Paio (nome)
Paio[1][2] é un nome propio masculino galego. Paio foi un nome común en Galiza como o demostra a abundante toponimia asociada ao nome (Paio, O Paio), especialmente a San Paio (ou Sampaio), mártir galego nado en Crecente no século X. En total existen no país, corenta parroquias baixo a advocación do santo (Véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Paio). Ademais existen moitos lugares co nome do Santo, e diversas igrexas e conventos, onde salienta o Convento de San Paio de Antealtares en Santiago de Compostela.
En xaneiro de 2023 existían 11 varóns en Galicia co nome Paio, cunha media de idade de 20,3 anos.[3]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Chega ao galego proveniente do latín: Pelagius, e á súa vez do grego: Πελάγιος. O seu significado é "Aquel que ten vontade de escoller".[4] O nome Paio é froito da síncope do nome latino. O nome Paio deu orixe aos apelidos galegos: Páez, Pais e Paz.[2] Nos documentos galegos medievais aparecen as variantes arcaicas: Pai, Payo, Pae, Paay ou Pay.
Onomástica
[editar | editar a fonte]- 26 de xuño, San Paio, mártir galego.
Variantes noutras linguas
[editar | editar a fonte]Personaxes
[editar | editar a fonte]Galegos
[editar | editar a fonte]- Paio, ermitán galego descubridor do sepulcro do Apóstolo Santiago (século IX);
- San Paio, mártir cristián galego (911 -925).
- Paio Soares de Taveirós, trobador do século XIII.
- Paio Gómez Chariño, poeta e nobre galego do século XIII.
- Paio Gómez de Soutomaior, nobre galego que viviu nos séculos XIV e XV.
Outros
[editar | editar a fonte]- Pelaxio, monxe britano a quen se atribúe a doutrina do pelaxianismo (c. 360-435);
- Paio I, papa da Igrexa Católica entre o 556 e o 561 (c. 500-561);
- Paio II; papa da Igrexa Católica entre o 579 e o 590 (f. 590);
- Paio de Asturias, caudillo lendario de Asturias (c. 718 - 737).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Nome Paio na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ Significado do nome Paio
- ↑ Nome en portugués no Portal da Lingua Portuguesa