo de Deus.
- Tancredo. Xermano. Conselleiro pensativo.
- Tarsicio. Grego. Valente.
- Telémaco. Grego. Que combate lonxe.
- Telesforo. Grego. Decisivo, omnipotente; que leva a boa fin.
- Telmo. Xermano. Protección / Grego. Desexado.
- Teodomiro. Xermano. Pobo insigne.
- Teodoro. Grego. Regalo de Deus.
- Teodorico. Xermano. Príncipe do pobo.
- Teodosio. Grego. Regalo de Deus.
- Teófanes. Grego. Resplandor de Deus.
- Teófilo. Grego. Amigo de Deus.
- Teolindo. Xermano. Escudo do pobo.
- Terencio. Latín. Tenro.
- Teresiano. Grego. Cazador.
- Tiago. Hebraico. O segundo, o que ven detrás. Variantes: Xácome, Xacobe, Santiago, Iago, Xaime, Diego.
- Tiberio. Latín. Nacido á beira do río Tíber; lugar pantanoso.
- Tiburcio. Latín. Procedente dun barrio romano, Tívoli.
- Timoteu. Grego. Temeroso de Deus.
- Tirso. Grego. Caxato ritual. Variante: Tiso.
- Tiso. Do latín Thyrsus, procedente do grego Thirsos. Este era o emblema de Dionisio, que consistía nunha vara adornada con follas de parra coa figura do deus como un cetro e que se usaba nas bacanais cun carácter máxico-relixioso. Variante: Tirso.
- Tito. Latín. Protexido, honrado.
- Tobaldo. Xermano. Pobo audaz, ousado.
- Tobías. Hebreo. Deus é bo.
- Tolomeo. Grego. Guerreiro.
- Tomé. Aramaico. Xemelgo. Do latín eclesiástico Thomas, -ae, que reproduce o grego neotestamentario Thomâs e este, pola súa vez, transliteración do aramaico tô’am.m, ‘xemelgos’, e do árabe tau’am, tu’âm, ‘xemelgo’. A terminación en –é da forma tradicional galega posiblemente vén dun antigo xenitivo.
- Torcuato. Latín. Retorto.
- Toribio. Grego. Ruidoso, movido.
- Torsino. Galaico. Nome céltico-galaico lucense masculino (aparecido en inscricións).
- Trifón. Grego. Delicado, que vive moi ben.
- Tristán. Galés-céltico. Ruído, tristeiro.
- Trocado. Do latín Torquatus, ‘adornado cun torque’. Variantes: Tocrado, Torcato, Torcado, Torgado.
U
[editar | editar a fonte]- Ubaldo. Xermano. Intelixente e valoroso.
- Ulises. Latín. Que está irritado, que está irado.
- Ulpiano. Latín. Procedente de Ulpio, raposo.
- Ulrico. Xermano. Señor de posesións herdadas.
- Urbán. Latín. Habitante da cidade, cortés, educado. Do latín Urbanus, ‘cidadán, pertencente á cidade (particularmente a Roma)’ e despois ‘educado, puído’.
- Uxío. Do grego: Eughenios. Ben nacido, nobre, de boa
caste’. Variantes: Euxenio, Euxeo.
- Uziel. Hebreo. Deus é forte.
V
[editar | editar a fonte]- Valdo. Do Xermano Wald, palabra de múltiples significados: ‘bosque’, ‘exército’, ‘pobo’ e, especialmente, ‘gobernante’.
- Valente. Latín. Do latín Valentem, ‘forte, san’.
- Valentín. Latín. Valoroso, que vale. Variante: Valentiño.
- Valentiño. Do latín Valentinus, derivado de valens, ‘que ten forza, saúde’. Variante: Valentín.
- Valeriano. Latín. Que ten forza, san, que prevalece.
- Valerio. Latín. Forte, que prevalece.
- Valterio. Xermano. O que manda o pobo na guerra.
- Vasco. De orixe escura, talvez ibérica, ou relacionada co vasco bela, ‘corvo’. Tamén se ten interpretado como procedente do éuscaro Belasko (‘do prado na ladeira baixa dun monte’).
- Vecio. Galaico. Nome céltico-galaico lucense masculino (aparecido en inscricións).
- Venancio. Latín. Que pode ser vendido; cazador.
- Venceslau. Do antigo checo veçeslav, ‘moi glorioso’, a través do latín eclesiástico Venceslaus.
- Venerando. Latín. Digno de ser venerado.
- Ventín. Latín. Valoroso, que vale.
- Ventura. Latín. Felicidade.
- Verísimo. Latín. Moi verdadeiro.
- Vermudo. Xermano. Príncipe, señor.
- Veroblo. Galaico. Nome céltico-galaico lucense masculino (aparecido en inscricións).
- Vicente. Latín. Vencedor, que vence. Variante: Vicenzo.
- Vicenzo. Significa ‘o vencedor, o vitorioso’. Procede do latín vencentem, participio presente do verbo uinco, ‘vencer’. Variantes: Vicencio, Vicente.
- Vidal. Latín. San, vital, con ansia de vivir.
- Vigo. Xermánico. Combate.
- Vinicius. Latín. Amante do viño.
- Vintil. Do xermánico wini, ‘amigo’, en latinización diminutiva Wintilus. Variantes: Vintile, Vintila.
- Viriato. Galaico. Nome céltico-galaico bracarense masculino (aparecido en inscricións).
- Virxilio. Latín. Vara, rama.
- Virxinio. Latín. Virxinal.
- Vitiza. Xermano. Sabio.
- Vito. Latín. Vital.
- Vítor. Latín. Vencedor.
- Vitoriano. Latín. Vencedor.
- Vivencio. Latín. Vital, que vive.
- Vivián. Do latín Vivianus, derivado do xentilicio Vibius, correspondente ao etruscoVipi. Por etimoloxía popular, foi relacionado co verbo vivere, ‘vivir’, e interpretado como nome augural cristián. Variante: Bibián.
- Vladimiro. Eslavo. Señor do mundo; célebre polas súas propiedades.
X
[editar | editar a fonte]- Xabier. Vasco. Casa nova.
- Xacinto. Grego. Flor.
- Xacobe. Hebraico. O segundo, o que ven detrás. Variantes: Xácome, Tiago, Santiago, Iago, Xaime, Diego.
- Xácome. Hebreo. O segundo, o que ven detrás. Variantes: Xacobe, Santiago, Iago, Tiago, Xaime, Diego.
- Xaime. Hebreo. O segundo, o que ven detrás. Variantes: Xácome, Xacobe, Santiago, Iago, Tiago, Diego.
- Xairo. Hebreo. Deus queira lucir.
- Xalo, Galaico. Topónimo do monte Xalo.
- Xandre. Nome creado sobre o feminino Xandra (Alexandra). Variante: Alexandre.
- Xaneiro. Latín. Nome que se lles aplicaba aos nenos nacidos no mes de xaneiro. Procede do italiano Gennaro e este, pola súa vez, do latín Ianuarius, ‘xaneiro’. Variante: Xenaro.
- Xaquín. Do hebreo Yohaquim, ‘Deus endereita, pon no bo camiño’. Variante: Xoaquín.
- Xan. Hebraico. Hipocorístico de Xoán.
- Xasón. Grego. Portador de saúde.
- Xavier. Vasco. Casa nova. Variante: Xabier
- Xedeón. Hebreo. Manco, que lle falta unha man.
- Xelasio. Grego. Risoño.
- Xelo. Grego. Hipocorístico de Anxelo.
- Xelmiro. Xermano. Arqueiro sublime.
- Xenaro. Latín. Porteiro. Nome que se lles aplicaba aos nenos nacidos no mes de xaneiro. Procede do italiano Gennaro e este, pola súa vez, do latín Ianuarius, ‘xaneiro’. Variante: Xaneiro.
- Xeneroso. Latín. Nobre, de boa familia.
- Xenxo. Do latín Genesius, nome da época cristiá, procedente pola súa vez do grego Genesios. Orixinariamente, era un adxectivo que significaba ‘natalicio’, pero só se aplicaba ás divindades. Variantes: Xes, Xens.
- Xepe. Hipocorístico galego de Xosé.
- Xeraldo. Xermano. Forte coa lanza, valente gardián.
- Xerardo. Xermano. Forte coa lanza, valente gardián.
- Xeremías. Hebreo. Deus defende, ergue.
- Xermán. Xermano. Irmán, home do exército.
- Xerome. Grego. Nome santo. Do latín Hieronymus, que procede do grego Hyerónymos, ‘nome sagrado’. Variante: Xeromo.
- Xeromo. Grego. Nome santo. Variante: Xerome.
- Xerson. Hebreo. Peregrino.
- Xervasio. Xermano. Agudo como un *venablo.
- Xes. Grego. Orixe, nacemento. Variante: Xens, Xenxo.
- Xesús. Do hebreo Yeshua, a través do grego Iesoûs e do latín Iesus. Significa ‘Deus salva, Deus é salvación’.
- Xián. Latín. Xentilicio da familia Iulia, dedicado a Xúpiter. Procede nuns casos do latín Iulianus, pero neste nome conflúe tamén un nome xermánico, frecuente no galego medieval, nas formas Egila e Egilanus, e que significaba ‘puñal’. Variantes: Xiao, Xillao, Xullán, Xulián, Xuiao.
- Xiao. Latín. Xentilicio da familia Iulia, dedicado a Xúpiter. Procede nuns casos do latín Iulianus, pero neste nome conflúe tamén un nome xermánico, frecuente no galego medieval, nas formas Egila e Egilanus, e que significaba ‘puñal’. Variantes: Xián, Xillao, Xullán, Xulián, Xuiao.
- Xil. Grego. Protector. A través do francés Gilles, que procede do latín tardío Aegidius, e seguramente de orixe grega, aínda que non moi clara: podería ter que ver con aigidion (‘cabuxo’), aigis (‘tempestade’) ou aigidos (‘escudo’). Outra hipótese faino proceder de Aigidion co significado de ‘fillo do Exeo’. Variante: Exidio.
- Xilberte. Xermano. Arqueiro famoso.
- Xilberto. Xermano. Arqueiro famoso.
- Xildás. Bretón - celta. Protector, valente.
- Ximeno. Hebreo. Deus escoitoume.
- Xinés. Grego. Orixe, nacemento.
- Xoán. Hebreo. Deus é propicio ou misericordioso.
- Xoaquín. Do hebreo Yohaquim, ‘Deus endereita, pon no bo camiño’. Variante: Xaquín.
- Xob. Do hebreo Iyyobh (‘o perseguido, o aflixido’), que pasou ao grego como Io’b
e ao latín como Iob.
- Xocas. Hebreo. Deus construirá.
- Xoel. Hebreo. Iahvé é Deus.
- Xofre. Xermano. Pacificador.
- Xonás. Hebreo.
- Xorxe. Grego. Que traballa a terra, labrego. Variante: Xurxo.
- Xordán. Hebreo. Río, os dous ríos.
- Xosafat. Hebreo. Xulgar, facer xustiza.
- Xosé. Hebreo. Regalo de Deus, sentado á dereita de Deus.
- Xosué. Hebreo. Deus salva e axuda.
- Xudas. Hebreo. O xudeu, o hebreo.
- Xulián. Latín. Xentilicio da familia Iulia, dedicado ao deus Xúpiter.
- Xulio. Latín. Xentilicio da familia Iulia, dedicado ao deus Xúpiter.
- Xurxo. Grego. Que traballa a terra, labrego.
- Xustiniano. Latín. Moi xusto, moi recto.
- Xusto. Latín. Recto, xusto.
- Xuvenal. Latín. Xuvenil, mozo.
- Xuventino. Latín. O que posúe xuventude ou mocidade.
Z
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para roibén.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Costas González, X.-H. (1991). Xunta de Galicia: Comisión Coordinadora para a Normalización Lingüística, ed. 1.000 Nomes Galegos.
- Feixó Cid, X. (outubro de 2003). Dicionario Galego dos Nomes (en galego). Vigo: Edicións Xerais. ISBN 84-9782-052-5. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2012. Consultado o 05 de novembro de 2012.
- Ferro Ruibal, (dir.); Boullón Agrelo, Ferro Ruibal, Xosé M. García Álvarez, Lema Suárez, Tato Plaza (1992). Diccionario dos nomes galegos (en galego). Vigo: Ir Indo. ISBN 84-7680-096-7. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2015. Consultado o 23 de febreiro de 2018.
- Seixas Subirá, X. (1977). SEPT, ed. 400 nomes galegos pra homes e mulleres.